21 de decembro de 2023

Conto (ceibe) de nadal polo Club de Primaria


 Este 21 de decembro despedímonos cunha actuación que xuntou a todo o club de Primaria pero que veu precedida, como sempre, dun intenso traballo. Este mes de decembro seguimos acrecentando o número de integrantes do club de Primaria e, por certo, contamos tamén coa chegada de lectores masculinos. En 6º tivemos tres incorporacións (Manuel, Darío e Noe) e en 5º tivemos catro incorporacións  (Sofía, Amparo, Mariña e Mauro; unha incorporación foi efémra, a de Xián, xa que estivo na lectura pero decidiu non participar na actuación, igual que Sergio que si estivera no 25N)

A rolda de traballo seguiu o ritmo habitual: a primeiros de mes reunímonos tanto o club de 6º como o de 5º para preparar a nosa lectura de cara ao nadal. Así, tras falar das obras que poderiamos traballar, todo o mundo apostou polo clásico de Dickens. Con todo, lemos outras dúas historias baseadas en contos en valores que focalizan a importancia do nadal en aspectos menos consumistas ou en facer reflexionar sobre as consecuencias de ter todo o que se quere.

Finalmente, fixemos unha lectura adaptada e conxunta da obra Conto de nadal e a maioría declarou querer dramatizar esta obra na Festa Fin de Ano do Día 21 de decembro. Así, despois de dúas semanas intensas chegamos ás 12.30, do 21 de decembro, despois das uvas de fin de ano no centro, onde pasamos a actuar durante case un cuarto de hora para todo o centro e familias que se achegaron a esa hora. Deste xeito conseguimos achegar esta obra clásica pero adaptada aos nosos días, á que lle chamamos "Conto (ceibe) de nadal".

Hai gravación do feito. Tendo en conta que o ximnasio non é o mellor escenario do mundo, deixámovos un enlace para que poidades vela


Deixamos agora os papeis e os seus intérpretes

CONTO (CEIBE) DE NADAL

Charles Dickens

(Adaptación libre para o club de 5º e 6º de Primaria)

 NARRADORA 1.......Noelia

NARRADORA 2........ Icía C.

RAÑA (Pero)............. Manuel

MARÍA (empregada).... Mariña

ANA (empregada)........ Candela

CARME (empregada)..... Lara

ROSA (empregada)..... Diana

LELA (empregada)..... Nora

SOBRIÑO RAÑA.... Roi

PEDIDOR PARA POBRES.... Darío

FANTASMA CURMÁN PAULO... Mauro

FANTASMA NADAL PASADO... Alma

Neno Raña... Icía P.

Fanni Raña... Alexia

Mozo Raña... Aldhara

Moza de Raña... Annette

Fantasma Nadal actual... Amparo

Raña vello... Darío

Antía, filla de Ana... Estela

FANTASMA DO NADAL FUTURO... Laura

LIMPADORA ... Alma

XORNALEIRO... Sofía

14 de decembro de 2023

Lectura de nadal e futuro no club de ESO

 Agora que se achega o Nadal  no club de ESO recorremos a un clásico... Conto de nadal de Charles Dickens. Botamos unha ollada pola fiestra do tempo a como se enfocaba unha sociedade capitalista incipiente e como se conxugan certos valores "modernos" cos tradicionais ou, dito doutro modo, hai unha invitación a ir máis amodo na nova sociedade.


Por outra banda, estivemos a falar da planificación cara ao futuro e propuxemos unha obra da que poderemos ter unha visita da escritora: Furia  de María Reimóndez, gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil este ano (e que o profesorado do club está xestionando para traer ao centro). Esta lectura tamén foi proposta no club Adulto polo que partillaremos unha obra similar.

Convidámosvos a seguir as nosas lecturas...

5 de decembro de 2023

Reunión do club adulto

Este martes 5 de decembro realizamos a 2ª xuntanza do club adulto. Nesta reunión falamos fundamentalemente dos libros que lemos ata o de agora: As alumnas e Golpes de luz que resultaba ser a novidade.

Gonzalo, a nosa recente incorporación desde as familias, achegounos o seu valiosísimo punto de vista sobre o que lle supuxo a lectura da obra de Paula Carballeira que tiveramos como primeira obra este curso.

