18 de decembro de 2015

Obra de 5º e 6º: "A nena que se portou mal no Nadal"



Esta é a obra para Infantil e primeiro ciclo de Primaria. Foi realizada e interpretada por alumnado de quinto e sexto de primaria.



















A nena que se portou mal o Día de Nadal

NENA: Isa
IRMÁ da nena: Ángeles
NAI: Andrea
ELFO: Lucía
PAPANOEL: Nayara
TRASNO AXUDANTE: Paula


Guión
Escena 1

NENA (tira os lentes)
IRMÁ: Mamá, Inma rompeu os lentes
NAI: Pero por que o fixeches
NENA: Non sei
NAI: Castigada e non vas ter regalos de PapaNoel por portarte mal.

Escena 2
ELFO: Que fas aquí, no medio do monte
NENA: Escapei pola porta de atrás da casa
ELFO: Iso non está ben. E por que o fixeches.
NENA: Castigáronme por portarme mal.
ELFO: Pois eu vou ao Polo Norte. Queres vir comigo?
NENA: Vale.
(voan ao Polo Norte)

Escena 3
TRASNO: Papa Nöel, unha nena quérete coñecer
P.NOEL: Teño moito traballo
TRASNO: Ven cun elfo que a atopou perdida e di que se portou mal
PAPANOEL: que pase
5NENA: Ola
PAPANOEL: Que fixeches
NENA: Rompín uns lentes e escapei da casa
PAPANOEL: Non te portaches ben, que é o que queres
NENA: Regalos, moitos regalos.
PAPANOEL: Para iso terás que portarte ben e compensar o mal que fixeches.
NENA: E que teño que facer
PAPANOEL: Axudarnos.
NENA: Vale.
PAPANOEL: Ide envolver os agasallos de nadal.

Escena 4
(Axúdalle ao elfo a envolver, van xunto a PAPANOEL)
TRASNO: Xa acabamos
PAPANOEL: Non está mal para ser a túa primeira vez. Agora decorade a árbore.
TRASNO: Vamos

Escena 5
IRMÁ: Mamá, Lidia non está na habitación
NAI: Como que non está? Desapareceu?
IRMÁ: Non sei
NAI: Vou chamar a policía
NAI (por teléfono): Si, mire, a miña filla non está na casa....Como, que teño que esperar 24 horas para denunciar a súa desaparición...Pero,... Vale...
NAI: Ata mañá non poden facer nada.

Escena 6
(Decoran a árbore pero a NENA tira unha póla, chega PAPANOEL)
PAPANOEL: Pero por que fixeches iso?
NENA: Non sei
PAPANOEL: Pois agora terasme que axudar coas cartas de nenos e nenas de todo o mundo
NENA: Vale

Escena 7
PAPANOEL: Aí tes as cartas. Vainas facendo
NENA: Xa acabei
PAPANOEL: Ben, pode valer.
NENA: Xa podo ter os meus regalos
PAPANOEL: Como agora te portaches ben xa os podes coller. Están na árbore.
NENA: Ben

Escena 8
(colle os regalos)
ELFO: Teño que volver para o bosque. Lévota á túa casa
PAPANOEL: Como te portaches ben tiveches a túa recompensa. E lémbrate que hai que portarse ben tamén na casa.
NENA: Vale
(Volven)

Escena 9
(Ding-dong)
IRMÁ: Mamá, é Lucía,
NAI: Ai, miña filla que susto me deches. Terei que castigarte máis.
ELFO: Xa a castigamos no Polo Norte. Traballou moito e aprendeu que hai que portarse ben
NAI: Ben, perdoareina logo pero ten que portarse ben sempre, non só no Nadal
ELFO: Por suposto, porque PapaNoel vixía todo o ano
NAI: Grazas por coidala e traela
ELFO: De nada, pero iso estamos os seres máxicos. Ata logo e Bo Nadal
NAI e FILLAS: BO NADAL.


Obra de quinto: "O día de Nadal"


OBRA DE TEATRO: O día de Nadal
Representada o venres 18 de decembro de 2015


ACTRICES/personaxes:
MARIÑA ABOY BARCIA : filla maior
LUCIA MENDEZ OUTON : filla pequena
UXIA CARREIRA LOPEZ . nai
LUCIA FREIRE CORTES : can (Tobi)
LORENA CARREIRA ARZUA : Mamanoela

Escena 1
FILLA PEQUENA: quen vai vir esta noite?
FILLA MAIOR : esta noite ven papanoel
NAI : non filliñas esta noite ven Mamanoela
FILLA PEQUENA : E quen é esa ?
NAI : É unha muller axudante de papanoel que trae regalos
FILLA MAIOR : Imos para a cama ?
NAI: Hai que cear
FILLA MAIOR: Eu xa ceei
NAI: pois hai que levar os dentes
FILLA MAIOR : pois vamos
(lavan os dentes)
FILLA MAIOR : Imos para a cama ?
NAI : Imos
(dormen e ven Mamanoela e ladra o can)
MAMANUELA: Cala can
(chora a filla pequena)
NAI: Tranquila filliña que estou eu aqui
NAI:Cala Tobi
(soa o despertador)
NAI: Bos dias
FILLAS: Bos dias
NAI: Que preferides abrir os regalos ou desayunar
FILLAS: Abrir os regalos
NAI: Pois veña
FILLA MAIOR: Que poucos regalos
NAI: Non filliñas tendes moitos regalos porque hai nenos no mundo que non teñen ningun regalo eu diria de donar un na asociacion na que traballo .Queredes donar un ?
FILLAS: Vale
NAI : Imos almorzar e despois doarémolos

