25 de marzo de 2020

Confinamentos e obras literarias

Nestas datas de confinamento obrigado polo decreto de Estado de Alarma levounos a pensar no club de lectura "As Portadas" (persoas adultas) en obras literarias que xurdiron de situacións semellantes. Nese sentido determinamos que se podían dar distintas situacións:



1) Obras literarias que arrincan a trama cunha situación de arredamento da sociedade por unha alarma xeral para afestarse dun andazo ou pandemia. O mellor exemplo sería o Decamerón, obra mestra da literatura medieval que comeza cun grupo de sete mozas e tres mozos que se illan para fuxir da Peste Negra de 1348 nas aforas de Florencia. Cada persoa conta 10 historias polo que temos ao final 100 relatos que se poden considerar contos longos ou noveliñas moi curtas. O escritor italiano G. Boccaccio escribiu esta obra entre 1351 e 1353 e mostra unha ampla variedade de narracións que se poden encadrar moitas delas no ámbito sensual


2) Obras nas que as autoras ou autores se recluíron por diversos motivos para compoñer as súas obras. Nesta liña teriamos unha obra que comezou sendo un relato que posteriormente se converteu nunha das novelas de terror máis recoñecidas da historia. Trátase de Frankestein da autora inglesa Mary Shelley. No verán de 1816 unha erupción volcánica provocou un pequeno cambio climático temporal que escureceu o ceo e arrefriou o tempo; este ano coñécese como o "ano sen verán" no hemisferio norte. Mary Shelley visitou, co seu marido Percy B. Shelley, a Lord Byron nunha vila termal suíza. Este escritor retou aos Shelley e ao seu médico persoal, Polidori, a escribir unha historia de terror. Mary non concluíu o libro pero redactou unha pequena historia que levaría, en 1818, a publicar unha das consideradas novelas góticas máis coñecidas da historia: Frankestein ou o moderno Prometeo,sendo reescrita por completo en 1831.


3) Obras nas que a autora foi protagonista dunha reclusión forzada e contou a súa experiencia. Nesta liña temos unha recoñecida obra tristemente famosa polas circunstancias históricas nas que se produciu a reclusión: A casa de atrás, máis coñecido como Diario de Ana Frank, obra que recolle os dous anos que esta adolescente permaneceu oculta dos nazis xunto coa súa familia de orixe xudía. A obra relata o día a día de 1942 a 1944 de 8 familiares nunha casa de Ámsterdam durante a Segunda Guerra Mundial que se agochan do exterminou nazi ata que son delatados e chegan as tropas alemás rexistrar a casa; xusto nese momento interrómpese a narración. Otto Frank, pai de Ana, foi o único das 8 persoas que alí estaban que sobreviviu aos campos de concentración e que posteriormente compilou os diarios da filla e os levou a publicar.

4) Obras (post)apocalípticas, baseadas nunha situación de desintegración da sociedade por mor de algún mal que leva a que cadaquén sobreviva como pode. Destaca neste apartado Ensaio sobre a cegueira do premio Nobel portugués José Saramago. A obra fala dunha pandemia que consiste nunha "cegueira branca" repentina que leva a confinar as persoas infectadas e á represión posterior do exército ata o punto de volverse case insostible a situación; o caos organizativo provoca unha situación na que as actuacións amorais se converten en habituais e a sociedade se desintegra; mais unha personaxe (a muller do médico) manterá a visión cando toda a humanidade se volve cega e iso converteraa en guía. Esta obra de 1995 é unha marabillosa obra mestra que mostra a fina liña que nos separa da deshumanización.

Tendo en conta todos estes parámetros podemos achegar unha listaxe de obras que dun xeito ou doutro cumpren estes requisitos relacionados co confinamento, sendo moitas delas grandes obras literarias. Vexamos as tiradas das propostas no noso Club:

A peste de Albert Camus
A morte en Venecia de Thomas Mann
Macbeth, Antonio e Cleopatra e Rei Lear de Shakespeare
Un hiver à Majorque de George Sand
Edipo rei de Sófocles
Os noivos de A. Manzoni
Diarios de Samuel Pepys
Diario do ano da peste de Daniel Defoe
La perorata del apestado de Gesualdo Bufalino
A máscara da morte vermella de E. Allan Poe
As rulas de Bakunin de A. Riveiro Coello
Gripe mortal de P. Carlos Caralps
Amor en los tiempos del cólera de Gabriel García Márquez
Los girasoles ciegos de Alberto Méndez
Asasinato no Orient Express de A. Christie 
Peste escarlata de J. London
A flor de piel de J. Moro
Laura no deserto de A. Riveiro Coello
Agosto do 36 de X. Fernández Ferreiro
El paciente inglés de Michael Ondaatje
Nazarín de Galdós
Campo francés de Max Aub
Sol de inverno de Rosa Aneiros
Cristo se detuvo en Eboli de Carlo Levi
La fundación de Buero Vallejo
Himmelweg de Juan Mayorga
De profundis de O. Wilde
Los vencidos de Antonio Ferres
Bretaña, Esmeraldina de X. L. Méndez Ferrín
Se isto é un home de Primo Levi
Más allá de la culpa y la expiación de Jean Améry
Cuerda de presas de Fidel Martínez
La voz dormida de Dulce Chacón
Kapo de Aleksandar Tisma
Sin destino de Kertész
Maus de Spiegelman
Seguir viviendo de Ruth Klüger
Ana no de Agustín Gómez Arcos
Una bala para el recuerdo de Maite Carranza
¡Hurra, estamos vivos! de Ernst Toller
La ratonera de A. Christie
Autobiografía de Manuel Martínez de Eduardo Romero
Necrópolis de Alfonso Sastre
Plop de Rafael Pinedo
Resistencia de Rosa Aneiros
A estrada de Cormac McCarthy

30 de xaneiro de 2020

Día da Paz co club de 5ºA

O club de lectura de 5º A representamos a obra O patadón para toda primaria este 30 de xaneiro. A obra contou co seguinte reparto de papeis:

LECTORA: Carolina

NENO 1: Yago
NENO 2: Marcos
GRANDULLÓN: David
PELOTA (transportadora): Noa
SEÑORA: Sabela
GARDA: Mariña
SEÑORA DO PARQUE: Leyre-Manuel (por ausencia)
ARQUITECTA, ENXEÑEIRA,....: Alba, Daniela, Ainhoa
SEÑORA DO PARQUE: Gabriela