Así, na obra As alumnas péchase un círculo: hai un regreso ao pasado pero volvemos ao presente no que nos iniciaramos pero dun xeito sorprendente, o que estaba a pasar non fora como se esperaba.

Resulta unha obra sinxela pero eficaz con diálogos naturais, non impostados. Aparece a educación á antiga, coa separación por sexos... O sexismo e a discriminación machista aperece en varias ocasións e a muller diferente é "marcada", como a galiña que canta, xa que só canta o galo... Pero tamén están os tópicos sobre a lingua (galego, lingua de pobres...). Aparece un mundo que moitos viviron (cartillas de racionamento) e todo isto levounos a recordar as vellas escolas de Portas (na Santiña, no Mondoiro...)


Finalmente acabamos departindo sobre o libro de Ledicia Costas, a súa habilidade para ir creando 3 puntos de vista de diferentes xeracións sobre uns feitos cotiáns que viven esas 3 idades: a avoa, a filla e o neto. Valoramos a súa sensibilidade para falar de certos temas delicados e puxemos de relevancia a aparición do humor en determinads circunstancias como cando se confunde o retrato do avó na exposición escolar co dun persoeiro de valor para a avoa...

Contra o final da xuntanza falamos de obras para o futuro. Nun primeiro lugar decidimos que podiamos pór unha obra de María Reimóndez que gañou este ano o premio Jules Verne de literatura xuvenil: Furia. Neste caso pretendemos compartir esta lectura co alumnado do secundaria xa que pretendemos traer a escritora ao centro. Deste xeito partillamos esta obra e procurariamos pasar un intre coa escritora, se é posible.

A segunda obra que propuxemos foi Invisibles de Montse Fajardo, escritora que tamén pretendemos traer tamén ao centro cara ao mes de marzo. Con esta planificación deixamos en suspenso as vindeiras reunións xa que as presenciais serían nas xuntanzas coas propias escritoras. Así, con estas propostas de cara ás vindeiras semanas deixámosvos ata o vindeira ano no club adulto.

Boas lecturas.

24 de novembro de 2023

Club atrevido co 25N

 Este 25N ou Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller chegou por anticipado ao noso centro xa que este venres 24 de novembro celebramos os actos conxuntos para representar diante de todo o alumnado para poñer en valor as situacións de desigualdade que se dan para as mulleres á hora de enfrontarse con situacións cotiás en diversas facetas sociais.

No club "atrevido", formado fundamentalmente por alumnado de 2º de ESO, representamos diferentes situacións do ámbito doméstico ou que se poden dar en xeral na sociedade: así, na inseguridade que pode sentir unha muller pola rúa, na perpetuación de roles machistas na casa (facer de comer, recoller, limpar, etc, como roles femininos que provocan situacións de violencia se non se cumpren...) foron os eixos das escenificacións que preparamos.

Nestas obras participamos integrantes dos dous grupos aínda que a foto feita ao final das actuacións non recoller a algúns integrantes que xa marcharan cambiarse pero que basicamente seguimos sendo os memos e mesmas das actuacións do Samaín



Club de 1º de ESO en novembro

 Durante este mes estivemos lendo as obras Instrucións para tomar café e Menú de enganos de Manuel Núñez Singala; en concreto fixemos unha escolma daquelas historias que nos parecían máis evidenciadora de situacións de machismo e moitas veces de idadismo, é dicir, de recargar certas tarefas familiares nas mulleres de idade como os xantares coa proxenie...

A historia "cocido familiar" fora a escollida para representar de cara ao 25N, pero finalmente razóns loxísticas complicadas con exames na semana final de preparación non nos permitiron ensaiar a obra todo o que quereriamos. Con todo, servíronnos de inspiración para o grupo que estivemos a lelas e aprendemos a razoar sobre situacións que aparentemente non teñen maior transcendencia pero que gardan certo cheirume machista...



