20 de novembro de 2012

Encontro dos clubs de Cuntis, A Estrada e Portas

Este curso realizamos unha primeira saída do club "As Portadas" do CPI Domingo Fontán para encontrarnos cos clubs de lectura do CPI Aurelio Rei de Cuntis e do IES Antón Losada Diéguez d' A Estrada. A xuntanza realizouse o martes 13 de novembro pola tarde.








O encontro realizouse en Cuntis, onde nos recibiron no CPI Aurelio Rei e nos xuntamos os tres clubs no salón de actos.




Posteriormente os clubs subimos a pé  ata Castrolandín, onde vimos o castro e gozamos das vistas sobre a vila d'O Baño, é dicir, Cuntis










Unha guía mostrounos o sitio e falounos da cultura castrexa e como se está a recuperar a zona de Castrolandín










Despois fomos ata a biblioteca de Cuntis onde nos ofreceron unha charla sobre a escritura e o debuxo. Héitor Picallo mostrounos como poder debuxar sobre materiais moi simples e como poder ser creativos ao tempo que reciclamos.









Logo fixemos unhas exposicións de lecturas e traballos dos clubs.






O club d´A Estrada fixo un resumo sobre a Odisea.












Logo fixeron uns experimentos lúdico-científicos














O club de Cuntis fixo un recitado de poemas












O club As Portadas fixemos un contacontos colectivo que prepararamos en inglés e galego para o Samaín










Logo fixemos outro contacontos interactuando co público dos outros clubs: os restos do morto











As contadoras do segundo conto












De volta ao CPI de Cuntis tomamos uns pinchos e fixemos unhas fotos do noso club











E tamén quedaron algunhas imaxes dos clubs mesturados que foron facendo amizades, especialmente Juan e Fran...












E, despois, de volta para a casa que xa era ben de noite...












Club de lectura de Primaria

Este curso  continúa o club de lectura "as portadiñas" de primaria. Este formado por:

Paula Estévez (3º)
Sheila Cores (4º)
Uxía Mouriño (4º)
Sara Abraldes (5º)
Laura Acevedo (5º)
Aylin Amor (5º)
Sara Conde (5º)
Lucía Crespo (5º)
Paula Loureiro (5º)





Contamos con algunha colaboración masculina para actividades que fixemos no samaín, pero en principio este é o grupo que conforma o club deste ano. Algunhas persoas mostraran interese en asistir a determinadas actividades do club e esperamos que participen nalgunhas das xuntanzas durante o curso.

Club de lectura de ESO


O club de lectura de secundaria promete este curso estar moi activo. Un grupo de mozas e mozos entrou con folgos para reactivar o traballo dos cursos anteriores. Son todas novas incorporacións xa que a maioría do ano pasado remataron a secundaria obrigatoria.

Este ano o club está conformado de inicio por:

Fran Fontán (3º A)
Inés Martínez (3º A)
Carmen Saavedra (3º A)
Jessi Torres (3º A)
Adrián Arís (3º B)
Jenni Dopazo (3º B)
Rebeca Martínez (3º B)
Lucía Meis (3º B)
Sabela Mosteiro (3º B)
Martín Gómez (4º A)
Alex Meis (4º A)
Juan Ocampo (4º A)

Club As Portadas 2012-2013

Ola, boas!

Este curso 2012-2013 imos ter no CPI Domingo Fontán tres clubs de lectura:

1) Club de lectura de primaria
2) Club de lectura de secundaria
3) Club de lectura de adultos

Os cursos pasados funcionaba o club de lectura de ESO, que este ano continúa con novas incorporacións. A finais do curso pasado comezou a funcionar o club de  Primaria, que este ano continúa con forza. Ademais para este curso teremos a novidade do club de Adultos, formado fundamentalmente por profesorado.




26 de xuño de 2012

Pinchos fin de curso.

E para rematar o curso fixemos unha das actividades máis interesantes: uns pinchos despedida do curso. Aproveitamos para comentar por que escollemos cada libro cada un. Despedímonos tamén de tres alumnos de cuarto que estiveron estes dous cursos con nós e que deixaron un grande recordo no club:

Damián
Nacho
Novás

Que vos vaia ben.

Na libraría. Libros para este verán do club.

Dado que este curso non se puideron facer saídas extraescolares no noso centro, esperamos á finalización das clases para facer a nosa primeira e practicamente única saída. Tratouse dunha visita a unha libraría para escoller un libro de lectura para o verán segundo as preferencias de cada integrante do grupo de Secundaria.