FILLA MAIOR: Eu xa acabei . Marchamos?
NAI : Veña imos.Tobi ,queres vir?
CAN: Guau,Guau,
NAI : Veña subide no coche
(van no coche ,chegan a asociacion)
NAI: Metede na caixa os regalos que ides donar
(meten os regalos na caixa)
FILLA MAIOR: A onde van eses regalos ?
NAI: Van aos sitios onde non teñen regalos
NAI: Subide no coche que xa é tarde para comer
(soben no coche e marchan para a casa)
(chegan a casa e comen)
NAI:mentras eu lavo a louza, ide xogar cos novos xoguetes
(xogan e ao que a nai acaba de lavar vai xunto ás fillas)
NAI: Que tal o pasades?
FILLAS: Ben
NAI: Que é o que máis vos gustou de hoxe?
FILLA MENOR: A min gustoume levar os regalos á asociación
FILLA MAIOR: Pois a min gustoume pensar que compartindo un regalo noso outras nenos e nenas van poder xogar
NAI: Así me gusta, fillas, que comprendades que non necesitamos tantas cousas e que é mellor compartir.
(cantan e bailan villancicos do Nadal)

FIN

Obra "As vellas modernas" para o club no Nadal

Esta foi a obra representada para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria


AS VELLAS MODERNAS.

ACTRICES-PERSONAXES:
LORENA GARCIA JAMARDO-VELLA LOLA.
NEREA BRETAL ESTEVEZ-VELLA CORNELIA.
BLANCA ARIS ANDE-VELLA PEPA.
ALEJANDRA SANCHEZ DIZ-XUEZA.
ANTÍA GARCÍA LODEIRO-XOVE LUCÍA.
ALEXIA SANTOS PIÑEIRO-XOVE FÁTIMA.

OBRA:                                     AS VELLAS MODERNAS.          

ESCENA 1                 
LORENA- Mira Cornelia!.O papel que hai, para cantar no teatro de portas.
Que che parece se nos apuntamos?
NEREA- Pois, paréceme moi ben!.A min gustaríame facer algo que non sexan tarefas e tarefas.
LORENA- Entón imos apuntarnos.

ESCENA 2
(E despois ,ao chegar alí)
3-Xuíza,Lorena, Nerea.(AS TRES A VEZ).
Ola!!!
XUÍZA- Como te chamas?
NEREA- Cornelia Da Fonte Fontán.
XUÍZA- Nome?
LORENA- Lola Damallo Novegil (Veiga).
XUÍZA- Moitas grazas.

ESCENA 3
(E xa se van de alí,e ao camiñar ocorre isto):

NEREA- Perdoa non te vin.
LORENA- E sóame a túa cara.
BLANCA- E a vosa tamén.
NEREA- Ti non es a muller de Aurelio.
BLANCA- E logo de quen vou ser.
LORENA- Podémoslle preguntar se quere vir ao concurso con nós?
NEREA-É unha boa idea Lola,por unha idea que se che ocorre,.. Ben podemos intentalo.
LORENA- Pois, ímoslle preguntar.
NEREA- Mira Pepa, Lola tivo unha idea.
LORENA- Queriamos preguntarche se querías  vir ao concurso con nós?
BLANCA- Como non, imos apuntarnos.
NEREA- Pois vamos apuntarnos outra vez.

ESCENA 4
(E agora van outra vez para apuntarse)
4-LORENA,NEREA,BLANCA, XUÍZA.
JUEZA- Como te chamas?
NEREA- Non, nós non nos imos apuntar, vaise apuntar Pepa.
BLANCA- Eu chámome Pepa Ferrín Castiño.
JUEZA- Pois vémonos no cásting.
4-LORENA,NEREA,BLANCA, XUÍZA.(AS CATRO Á VEZ).- ATA LOGO.

ESCENA 5
(AGORA AO SAÍR DE APUNTAR A PEPA).
ANTÍA- E estas que fan aquí?
ALEXIA- Non son moi vellas!
BLANCA- E esas que fan aquí?
LORENA- Non son moi xoves!
ANTÍA- Apartade de aquí,que imos apuntarnos
ALEXIA- Iso, iso!
BLANCA- E logo, por que non podemos estar aquí?
ANTÍA- Porque sodes moi vellas!
ALEXIA- Deixa,deixa que aínda te vas meter nun lío!
ANTÍA- Pois imos logo.

ESCENA 6
(E ELAS DÚAS VAN APUNTARSE)
3-ANTÍA,ALEXIA,XUEZA.(AS TRES A VEZ)-HOLA!
XUEZA- Como te chamas?
ANTÍA- Lucía Peixoto Frieiro
XUEZA-E ti?
ALEXIA- Eu Fátima Castrelo Laxe.
XUEZA- Moitas grazas, vémonos no cásting.
2-Antía,Alexia.(As dúas a vez.)
Atalogo

ESCENA 7
ALEXIA- E estas, seguen aquí?
NEREA- E ti que tes contra nós!
ANTÍA- Pois que sodes moi vellas e non vos van coller.
BLANCA- Que estás insinuando?
ANTÍA- Que tendes demasiadas enrugas!
LORENA- Pois para o próximo día imos vir máis guapas ca vós!
ANTÍA- Iso xa o veremos!

