16 de marzo de 2017

Libro do club de profes para o segundo trimestre

Aproveitando estes bos días do marzo reunímonos o club de adultas e adultos para falar en conxunto da obra A ira dos mansos e facer distintas suxestións para rematar esta segunda avaliación coa lectura dunha nova obra.






Despois de facer algunhas propostas decantámonos por outra obra de misterio que ten escenarios galegos e na que nada resulta o que parece en principio:

Así acabamos nós, como o título do libro:




14 de marzo de 2017

Día da muller co club de 5º de Primaria

O club de 5º de Primaria traballou este trimestre coa obra "A ratiña presumida" para facer unha versión libre de cara ao Día da Muller. Así saíu a nosa versión libre "A mociña presumida"

Deixámosvos coa obra que representamos:

A nova mociña presumida (versión libre de A ratiña presumida)
Mociña: Lara
Amiga: Eva
Mociño: Xoel
Malote: Sebas (no papel de Iván)
Rapeiro: Nayara
Mozo Relambido: Vanessa
………………………………………………………………………………                                                                                        
MOCIÑA (no parque): Que bo día está hoxe, vai moita calor.
MOCIÑO: Ola, Lara, bo día
LARA: Que queres?
XOEL: Queres vir comigo ao cine.
LARA: Non, estou esperando por unha amiga.
XOEL: Vale, se non queres non pasa nada.
LARA: Oh, algo brilla aí.
XOEL: Cólleo a ver que é
LARA: Oh! Unha moeda de ouro. Que sorte.
……………………………………..
Chega Eva.
EVA: Ola! Que tes aí Lara?
LARA: Mira, atopei unha moeda de ouro
EVA: Que sorte. Poderás comprar un libro
LARA: Non, que son moi aburridos.
EVA: Pois un lapis e papel
LARA: Non, que me aburrirei

XOEL: E unha mascota?
LARA: Non, que dan moito a nota
EVA: E entón que queres mercar coa moeda de ouro?
LARA: Maquillaxe para a cara, un lazo para o pelo e roupa para o corpo
EVA: E para que queres iso todo?
LARA: Para atopar un bo mozo.
EVA: E cando o vas mercar?
LARA: Agora á tenda vou xa. Quéresme acopañar?
EVA: Si, non teño nada que facer esta mañá.
Marchan Eva e Lara.
……..
IVÁN: Ola Xoel. Que fas aquí
XOEL: Estaba con Eva e Lara, pero deixáronme só
IVÁN: A onde foron?
XOEL: marcharon de compras.
IVÁN: E iso?
XOEL: Lara atopou unha moeda e marchou gastala.
IVÁN: E que vai mercar
XOEL: Maquillaxe, roupa, lazos, cousas que lle gustán á maioría das mulleres
IVÁN: Ás veces anque a mona se vista de seda…
XOEL: Pero que malote es.. Olla aí veñen
Chega Lara
IVÁN: Buá, pero quen é esa?
XOEL: É Lara, ou iso creo
IVÁN (a Lara): Ola, tronca, que ben estás! Queres vir dar un voltio comigo
LARA: En coche?
IVÁN: Non, que non teño
LARA: Pero que te cres, que vou andar por aí no cochiño de San Fernando
IVÁN: Si, un pouquiño a pé e outro pouquiño andando.
LARA: Pois vai indo ti e eu quédote aquí agardando
IVÁN: Ven, non te aburrirás, son moi gracioso, xa o verás
LARA: Iso é o que quererás, mais o meu caso non terás.
IVÁN: Vente, non te arrepentirás xa que moito te divertirás.
LARA: Non teño tempo para parvadas; vaite, non te quero ver máis.
IVÁN: Como queiras. (a Eva); Eva, queres vir comigo, vaste divertir
EVA: Non quero deixar soa a miña amiga.
IVÁN: Como vexas, pero se o queres pasar ben, ven cando queiras.
EVA: Vale.
(Marcha Iván)
LARA: Que pesado é?
EVA: Pois a min paréceme simpático
LARA: E tampouco é moi guapo
EVA: Pero feo tampouco
LARA: Tampouco é rico
EVA: Pero moi divertido
LARA: Dá igual, hai homes moito mellores
(Chega o Rapeiro)
RAPEIRO: Que pasa tías, molades mogollón
                Se me facedes caso, rapearedes un montón
LARA: Non me gusta o rap
RAPEIRO: Escoita o meu verso
                Que o saiba o universo
                Es a moza máis bonita
                Que hai nesta vila
LARA: Tes unha casa luxosa?
RAPEIRO: De cama a herba
De manta as estrelas
É a mellor cela
Para estar cunha moceta
LARA: Se non tes casa, para que vou estar contigo
RAPEIRO: Rapeareiche cancións de amor
                Cantareiche para sanar a túa dor
                E Verás sempre o mundo de cor
LARA: Non me gustas, alónxate de min
RAPEIRO: Se non me queres xunto a ti
                Agora me vou de aquí;
                Eva bonita, queres vir?
                Ímonos divertir
EVA: Non, que non quero deixar a miña amiga soa.
RAPEIRO: Vale, non te preocupes, tía
                Vou para aquela esquina,
                Alí estarei cando ti queiras
(Marcha o Rapeiro)
LARA: Que pesados son, tía
EVA: Pero non canta mal
LARA: A min iso dáme igual
EVA: Pero era máis divertido cando tiñamos amigos, pasabámolo mellor
LARA: Agora que son tan guapa e algo rica, só quero ter un mozo e casar
EVA: Aínda somos novas, iso non é tan importante
LARA: Como que non, se atopo un mozo guapo, rico, con coche e casa grande non haberá nada mellor no mundo.
EVA: Hai cousas máis importantes en que pensar que en casar á nosa idade
LARA: Si, en que?
EVA: En ter amigos, ser bo cos demais, apoialos cando lles fai falta, axudar se  podes, non pensar só en roupa e casar.
(Chega o neno relambido)
RELAMBIDO: Que oen os meus ouvidos. Que non  é importante pensar en roupa e casar? Pero se iso é o máis fashion que existe.  Como me gusta esta moza tan fantastic que está aquí (mirando a LARA)
LARA: Si, ti cres que son fantastic?
RELAMBIDO: Pois claro. Por certo, a ti non che gustaría pasear nun marabilloso coche deportivo
LARA: Pois claro
RELAMBIDO:  E non che gustaría vivir nunha casa mega impresionante
LARA: Non quero outra cousa na vida
RELAMBIDO: E non che gustaría un mozo super molón ao que queren todas pero que el só pensa en ti
LARA: Pois claro que me fliparía
RELAMBIDO: Pois se vés comigo terás todo iso e máis.
LARA: Ai! Es o home dos meus soños. Márchome contigo
EVA: Pero Lara, que fas, se o acabas de coñecer
LARA: Quita Eva, chegou o amor da miña vida
EVA: Espera non te vaias e non me deixes soa, que eu sempre estiven contigo.
LARA: Síntoo, pero é máis importante ter mozo que amigas. Ciao Eva.
RELAMBIDO: Oh si, ademais non pega nada contigo. Ciao farrapenta
(Marchan rindo e deixan a Eva soa)
EVA: Espero que non se arrepinta do que fai. En fin. Vou ir buscar o resto da panda
(Marcha Eva)
………….