Club de 6º de Primaria no 25N

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. No noso club estivemos traballando con esa idea pero comezamos, como case sempre, pola lectura dun libro. Neste caso foi a obra Barbazul, historia clásica de Ch. Perrault adaptada en Kalandraka por Tareixa Alonso. Un home casa cunha muller á que vai encerrando e apartando cada vez máis do mundo, illándoa na casa, ata que ela descobre que nunha habitación prohibida da casa aparecen os corpos sen vida das anteriores mulleres do seu marido. Finalmente, coa axuda de familiares consegue escapar das gadoupas do seu home e foxe do que tería sido un destino tráxico...

Despois desta lectura votamos para escoller entre adaptar esta obra ou facer versións libres de situacións próximas nas que se poden dar situacións de discriminación por xénero. Optamos por esta segunda vía e decidimos, tras a análise de actuacións que levan consigo machismo na nosa contorna, por representar actos relacionados co xogo entre a rapazada. Así, optamos polas historias:

"O fútbol"

"O peletre"

As historias foron representadas por:

Alba, Anette, Candela, Diana, Estela, Icía, 

Ademais, inauguramos as actuacións do 25N este venrese 24 de novembro coa lectura do seguinte manifesto (un parágrafo cada unha) para logo pasar ás actuacións que intercalamos coas de quinto.

 

Deixamos aquí o manifesto:

 

Nos últimos anos, desde moitos ámbitos lévase adoptando un papel activo para erradicar a violencia que se exerce contra as mulleres, fomentando medidas necesarias para apoiar as vítimas e atopar algunhas solucións para este problema. Todo isto supuxo un avance significativo na concienciación e sensibilización social ante este tipo de violencia pero, por desgraza, segue habendo vítimas que infelizmente demostran que queda moito camiño por percorrer aínda.

Por outra banda, adoitamos pensar que este problema está lonxe de nós pero con frecuencia descubrimos casos máis preto de nós do que esperariamos e iso cáusanos sorpresa, como se fosen feitos alleos á nosa comunidade pero a realidade é que están tamén ao noso redor xa que aconteceron feitos lamentables como crimes machistas en concellos próximos ao noso.

Se ben é certo que a maioría da sociedade rexeita desde hai tempo eses actos, tamén é certo que ás veces se intenta desligar ese problema do machismo que existe na comunidade na que vivimos. Pero a verdade, é que hai moitos casos nos que se comete un acto inxusto de discriminación coas mulleres e inténtase sacarlle importancia.

Eses actos que pasan inadvertidos, chamados moitas veces “micromachismos”, son máis frecuentes do que parecen e chegan a estar convivindo con nós sen que ás veces sexamos conscientes. É por iso, que mesmo no ámbito escolar ou mesmo na nosa vida cotiá poden aparecer estes feitos e é importante que os recoñezamos e os vaiamos eliminando.

Por iso, desde o club de lectura, estivemos a ler este mes algunha obra que falaba do maltrato e logo decidimos valorar situacións machistas encubertas que nos rodean para logo preparar algunhas escenificacións con elas. Mesmo desde que somos pequenos e pequenas acontecen estas situacións, polo que imos representar algunhas situacións de discrimación por xénero.

Así que, sen máis, comezamos coa representación do club de lectura para o 25N.  Achegámosvos catro historias breves preparadas polo club de primaria (dúas de 5º, dúas de 6º). Logo debería haber tamén unha historia do club de 1º de ESO, pero a última hora non puideron rematala; logo virán un par do club de 2ºA e outro par máis do club de 2ºB. Finalmente un agasallo: o alumnado de 4º preparou unha actuación en directo do tema “Lisístrata (varre vasoira)” de Fillas de Cassandra e unha actuación sorpresa do alumnado de Dixitalización. Comezamos.



25N: Club de lectura de 5º Primaria

 O club de lectura de 5º de Primaria comezou este mes con algunhas novidades: tivemos un incremento coa chegada dunha nova persoa, Diego, que se sumou á chegada de Lara a última hora no Samaín, polo que neste momento xa somos 8 persoas.

Comezamos o mes coa lectura da obra Taneke, a princesa das bruxas, de An Leysen e publicada por Kalandraka. A obra fala sobre a presión de grupo para que unha bruxa-princesa se adapte aos gustos e estilos refinados do marcado mundo protocolorio de palacio... Pero finalmente hai unha reivindicación da propia forma de ser, de aceptarnos como somos, de non adaptarnos a clixés artificiosos impostos para gustar aos demais.