ESCENA 8
NEREA- Lola, vaia idea que se che ocorreu!
BLANCA- Iso, e como imos facelo?
LORENA- Pois imos a unha tenda e a miña filla ten maquillaxe!
2-Nerea,Blanca.(As dúas a vez).
Pois vamos!

ESCENA 9
ANTÍA- Seguro que esas vellas non van vir máis guapas ca nós!
ALEXIA- Ben, que nós non somos máis guapas ca miña ídolo Isabel Preysler.
ANTÍA- Ti non seras guapa pero eu sí!
ALEXIA- Ben, tampouco e que sexas moi guapa!
ANTÍA- Vaia, iso pensaralo ti pero eu non pensó así.
ALEXIA- Para gustos cores.
ANTÍA- Non me veñas cos refráns de vellos que xa estou deles ata a punta do nariz.
ALEXIA- Pois imos ensaiar, que logo non temos tempo.
ANTÍA- Pois imos logo.

ESCENA 10.
(E AGORA VAN AO CASTING.)
XUÍZA- Empeza o casting. As primeiras concursantes son: Fátima e Lucía.
2-ANTÍA,ALEXIA- Boas.
XUIZA- Boas, quédavos o escenario para vós.
2-ANTÍA,ALEXIA- Cántico
XUÍZA- As seguintes participantes xa poden pasar.
3-BLANCA,NEREA,LORENA- Cántico
XUÍZA- Ben, temos que escoller o gañador e para iso necesitamos aos nosos profesores.

(Agora falan os profes)

Actividades do club para o Nadal

Este mes o club de Primaria estivo moi activo. No mes de novembro estivemos a deliberar sobre as lecturas e actividades de cara ao Nadal e despois de valorar entre poesía, narrativa e teatro decantámonos por unanimidade por esta última actividade.

Partindo do público ao que se quería dirixir cada integrante do club organizámonos finalmente en 3 grupos para realizar cadansúa obra para a festa do nadal:

Para Infantil e 1º Ciclo de Primaria
Grupo de 5º
Grupo de 6º

Para 2º e 3º ciclo de Primaria
Grupo de 6º

As actuacións seguiron esta orde:

Para 3º e 4º ás 10.00 horas
Para 5º e 6º ás 10.15 horas
Para Infantil ás 10.30 horas
Para 1º e 2º ás 10.45 horas

As obras partiron da iniciativa das propias integrantes dos grupos e procuramos transmitir algúns valores como compartir, consumo responsable e mellora de relacións entre as persoas


30 de novembro de 2015

Neira Vilas para o Club de Lectura

Moitos e moitas que eramos uns cativos aló a finais dos 70 ou principios dos 80 do século pasado achegámonos á narrativa en galego con esta frase:

"Eu son...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña."

E o libro seguía, e nós detrás del, porque se naceras na aldea querías saber o que lle pasaba a aquel neno da posguerra que na década de 1940 traballaba, xogaba, ría, choraba e descubría o mundo.

Mais antes que nós xa se achegaran outras e outros e despois viñeron máis. E entre todas e todos convertemos esta obra no primeiro gran "best seller" da literatura galega, unha das obras máis lidas e editadas da nosa historia literaria.

Non nos podemos esquecer deste rapaz sinxelo inventado por un home "sinxelo" de Gres, Vila de Cruces. Mais desta imaxinación saíron máis personaxes e historias relacionadas con Galicia e a súa epopea da segunda metade do século XX: a emigración. Xosé Neira Vilas fixo máis pola cultura galega que moitas entidades que se dedican a promovela.

En lembranza deste escritor que acaba de falecer decidimos no club de lectura ler algunha obra súa para homenaxear o marabilloso mundo que nos deixou, para que non se perda:

En Secundaria: Memorias dun neno labrego

Adultos: Querido Tomás 



26 de novembro de 2015

AnálisE d'O ÚltimO TraballO DO SeñoR LunA

Este martes fixemos unha xuntanza para falar do libro de César Mallorquí gañador do premio Edebé O último traballo do señor Luna. 

A obra aborda diversos temas como os problemas de integración dos superdotados nun instituto, os desenganos amorosos na mocidade, a posibilidade de cambio de vida en persoas que viven en situación extrema, o tráfico de drogas, a diversidade cultural, etc.


3 de novembro de 2015

Libro do mes do club de ESO

Este mes eliximos como libro do club de lectura na ESO O último traballo do Señor Luna de César Mallorquí. A obra será analizada na reunión do martes 24 de novembro.

29 de outubro de 2015

Actividades do Samaín do Club de Lectura de ESO


Como vén sendo habitual no Samaín o club de lectura encárgase de protagonizar e preparar parte das actividades de medo no centro.

