31 de xaneiro de 2019

CANCIÓNS POLA PAZ

O club de lectura de ESO pasamos este mes preparando o Día da Paz. Para iso partimos do tema da biblioteca "Música do século XX" e contribuímos aos actos para o xornada escolar da Non Violencia realizando unha escolma de cancións sobre a paz.



Tras a escolla de varios temas pacifistas ou antibelicistas realizamos un díptico para achegalos á comunidade escolar (colocámolas na mesa de exposicións de entrada á biblioteca).


No exterior dos dípticos colocamos o tema da biblioteca e identificamos o club como realizador do traballo. No interior colacamos os poemas e portadas dos discos que incluíron estas cancións.



 Deste xeito queremos fomentar a lectura pública do numeroso estudantado que se achega a esa mesa, especialmente no tempo de lecer de días chuviosos.










Os temas escollidos polo club de 3º de ESO foron:

"Irmaus"

"La muralla"

"No dudaría"

"Que voy hacer yo"

"Solo le pido a Dios"

"Cruzar los brazos"

"Brothers in arms"

"Imagine"
















24 de xaneiro de 2019

Club de adultos: Besta do seu sangue

Este trimestre comezamos cunha nova proposta para o club de adultos: Besta do seu sangue.

O libro de Emma Pedreira foi o premio Xerais 2018. Queremos traelo ao debate no noso club para revisar unha das figuras que foi obxecto mesmo de versións cinematográficas: Romasanta; o Lobishome? O sacaúntos, o home do saco, volve aparecer nesta obra que abrolla cunha linguaxe poética, unha multivocidade, unha pluridade de visións que nos achegan de novo ao límite entre a realidade e a lenda que se (re)transmitiu logo ao pobo.

15 de xaneiro de 2019

club de ESO en xaneiro

Ola!

Este trimestre imos traballar nunha actividade de compilación de cancións do século XX. Comezamos para o día da Paz buscando temas que falan da non violencia, do NON Á GUERRA, da irmandade de pobos en harmonía,... e nese espírito esperamos seguir no club.












No mes de febreiro temos planificado seguir cunha actividade semellante respecto ás cancións de amor e desamor. A nosa intención é divulgar as letras polos corredores do centro. Ao final de curso pretendemos facer unha especie de libriño con todos os temas seleccionados.