 

 

Logo da lectura decidimos que facer de cara ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Debatemos se facer unha adaptación da obra lida ou partir de situacións cotiás que se dan de violencia contra a muller. Optamos por esta segunda opción e comezamos a reflexionar sobre a nosa contorna e os micromachismos, que están presentes en moitos actos da nosa vida diaria sen que nos deamos conta. Así, tras unha chuvia de ideas, quedamos en representar situacións que se dan nos xogos. Escollemos para guionizar dúas actividades de lecer como "o brilé" e "as bonecas" e partimos de situacións nas que se critican a rapaces por xogar a "xogos de nenos"; a conclusión final é que non hai xogos de nenos nin de nenas; só XOGOS para todas e todos, e que cadaquén xogue ao que lle peta...

Así, diante de todo o centro e xunto ao cartel do 25N fixemos a nosa representación este venres 24 de novembro, anticipándonos e conciendado na igualdade. As nosas obras fóronse intercalando as nosas no medio das dúas de sexto... 

E aquí estamos as 8 persoas que participamos... Ben, 7, porque Lara enfermou xusto o día da representación pero para a próxima seguro que estará en plena forma... pero si estiveron:

Aldhara, Alexia, Alma, Icía, Laura, Sergio e Roi



1 de novembro de 2023

Primeira xuntanza do club de lectura adulto

 A verdade é que este Samaín veu cargadiño porque despois da xornada que tivemos cheas de actuacións nas que houbo unha forte implicación do club de lectura, tivemos a primeira xuntanza do club adulto. Temos que congratularnos pola presenza de familias nesta primeira xuntanza e agradecemos a presenza de Gonzalo que seguramente nos achegará moitos coñecementos, ideas e puntos de vista pois cónstanos no club que é un bo lector. E despois das presentacións deste primeiro día comezamos xa coas disgresións... 

O libro que escolleramos para este inicio de curso foi As alumnas, de Paula Carballeira. Esta obra, que foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática, acabou diseccionada nesta reunión presencial do club. Comentamos os valores que ten como o de reivindicar figuras protofeministas da nosa historia e que non son ben coñecidas ou mesmo totalmente descoñecidas, ademais de poñer en contrapunto dúas visións sobre a muller no tardofranquismo e canto custou superar o estereotipo da "muller tradicional". Con todo, botamos en falta a ausencia de algo máis de acción pero evidentemente a obra está pensada para unha representación a "dúas voces" ou personaxes, o que facilitará probablemente a súa representación nun escenario como o dunha cultura minorizada como a galega.

Finalmente rematamos a xornada con propostas para a seguinte obra. Despois de comentar algunhas recomendacións dos e das presentes acabamos consensuando que a seguinte obra será Golpes de luz de Ledicia Costas. Tamén decidimos que a seguinte reunión será a finais de novembro, en concreto o martes 28 de novembro ás 17.30 horas na biblioteca do centro.


VINDEIRA REUNIÓN

martes 28 de novembro de 2023

17.30 horas

Biblioteca do CPI Domingo Fontán, Portas


Estades convidadas e convidados...


POSDATA: A reunión adiouse para a seguinte semana debido á folga no ensino convocada para o martes 28 de novembro. Polo tanto, a xuntanza farase o martes 5 de decembro ás 17.30 horas.

 

31 de outubro de 2023

Actuación do club "atrevido" de 2º de ESO

 No noso centro temos varios grupos de alumnado no club de lectura; pero este curso hai un que levou un certo pulo. Trátase do club "atrevido", que está formado maioritariamente por alumnado masculino e isto non é habitual. E a verdade é que se "atreven" con moitas cousas. Este alumnado é fundamentalmente de 2º de ESO, pero ollo, tamén hai varias mulleres que teñen moita valía neste club.

Este grupo preparou dúas actuacións para este Samaín. Por unha banda fixeron unha adaptación breve do conto "sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste, incluído no libro Dos arquivos do trasno. A outra actuación consistiu nunha canción "a capella" baseada no ritmo do "Sacristán de Coímbra" pero cunha liberdade textual que triunfou na actuación. Hai que felicitar a creatividade do grupo.