O club realizou as seguintes actividades:
-Lectura do conto Sticky notes traducido ao galego (Gorís, inglés e Raúl Diz, galego)
-Lectura e vivencia do relato Os sesos do morto (Gorís, inglés e Josiño, galego); interactuamos co público pasándolles os "restos mortais" (finxidos) dun finado (pasaron os restos: Carla, Fátima, Juanjo, Sergio, Iker, Celeste, Raúl e profes).

-Lectura dos contos de medo premiados en cada curso:

1º... Carla
2º... Fátima
3º... Juanjo
4º... Celeste

Actividades do Samaín do club de primaria

O club de Primaria realizamos algunhas actividades para o Samaín.

Unha consistiu en preparar unha lectura dramatizada para expoñer ao público de Educación Infantil e Primaria (3 quendas). O libro escollido foi Tanneke, princesa das bruxas, no que actuou de narradora Mariña, fixo de Tanneke Uxía, representaron as bruxas Lucía M. e Lorena, as profes Lucía e María e o príncipe foi Iago.

A segunda actividade consistiu en realizar as lecturas dos contos de medo premiados en cada curso.

As lecturas dos contos realizáronas os seguintes integrantes do club:

1º... Uxía
2º... Lucía M.
3º... Mariña
4º... Lorena
5º... Iago
6º...Lucía F.
 
Pódense ver as fotos dos grupos durante as actuacións na blog da biblioteca:
http://bibliocpidomingofontan.blogspot.com.es/
e
https://goo.gl/photos/esbqhVLHPDu2F6gN8




27 de outubro de 2015

Lecturas do mes no club de Primaria.

Este mes realizamos dúas lecturas de "medo" para prepararnos para o Samaín. As obras escollidas foron:


Xabi non pode durmir, que fala dun neno e dos seus medos á hora de durmir e como finalmente os consegue superar.






Tanneke, princesa das bruxas, vai dunha rapaza meiga que quixo deixar de ser meiga para poder ter un príncipe, pero non conseguía transformarse en princesa sen deixar de ser ela mesma polo que renunciou a todo para volver ser o que era, unha bruxa que vivía feliz.





Con estas lecturas estivemos a traballar para o Samaín

13 de outubro de 2015

Primeira lectura do club temático

Este curso decidimos transformar o club de adultos nun club temático. Cada mes será un integrante quen decida a obra que se le sobre unha determinada temática.

Comezamos cunha obra cómica sobre como somos os galegos e galegas: Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala.

As reunións serán o último xoves de cada mes. Como en outubro celebraremos o Samaín o xoves 29 deixaremos a reunión para o primeiro xoves de novembro.

Primeira lectura do club de ESO 15-16

Este mes de outubro decidimos poñer como lectura do club de ESO unha obra de medo coas miras postas no Samaín, que xa se achega. A obra é Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo, un clásico que nos arrepía de cando en cando...

Esta obra de catro contos lévanos da man do misterio e o desacougo en "O espello do viaxeiro" ata o medo psicolóxico en "O cumpremortes" ou o arrepío en "O Fornadas" ou "A loba".

cLUB dE LecturA aS pORTADAS 2015-2016

Comezou un novo curso e xa comezou a andar o club de lectura As Portadas do CPI Domingo Fontán de Portas. Contaremos coas seguintes seccións:

Club de 5º de Primaria: reunión os luns de 12.05 a 12.35
Club de 6º de Primaria: reunión os venres de 12.05 a 12.35
Club de ESO: reunión os martes de 14.20 a 15.05
Club temático (profesorado, alumnado e demais integrantes da comunidade educativa): reunión os xoves de 12.15 a 12.40).

Este ano o club de adultos transfórmase en algo máis aberto, escollendo un libro diferente cada mes sobre unha temática ou xénero determinado. Ademais, poderán asistir ás reunións, se queren, calquera integrante da comunidade que lese o libro.

18 de xuño de 2015

Lectura na Galiña Azul: Os tres porquiños

O club de ESO realizou unha visita á Galiña Azul e realizamos unha lectura dramatizada de Os tres porquiños na gardería pública de Portas. Lemos esta obra clásica cos seguintes papeis:
Celeste: narradora
Juanjo: porquiño novo
Natalia: porquiña do medio
Josiño: porquiño máis vello
Manuel Gorís: lobo

Logo intercambiamos impresións coas cativas, cativos e profesoras sobre a lectura do conto



Posteriormente o alumnado de 2-3 anos, coa axuda da profesora Rocío recontounos a historia a nós. Foi toda unha experiencia xa que aprendemos que unha historia pode ser contada de mil maneiras

Entrega de agasallos ao club de lectura no Festival fin de curso

No festival fin de curso o club de lectura As Portadas foi agasallado con senllos premios lectores: un pen con lecturas en galego baixo a licencia creative commons e un libro en galego da elección de cada integrante do club.