(Entran facendo bromas e rindo todos)
XOEL: Ei! Parade un momento. Sabedes onde estamos?
EVA: Si, este é o parque onde viñamos con Lara.
IVÁN: Que sería de ela
EVA: Xa hai dous meses que marchou e non volvemos ter novas súas
RAPEIRO: A verdade é que era guapa, pero moi estirada
EVA: Era boa amiga, pero desde que só pensou en ter mozo rico obsesionouse e olvidouse dos amigos de toda a vida.
(Entra LARA, farrapenta)
XOEL: Ei! Quen ven aí
IVÁN: Non sei, parece…
EVA: É Lara.
RAPEIRO: Ei, tía que che pasou?
                Foi alguén que te roubou?
LARA: Ola amigos, non, non foi iso
XOEL: Que aconteceu entón.
LARA: Nada
IVÁN: (con ironía) Ah si! Por iso se te ve mellor ca nunca
(Rin sen malicia todos e abrázana)
EVA: Cóntanos que che pasou de verdade. Eu era a túa mellor amiga e eles foron bos pretendentes aos que rexeitaches como mozos e como amigos. Podes confiar en nós.
LARA: Pois o neno relambido ese co que me fun… ao principio moi ben, pero logo non era tan bo como parecía
EVA: E logo?
LARA: Pois o coche deportivo era de cuarta ou quinta man. Aos dous días rebentou. E enfadouse todo, berroume como se eu fose culpable
IVÁN: Que miserable
LARA: e despois a casa era grande, pero estaba toda porca e púxome a limpala. El dixo que para iso valía unha muller. Para varrer
RAPEIRO: O que hai que ver
LARA: E tamén que tiña que lavarlle a roupa, facer o xantar, ir á compra mentres el ía cos amigos ao bar.
EVA: Será caimán
LARA: En fin, que me cansei e cando lle dixen que xa non me quedaba diñeiro porque o que me deran pola moeda de ouro xa o gastara el púxose todo fero e levantoume a man
EVA: Será animal
LARA: Si, e escapei. Creo que me equivoquei ao elixilo a el.
EVA: Non importa, porque aquí tes unha amiga
XOEL: E un amigo
IVÁN: E dous
RAPEIRO: E tres
LARA: Agora si que o sei. Ter amigos é máis importante do que pensei.
EVA: E lémbrao sempre
Non xulgues polas apariencias
Actúa con conciencia

TODOS:
Porque se cadra é peor
O que che parece mellor  

               
FIN