Os integrantes do club son os seguintes:

Kevin Aguilar Rodríguez

Abel Escariz Alfonso

Lois Feixó Coba

Nicolás Fernández Güimil

Juan Fontán Blanco

Raúl Piñeiro De la fuente

Sabela Fojo Díaz

Andrea García Vázquez

Mateo González Aspérez

Iago Lorenzo Souto

Mario Luna Fuentes

David Piñeiro Pérez

Adán Pomar Fariña


Achegamos uns vídeos das súas actuacións

Enterro do Bieito Club Atrevido Samaín 2023

Sacristáns cantareiros de medo Atrevidos Samaín 2023



Actuación do club de 1º de ESO no Samaín

 Este curso comezaron as actuacións de Samaín cunha achega do alumnado do club de lectura de 1º de ESO; en realidade contribuiron con dúas achegas. Por certo, sempre hai algunha actuación de secundaria na que nos fan participar...

A primeira actuación baseouse nunha adaptación libre dunha historia sobre a Santa Compaña. A segunda foi a lectura dunha beberaxe máxica cun conxuro libre feito con certo parecido ao dunha queimada; preparouse unha potada noxenta... bebidas azucradas encarnadas... sen alcol. E por riba fixéronnola probar...






Nestas obriñas participaron:

Sara Barreiro González

Uxía Gómez Barreiro

Irene Lodeiro Calviño

Noa Rey Otero

Carla Gago Oubiña

Icía Ríos Pérez

Uxía Ríos Pérez

Alicia Vázquez García


Deixamos tamén uns vídeos dos seus momentos de actuación...

A da Compaña polo club de 1º ESO no Samaín 2023

Conxuro ReQuemeimado do Club de 1º ESO no Samaín



Obra e actuación do club de 6º de Primaria no Samaín

 


Este 31 de decembro o club de 6º de Primaria tamén achegamos o noso gran de area para difundir medo e literatura no centro. No noso caso continuamos cunha saga que comezara o club de 6º do ano pasado; lembrades...? Si, Mortiña. 

Nesta ocasión collemos a obra Mortiña. O amigo pantasma. O libro de Barbara Cantini serviunos de inspiración despois de lelo para facer a nosa versión que modificamos lixereimante e que no club deste ano adaptamos como Mortiña e a amiga pantasma.






Na actuación de 6º acabaron participando estas 6 persoas, se ben algunha desdobrou os seus papeis:


LECTORA: Alba Grande Castro

MORTIÑA: Diana Sofia Da Silva Da Eira

PANTASMA: Icía Constenla Estévez

AMIGA 1: Estela Carreira Lea

AMIGA 2: Candela Fontán Rey

AMIGA 3: Anette Alfonso González

….TÍO AVÓ FUNESTO (VOZ): Estela Carreira Lea

AVÓ FÉRETRO: Candela Fontán Rey

TÍA DEFUNTIÑA: Anette Alfonso González

SANCRISTÁN: Estela Carreira Lea


Deixamos tamén o vídeo da actuación

Mortiña e pantasma de 6º de Primaria no Samaín 2023




Actuación e obra do club de lectura de 5º de Primaria

 Este martes 31 de outubro chegou por fin a data que moitos e moitas estaban agardando: a celebración do Samaín. O club de lectura estivo a ler neste inicio de curso obras para representar nesta data e aquí está a primeira delas. O club de lectura de 5º de Primaria actuou este Samaín 2023 cunha adaptación baseada na obra Un pesadelo no meu armario de Mercer Mayer

A obra foi adaptada despois da súa lectura para achegala á nosa realidade, tanto de intérpretes como de situacións que nos interesaba representar. Ao longo da mañá realizamos ata tres actuacións para que nos puidesen visitar todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. 


Os principais papeis estiveron interpretados por:

Lectora: Laura Silva Valle

PERSONAXES:

Nena: Icía Parra Vázquez 

Nai: Aldhara Chaves Cores

Pai: Roi Fariña Montero

Avoa: Alma Maquieira Romero

Monstro 1: Alexia Romay López

Monstro 2: Lara Callón Saborido



Achegamos tamén un vídeo da actuación


Pesadelo de 5º Primaria no Samaín 2023