No pen, descargados desde a excelente páxina da Asociación de Tradutores Galegos e en colaboración co EDLG do noso centro, incluímos obras de Jules Verne, R. Kipling ou Jack London (pódense distribuír libremente para uso particular ou docente):
http://www.tradutoresgalegos.com/bivir.html


5 de xuño de 2015

VIII Xornadas dos Clubs de Lectura

Este venres 5 de xuño desenvolvéronse as VIII Xornadas de Clubs de Lectura organizada pola Asesoría de Bibliotecas, acto pensado para as persoas coordinadoras dos clubs.
A sesión comezou coa benvida e a entrega do I premio dos Clubs de Lectura, outorgado ao autor máis lido ou lida no curso anterior, correspondéndolle nesta primeira edición ao grande autor Agustín Fernández Paz, que non puido estar presente fisicamente por razóns de saúde pero si o fixo virtualmente cun vídeo duns 10 minutos e co que estimulou o traballo das e dos integrantes e mediadores dos clubs. A mañá continuou coas experiencias de tres centros que falaron dos clubs na construción da sociedade lectora. Despois falou o xornalista e editor da revista dixital Biosbardia.

Pola tarde repartímonos por diversas salas para escoller un dos 5 relatorios simultáneos que se impartían. Nesta edición apuntámonos ao de Marta Díaz, exprofesora do CPI Domingo Fontán e que coordina o club no seu actual centro e falou da procura de lectores e lectoras. 
O relatorio final foi de Miguel Anxo Fernández sobre novela negra e cinema. 
Coma sempre remataron as xornadas cun agasallo sorpresa, nesta caso foi... García Mc, recitando-cantando versos de poetas como Celso Emilio Ferreiro, un extraordinario fin de festa.


28 de maio de 2015

Preparando a exposición de libros

Para esta fin de curso estamos a preparar unha exposición na entrada da biblioteca coas últimas obras mercadas.
O club de secundaria encargouse da elaboración das letras
O club de primaria encargouse da montaxe dos carteis

19 de maio de 2015

Tamén lemos poesía

Para esta fin de curso traemos dúas obras poéticas, de lectura clara, amena e intelixente:

Penúltimas tendencias
Poetízate

Elección de libros para o club de adultos

As obras seleccionadas para o club de adultos son case toda obras recentes. Estas son:
O faro escuro
Cabalos e lobos
Dende o conflito
Os televisores estrábigos
Os fillos do mar
Sete caveiras
A vitoria do perdedor
As voces baixas

Elección de libros para o club de Primaria

As obras do club de Primaria para a súa lectura neste tramo final de curso son as seguintes:
Mariña Aboy colleu Soños de mar
Lorena Carreira escolleu Volvo! O regreso de Usha
Uxía Carreira decantouse por O aroma do liquidámbar
Lucía Méndez colleu Volverás, golfiño


Exposición de libros do club de lectura

O club de lectura adquiriu no mes de maio unha manchea de libros da literatura galega actual. Estas 30 obras son maioritariamente de narrativa e están agrupadas por coleccións desde primaria ata adultos. As e os integrantes do club escollerán unha destas obras para a súa lectura neste treito final de curso.


eLECCIÓn dE liBRos pOLo cLUb dE sECUNDARIa

O club de ESO escolleu individualmente unha lectura particular para este fin de curso entre as novidades que chegaron ao centro.

Juanjo escolleu Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz.
Josiño decantouse por Nubes de evolución de Andrea Maceiras

15 de maio de 2015

Pequena representación nas Letras Galegas

Este venres 15 de maio realizouse un acto para celebrar as Letras Galegas 2015. Como é o ano de Filgueira Valverde, no club de lectura fixemos catro
pequenos sketchs da súa vida para inserir no guión que repasou a súa traxectoria vital.

Gorís foi Filgueira
Juanjo foi o presidente do tribunal da súa tese de doutoramento sobre a cantiga CIII das Cantigas de Santa María
Miguel foi Sánchez Cantón

Lectura do club de lectura para as Letras Galegas

O club de lectura realizou unha lectura colectiva na celebración das Letras Galegas 2015. No noso centro fíxose o acto este venres 15 de maio a partir das 10 horas.

Os integrantes participantes son as/os máis activa/os neste momento. O texto adaptado foi "O perito" da sección "artistas aldeáns" do libro Quintana viva. A distribución foi a seguinte:

11 de maio de 2015

Votación de contos do libro Quintana viva

No club de lectura de primaria estivemos a ler 3 contos da obra Quintana viva de Filgueira Valverde, a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas.

A puntuación que obtiveron os contos das 13 persoas que votaron foi a seguinte:

"O perito"..........................32 puntos

"A tendeira".......................27 puntos

"O zoqueiro de Pedre"......16 puntos

8 de maio de 2015

Club de lectura na festa da lingua comarcal

Este venres 8 de maio, o club de lectura de secundaria fixo de presentador da VI Festa da Lingua, organizada pola coordinadora comarcal de EDLG "Terras do Umia".

Gorís e Sara Cousido leron o guión para as e os asistentes dos centros de Barro, Caldas, Moraña e Portas.

29 de abril de 2015

Poemas para o Día da Nai

O club de lectura de primaria estivo a ler e buscar poemas para o Día da Nai (primeiro domingo de maio). Imprimimos algún para levar de agasallo-sorpresa para as nais das nosas lectoras.