As escollas que fixemos foron as seguintes (entre parénteses a persoa que o escolleu; algunha obra escollémola entre todos e todas):











Guía completa del caballo, Jane Holderness-Roddmam, ed. Blume (Alba)








Canciones para Paula, Blue Jeans, (Sara)










Eldest, Christopher Paolini, (Nacho)
















En llamas, Suzanne Collins (Damián)









Los asesinos del emperador, Santiago Posteguillo (Novás)






Los juegos del hambre, Suzanne Collins (Club de lectura As Portadas)









Na libraría portáronse xenial con nós. Regaláronnos unha chea de marcapáxinas e indicáronnos onde estaban os libros da nosa preferencia.






Exposición de fotos do club de lectura "As Portadas"



Este mes de xuño fixemos unha exposición de fotos do club de lectura AS PORTADAS, con imaxes do alumnado de ESO e tamén coas dos grupos de Educación Primaria que se están a organizar, aínda que as actividades que fagan serán máis ben para o curso que vén.







A exposición de fotos realizouse no taboleiro da biblioteca. Había dous tipos de fotos: unha de cada grupo (ESO, 4º de Educación Primaria, 3º de Educación Primaria e 2º de Educación Primaria) e logo unha individual de cada integrante de cada grupo.




Ademais, agasallamos cunha foto a cada integrante do grupo para levar un recordo do seu paso polo club.


12 de xuño de 2012

As portadiñas. Club de lectura de Primaria.

Esta fin de curso deparounos unha agradable sorpresa ao Club de Lectura "As Portadas". Un grupo de rapazas de cuarto de primaria (especialmente Sara Abraldes e Aylin Amor) tivo a fermosa iniciativa de intentar poñer en marcha un club de lectura. Actuaron dunha maneira totalmente voluntaria e puxeron un papel para anotarse o alumnado de primaria que queira.

Neste momento forman parte do grupo anotado (por curso e orde alfabética):

4º de Educación Primaria

Sara Abraldes (4º)
Laura Acevedo (4º)
Aylin Amor (4º)
Sara Conde (4º)
Lucía Crespo (4º)
Paula Loureiro (4º)
Uxía Mouriño (4º)








3º de Educación Primaria

Sheila Cores(3º)
Lucía Iglesias (3º)
Alba Ruibal (3º)
Ainhoa Torres (3º)









 
Logo do interese mostrado por parte do alumnado do primeiro ciclo de primaria, anotáronse con idea de permanencia dúas persoas do segundo curso.

2º de Educación Primaria

Paula Estévez  (2º)
Andrea Mª López  (2º)












Entre as iniciativas que teñen están: reunirse para comentar libros, facer lecturas para os pequenos, preparar contos para os de Infantil, recomendar lecturas na biblioteca que lles poidan interesar aos demais.

Felicitamos ao alumnado que tivo esta iniciativa pola súa creatividade e dispoñibilidade para facer algo tan interesante como achegarse ao mundo dos libros.

Fotos do visionado de Noisses Off

O visionado do film foi, coma sempre, moi formal.




Primeiro quentamos, para iso repuxemos algúns hidratos de carbono.








Despois miramos que nota lle dan á peli en Filmaffinity e que contaban dela.

Todo o mundo atendía nos comentarios e daba a súa opinión.




Por último, vimos a peli. Non nos gusta vela en versión orixinal con subtítulos, e diso que somos un club de lectura... Ben, ao profe si lle gusta, pero era o único.

Por certo, aprendimos que o título Noises Off! significa "Ruídos fóra!" pero a tradución por "Que ruína de función" debeuse a que os distribuidores pensaron que no Estado español non se entendería ben esa frase que en inglés indica que vai comezar a función e que se cale todo o mundo

29 de maio de 2012

Os "autores" de Noisses Off


Michael Frayn, (autor da obra de teatro) é un autor inglés, que naceu en 1933, e obtivo varias veces premios como o Standard Best Comedy Award e o SWET Best Comedy Award. En 1982 gañou ámbolos premios pola obra Noisses Off. Participou no guión da película con Marty Kaplan en 1992. Ademais dos éxitos que conseguiu como dramaturgo con varios premios polas súas comedias, destacou ademais como un bo tradutor do ruso ao inglés sobre todo de obras de Chekhov, sendo tamén un bo narrador, ademais de xornalista, guionista de televisión e cinema. En fin, dentro do mundo das letras dálle a varias cousas.

