23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía na ESO

 En secundaria realizamos unha escolma de poemas de amor de Rosalía de Castro para xuntar dúas efemérides: O Día do Amor ou a Candeloria (cando os paxariños empreñan...) co 23 de febreiro, día de Rosalía.

Así, puxemos nuns folios poemas de Rosalía que falan de amor e desamor. Para iso accedemos durante todo o mes aos seus poemarios Cantares gallegos e Follas novas e por grupos escollemos as mellores composicións de amor e desamor de Rosalía.


CANTARES GALLEGOS

-Nasín cando as prantas nasen

-Cantan os galos pro día

-Un repoludo gaiteiro

-Quíxente tanto meniña

-San Antonio bendito

-Pasa río, pasa río

-Pasan naquesta vida...

-Mais ao que ben quixo un día...




FOLLAS NOVAS

-Unha vez tiven un cravo

-Cando era tempo de inverno

-BOS AMORES

-AMORES CATIVOS

-un verdadeiro amor é grande e santo

-EU POR VÓS E VÓS POR OUTRO

-Ti, a feiticeira e branca como as neves

-Para a vida e para a morte

-Teño un mal que non ten cura

-Tanto e tanto nos odiamos

-Tecín soia a miña tea

-Marchéchete un día

-O meu olido máis puro

TAN SOYO

Escolma de Rosalía en Primaria

Hoxe é o Día de Rosalía e o club realizou durante todo o mes unha escolma de poemas de Rosalía que colgamos nuns carteis polos corredores do centro.

Esta foi a nosa contribución á mellor escritora da nosa literatura e unha das mellores da historia da literatura universal

7 de febreiro de 2023

Nova obra do club atrevido

 

Despois da 1ª obra que lemos este ano en galego (o pacto do letargo: o tríscele roubado) chegamos a unha nova reunión para falar da obra e do seu autor: Miguelanxo Prado

A xuntanza serviu tamén para establecer unha nova elección.

Decidimos que a seguinte obra volverá ser banda deseñada:

De Álvaro López: Os que levan o lume