28 de abril de 2015

Retransmisión das lecturas do Día do Libro

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro. As lecturas realizadas polo Club de lectura estiveron baseadas en historias de diferentes culturas do mundo. Posteriormente, retransmimos a gravación dos contos na pantalla do corredor xunto á biblioteca

24 de abril de 2015

Celebración do Día do libro

Onte, 23 de abril, celebrouse no CPI Domingo Fontán o Día do libro. O club de lectura "As Portadas" participamos nos actos centrais da xornada na biblioteca. En concreto, realizamos unha lectura de contos do mundo para infantil e primaria. As obras que lemos foron as seguintes:

"O lago Titicaca" (Bolivia, América do Sur), club de lectura de cuarto de primaria, coordinado por Xoán Constenla
Lectura ao primeiro ciclo ás 11.00, ao segundo ás 11.25 e ao terceiro ás 11.50















"Kitete, o fillo de Shindo" (África), club de lectura de quinto de primaria, coordinado por Xoán Constenla

Lectura ao primeiro ciclo ás 11.10, ao segundo ás 11.35 na biblioteca e ao terceiro ás 13.30 nunha aula de sexto




















"As bágoas de Potira" (Brasil, América do Sur), club de lectura de segundo de ESO, coordinado por Xoán Constenla

Lectura ás 11.55 na biblioteca

















"La llegada de Cuervo" (Canadá, América do Norte, cultura esquimó), club ocasional de terceiro de ESO coordinado por Susana Simó; lectura para 2º ciclo ás 11.20 e 3º ciclo ás 11.45 na biblioteca
"La bruja de las arenas" (África), club ocasional de terceiro de ESO coordinado por Susana Simó; lectura para infantil ás 10.35 e para primeiro ciclo ás 10.50 na biblioteca


25 de marzo de 2015

Publicación escrita de ditos e proverbios mundiais sobre a paz

A selección de ditos e proverbios de diferentes partes do mundo sobre paz, prevención de conflitos e non violencia que fixemos para  a súa lectura pública no Día escolar da paz levounos a facer unha montaxe unindo os ditos con imaxes relacionadas coas culturas das que proveñen eses proverbios. As obras colocaranse nas aulas dos últimos cursos de primaria, nas da ESO e na biblioteca.

Club de adultos: Herba moura

Unha obra de Teresa Moure foi o libro que finalmente adoptou o club de lectura de adultos para ler este mes. A obra, que comentamos parcialmente no WhattsApp, é Herba moura.
As razóns da elección estribaron en ser unha obra que fai unha achega a un país escandinavo, aos Países Baixos (Holanda) e chega finalmente a Galicia, todo isto tecendo unha historia que arrinca no século XVII e chega aos nosos días. Cultura, mundo, historia e literatura galega todo xunto son boas razóns para escoller esta obra para os maiores do noso club.

Reunións do club de lectura

No mes de abril volveremos ás reunións habituais no club de lectura.

En Primaria farémolas o luns no recreo de 12,15 a 12,35 (e pode que algún mércores nese mesmo horario)

Na ESO volveremos ás reunións semanais os martes de 14,20 a 15,05

Lecturas do club de Primaria para o Día do Libro

No club de de lectura de Primaria estivemos a facer lecturas na rede para buscar as máis axeitadas para o Día do libro. Así, estivemos buscando contos e lendas do mundo para escoller as máis que nos gusten para os actos de lectura pública que fagamos no centro en abril.

24 de marzo de 2015

A obra do mes de abril: O carteiro de Bagdad

No mes de abril imos colocar como obra de lectura a obra dun escritor recorrente ultimamente no noso club: Marcos Calveiro. O feito de que o autor viaxe a través do mundo para ambientar as súas historias fai que sexa moi adaptable para o proxecto da biblioteca deste ano: Culturas do mundo. Se con el fomos a África xa, agora iremos a Asia en O carteiro de Bagdad

Opinións sobre o libro deste mes

O libro deste mes era El brazalete mágico. A obra trata dunha rapaza que vive en Madrid e vai a Atenas de vacacións xunto ao pai. Un día, perdida pola cidade, entrou nunha tenda de antigüidades para mercarlle un agasallo a seu pai; co seu colgante abriu un cofre que contiña un brazalete co que o tendeiro a agasallou. Unha vez que o colocou no seu brazo, o brazalete non volveu a separarse e comezou a ter mareos e ver visións sobre unha rapaza chamada Elisa de tempos pasados. Na cidade coñeceu a un rapaza da rúa chamado Nico. Con el viviu grandes aventuras nas que se insire no templo de Atenea conseguindo así o tesouro mellor agachado da humanidade. (A espada de Alexandre O Magno). Así que unha vez no seu poder debería devolverlla á súa lexítima portadora, Elisa, a filla de Alexandre. Percorren os mundos de ultratumba clásicos ata chegar ao Elíseo, onde coñecen a Elisa, quen recibe a espada e se sente agradecida con Lara, a protagonista. Elisa libera a Lara do brazalete indicándolle que era ela a elixida para facer esa tarefa
A Gorís pareceulle un libro moi interesante, cargado de acción e cun final moi bonito e emotivo. Segundo Celeste, Natalia, Juan e Josiño o libro resulta interesante e entretido.

Rocío Rueda é a xove escritora palentina autora desta obra.

6 de marzo de 2015

Día da muller no club de Primaria

O vindeiro domingo 8 de marzo é o Día da Muller. Mais no club de primaria, onde somos maioritariamente mulleres, estivemos traballando no mes de febreiro sobre este tema. En concreto, fixemos unha investigación sobre mulleres escritoras, filósofas, artistas e pensadoras que loitaron polos dereitos da muller co seu pensamento e cos seus actos.