Peter Bogdanovich (Director do film): Naceu  en 1939 cando os seus pais chegaron a Estados Unidos fuxindo dos nazis (o pai era un pianista serbio e a nai unha xudía de familia rica austríaca). Bogdanovich, que era un crítico cinematográfico, converteuse nun dos directores de cinema máis importantes a principios da década de 1970 (xunto con Coppola ou Scorsese) pero a súa carreira tivo altos e baixos, sobre todo a partir do segundo lustro dos setenta por razóns persoais. Na súa madurez creativa volveu deixar mostra do seu talento nos anos 90 e destacou sempre como director no difícil xénero da comedia moderna, aínda que tamén fixo dramas de moita calidade. Apareceu como director ocasional e actor na famosa serie de televisión Os Soprano e tamén foi historiador, crítico cultural, escritor e produtor de cinema. Recibiu a nominación ao Oscar como mellor director pola película de 1971 A derradeira película


Club de Lectura "As Portadas"

nOiSeS oFF!: qUe RuÍnA dE fUnCiÓn!

A película deste trimestre final de curso está baseada nunha obra de teatro e trátase do xénero da comedia (completando así os xéneros de terror e drama da 1º e 2º trimestre do curso respectivamente). A obra titúlase Noisses off que se traduciu por Que ruína de función! en castelán (que malas traducións se fan ás veces das películas en castelán, en fin).

O film é unha peli que trata sobre unha representación teatral (ben, uns actores e actrices que están preparando unha obra cómica) e está feita como se fose en certo modo teatro, xa que ten tres partes que serían como os tres actos dunha comedia teatral. As 3 partes serían:

1) ensaio da obra o día antes da estrea pero, como pasa moitas veces, aínda está moi verde a obra; a actriz principal olvídase do prato de sardiñas co que ten que saír á escena, algún actor non aparece, rompen cousas, o director desespérase...

2) A obra estréase pero uns empezan a discutir con outros e mentres se escoita parte do "primeiro acto" o que vemos realmente pasa detrás do escenario, sen falar, con toda a compañía que está desquiciada porque uns se senten traizoados polos outros.

3) A obra chega a Nova York e o director pensa que van destrozar a obra, a crítica machacarao, non volverá dirixir e... curiosamente, a obra triunfa, todo sae mal pero ben ou ben pero mal pero a xente non se dá de conta e os problemas entre a compañía comezan a arranxarse.

As 3 partes están ben interrelacionadas entre si e os detalles dun "acto" teñen que ver co seguinte. Así prodúcense unha sucesión interminable de portas que se abren e pechan,  pelexas dentro e fóra do escenario, entre bambolinas e ata no patio de butacas ata que saen, case sen querer, as envexas, os romances e a humanidade dun grupo de personaxes que ao final son bastante solidadrios entre si.

 Destacan actores que ademais na década de 1980 foran moi famosos en Estados Unidos: Carol Burnett, John Ritter, Michael Caine ou un irrecoñecible Christopher Reeve (Superman). As actuacións son moi boas e cribles, facendo que todo cadre perfectamente nesta obra: o aproveitado, a parviña, os "desaparecidos", o borracho, o despistado, en fin, un cadro variado e variable que agocha ao mesmo tempo moita tenrura no medio de tanta debilidade humana. 

Conclusión: hai que vela, ou lela, ou o que se queira, pero se tendes un pouco de paciencia pasaredes un divertido anaco de tempo con esta película baseada na obra teatral de Michael Frayn.

Club de Lectura "As Portadas"

5 de marzo de 2012

vALORACIÓN dE Libros eN Lingua gALEGA

No club de lectura fixemos unha puntuación de obras que lemos ao longo deste anos no centro. A nota que lle damos ten en conta o interese que xerou en nós a súa lectura, é dicir, baseámonos en que tiña un argumento interesante e estaba contado de forma amena de xeito que a trama nos enganchou. Non valoramos se son obras mestras da literatura, senón se son obras que nos gustaron.

As obras que avaliamos foron propostas polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa que son obras que se recomendan ler ao longo da ESO.

O libro que mellor valoración tivo foi un do primeiro ciclo:

Tonecho de Rebordechao


Eis a puntuación dos libros que valoramos.

1º CICLO DE ESO


NOTA
Tonecho de Rebordechao
9,66
A filla do ladrón de bicicletas
8,66
A casa da luz
7
O pazo baleiro
7,25
Cartas de inverno
7,66
Cando petan na porta pola noite
6
Pel de lobo
8,25
Os Megatoxos
9,12


2º CICLO DE ESO


NOTA
Unha estrela no vento
9
O último traballo do Señor Luna
8,87
Morning Star
9
O achado do castro
8
Dragal. A herdanza do dragón
8,4
A cabeza de Medusa
8
Diario dun xove maniático
7,37
As cousas claras
7,5
Ollos de auga
9
Resistencia
9,5

Recomendacións do club de lectura

Este mes fixemos unhas adquisicións para a biblioteca do centro de libros diversos en galego para dotar un pouco mellor os andeis de obras recomendables. As obras que compramos foron:

pARA O 2º cICLO dE ESO















pARA o 1º cICLO

 


pOESÍA