Cada unha de nós foi unha muller escritora e pensadora ao redor do mundo; para presentarnos mellor fixemos un cartel cunha foto, datos vitais básicos e unha frase célebre sobre o mundo da muller. Estas somos nós:



Rosalía de Castro
Concepción Arenal
Emilia Pardo Bazán
Carmen Karr
Clara Campoamor
Mary Wollstonecraft
Flora Tristán
Elizabeth Cady Stanton
Lucy Stone
Virginia Woolf
Susan B. Anthony
Simone de Beauvoir
Alice Walker
Judith Butler

3 de marzo de 2015

Libro do mes: El brazalete mágico

Para este mes de marzo acordamos ler El brazalete mágico, obra de Rocío Rueda. O vindeiro 24 de marzo comentaremos esta obra no club.

Reunións do club de Primaria

O club de Primaria reunirase habitualmente os luns no recreo da mañá (12.15-12.35). Este mércores día 4 de marzo tamén nos reuniremos para rematar as actividades para o Día da Muller

Reunións de marzo do club de ESO

Durante o mes de marzo veremeos reducido o número de reunións do club de lectura. Á parte da reunión de hoxe martes, día 3, volverémonos reunir o martes 24 para que quede máis tempo para a preparación de exames.

27 de febreiro de 2015

Palabras de auga

A obra seleccionada para este mes foi Palabras de auga, obra do vilagarcián Marcos Calveiro, asentado en Vigo. Esta novela fala das dificultades vitais que se atopa unha familia dunha tribo africana, asediada pola necesidade de conseguir auga e alimento para a subsistencia. A historia, contada baixo os ollos dun preadolescente, Amadou, que vive esta necesidade agravada pola desparición do seu irmán maior.

O mellor do libro é a ollada ao continente africano desde a persepectiva dun protagonista africano con problemas africanos. Isto, que parece evidente, non é así en moitas ocasións, xa que con frecuencia África é o escenario fermoso de historias de protagonistas occidentais brancos ou senón os africanos son protagonistas de historias en Europa, a onde chegan como inmigrantes, Esta obra fala dos problemas actuais da tribo kimba e máis en concreto dunha familia e dos seus problemas por subsistir.

3 de febreiro de 2015

Diversificación das lecturas: libros electrónicos para o club de ESO

No pasado mes de xaneiro repartimos entre o alumnado do club de lectura de ESO uns libros electrónicos para diversificar os soportes nos que realizar lecturas.

Gorís e Celeste están encantados cos ebooks xa que son comodísimos e podes ter varios libros nunha mesma unidade. Outra vantaxe é a lixeireza, xa que pesan pouco. Con todo, Celeste bota de menos o contacto e cheiro dos libros de papel

30 de xaneiro de 2015

Frases célebres de diferentes personalidades mundiais para o Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Publicamos a nosa selección de frases de persoas célebres ou famosas de diferentes profesións e de diferentes continentes para o Día da Paz:

-A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo
-Aprendín que a coraxe non é a ausencia de medo, senón o triunfo sobre el. O valente non é quen non sente medo, senón quen conquista ese medo.
-A xente aprende a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lle pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario.
-A maldade é algo que as circunstancias, o ámbito ou a educación inculcan ou ensinan aos homes; non é innata.
-O perdón libera a alma, elimina o medo. Por iso é unha ferramenta tan poderosa.
-Se queres facer as paces co teu inimigo, tes que traballar con el, daquela vólvese o teu compañeiro.
                       Nelson Mandela

-Ollo por ollo e o mundo acabará cego
-A violencia é o medo aos ideais dos demais
-A persoa que non está en paz consigo mesma estará en guerra co mundo enteiro
-Mantén as túas palabras positivas porque as túas palabras volveranse as túas actitudes
-Non hai que apagar a luz do outro para lograr que brille a nosa
-Recordade que ao longo da historia sempre houbo tiranos e asasinos, pero sempre remataron caendo, sempre
Mahatma Gandhi

-Se todo che dá igual, estás facendo mal as contas.
-Non sei con que armas se loitará na 3ª Guerra Mundial, pero si sei con cales se loitará na 4ª: con paus e pedras
-Non pretendamos que as cousas cambien se seguimos facendo o mesmo
-A vida é moi perigosa, non polas persoas que se dedican a facer mal, senón polas que se sentan a ver que pasa.
-É máis fácil destruír un átomo, que un prexuízo
Albert Einstein, físico

Gastamos diñeiro que non temos, en cousas que non necesitamos, para impresionar a xente á que non lle importamos.
                                Will Smith, actor

As guerras seguirán mentres a cor da pel siga sendo máis importante que a dos ollos
                                Bob Marley, músico e cantante

Cando o poder do amor supere ao amor ao poder, o mundo coñecerá a paz
                                Jimmy Hendrix, músico e cantante

Todas as guerras son guerras entre ladróns demasiado covardes para loitar, que inducen aos mozos de todo o mundo a facer a loita por eles.
                                Emma Goldman, escritora lituana

A nós, os maias, ensínannos desde pequenos que non hai que tomar máis do que precisas para vivir.
                                Rigoberta Menchu, embaixadora da UNESCO

Non poñas en perigo a túa vida, é todo o que tes
                                Janis Joplin, música e cantante

Temos aprendido a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero aínda non aprendemos a sinxela arte de vivir coma irmáns
                                Marthin Luther King

-Así que acordádevos de mirar cara ás estrelas e non cara aos pés. Intentade encontrarlle un sentido ao que vedes  e preguntádevos polo que fai que exista o universo. Sede curiosos. E por moi difícil que poida parecervos a vida sempre hai algo que podedes facer e no que se pode ter éxito. O importante é que non vos rindades.
                                Stephen Hawking, astrofísico

-A paz non é algo que desexas, é algo que creas, que fas, algo que es e algo que regalas.
                                John Lennon, músico e cantante

Ditos e proverbios de diferentes culturas do mundo para o Día da Paz

Esta é a selección de ditos e proverbios de 4 culturas diferentes do mundo relacionadas coa Paz e a Non Violencia nun sentido amplo, é dicir, que falan de encontrarse ben con un mesmo, coñecer e comprender aos demais, ser precavidos ante o perigo, ou non aprobar condutas violentas.

Foron ditos de 4 culturas diferentes, unha acolle a todo un continente e os outros tres pertencen a diferentes estados asiáticos de culturas milenarias.

 Proverbios africanos
-A reunión no rabaño obriga ao león a deitarse con fame
-Ata que os leóns teñan historiadores, as historias de caza sempre glorificarán ao cazador.
-As palabras malvadas feren máis que as frechas envelenadas
-Cando dous elefantes berran, a que se lamenta é a herba
-Máis vale que os dentes non berren coa lingua
-Non podes esconder o fume se prendiches lume
-Os tambores de guerra son tambores de fame
-Vale millóns de veces máis a vida dunha persoa que todas as posesións do home máis rico

Proverbios chineses
-Ámame cando menos o mereza, xa que é cando máis o necesito
-Afortunada é a persoa que vive en tempos tranquilos
-Antes de iniciar o labor de cambiar o mundo, dá tres voltas pola túa casa.
-O que fai o ben dos demais fai o seu propio ben
-O amor non se mendiga, merécese
-Procura unha luz na vez de estar maldicindo decote (continuamente) a escuridade
-Se tes paciencia nun momento de enfado, non terás cen días de tristeza despois
-Unha pequena chispa pode prender un lume que queime todo o monte
-Vence ao inimigo sen manchar a espada


Proverbios árabes
-A crueldade é a forza dos covardes
-A envexa sinala as virtudes do envexado e os defectos do envexoso
-A xenerosidade consiste en dar antes de que se nos pida
-É mellor acender unha luz que maldicir a escuridade
-Non despreces un rival por pequeno que sexa; o mosquito pode danar os ollos do león
-Para fortalecer o corazón non hai mellor exercicio que agacharse para levantar aos que están caídos.
-Se tés un amigo visítao con frecuencia, porque as malas herbas e as espiñas invaden o camiño por onde ninguén pasa
-Ten paciencia coa maquinación dos envexosos porque o lume cómese a si mesmo se non atopa a quen comer (واصبر على كيد الحسودي فانا صبرك قاتله فالنار تأكل بعضها ان لم تجد ماتاكله»)


Proverbios hindús
-A frecha do desprezo atravesa ata a cuncha de unha tartaruga
-Cando o último animal morra, cando o último vexetal se seque, quizais o home entenda que o diñeiro non se come.
-Isto é o cume de toda xustiza:  fai como queres que che fagan a ti e non lle fagas ao teu veciño o que non queres que che fagan a ti.
-O corazón en paz ve unha festa en todas as aldeas

-Se desexas ser feliz tes que desexar ver aos outros felices tamén

Lectura do club de Secundaria no Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Para celebrar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o club de ESO leu unha selección de frases célebres de persoas de diferentes partes do mundo e ditos mundiais de 4 culturas diferentes (3 estatais e 1 continental). A lectura produciuse durante a Xornada gastronómica de exhibición e degustación de produtos de diferentes partes do mundo como método para unha mellor intercomprensión dos pobos e das culturas.


O Club de ESO durante a lectura: Sara, Celeste, Natalia, Gorís e Miguel (saúdos para Juan que estivo enfermo)

Lectura do club de Primaria no Día da Paz

Este venres 30 de xaneiro de 2015 celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia no CPI Domingo Fontán. Dentro dos actos realizados cobrou unha importancia central a Xornada de Gastronomía Mundial que se organizou desde o Equipo da biblioteca dentro do proxecto deste ano, "Culturas do Mundo". Durante a visita do alumnado (a partir das 11.30) o club de lectura de Primaria fixemos unha lectura de "ditos e proverbios mundiais", unha selección de frases de 4 culturas diferentes, 3 estatais e 1 continental (chinesa, hindú, árabe e africana).















Este é o club de Primaria durante a lectura: Mariña, Uxía, Lucía Piñeiro, Ángeles, Lucía Méndez, María e Lorena

15 de xaneiro de 2015

Reunións do club de Primaria

Este mércores 14 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de Primaria para preparar as actividades do Día da Paz.

Acordouse tamén cambiar as datas de reunións. Volverán aos recreos do luns de 12,15 a 12,35.