31 de outubro de 2023

Actuación do club "atrevido" de 2º de ESO

 No noso centro temos varios grupos de alumnado no club de lectura; pero este curso hai un que levou un certo pulo. Trátase do club "atrevido", que está formado maioritariamente por alumnado masculino e isto non é habitual. E a verdade é que se "atreven" con moitas cousas. Este alumnado é fundamentalmente de 2º de ESO, pero ollo, tamén hai varias mulleres que teñen moita valía neste club.

Este grupo preparou dúas actuacións para este Samaín. Por unha banda fixeron unha adaptación breve do conto "sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste, incluído no libro Dos arquivos do trasno. A outra actuación consistiu nunha canción "a capella" baseada no ritmo do "Sacristán de Coímbra" pero cunha liberdade textual que triunfou na actuación. Hai que felicitar a creatividade do grupo.




Os integrantes do club son os seguintes:

Kevin Aguilar Rodríguez

Abel Escariz Alfonso

Lois Feixó Coba

Nicolás Fernández Güimil

Juan Fontán Blanco

Raúl Piñeiro De la fuente

Sabela Fojo Díaz

Andrea García Vázquez

Mateo González Aspérez

Iago Lorenzo Souto

Mario Luna Fuentes

David Piñeiro Pérez

Adán Pomar Fariña


Achegamos uns vídeos das súas actuacións

Enterro do Bieito Club Atrevido Samaín 2023

Sacristáns cantareiros de medo Atrevidos Samaín 2023



Actuación do club de 1º de ESO no Samaín

 Este curso comezaron as actuacións de Samaín cunha achega do alumnado do club de lectura de 1º de ESO; en realidade contribuiron con dúas achegas. Por certo, sempre hai algunha actuación de secundaria na que nos fan participar...

A primeira actuación baseouse nunha adaptación libre dunha historia sobre a Santa Compaña. A segunda foi a lectura dunha beberaxe máxica cun conxuro libre feito con certo parecido ao dunha queimada; preparouse unha potada noxenta... bebidas azucradas encarnadas... sen alcol. E por riba fixéronnola probar...






Nestas obriñas participaron:

Sara Barreiro González

Uxía Gómez Barreiro

Irene Lodeiro Calviño

Noa Rey Otero

Carla Gago Oubiña

Icía Ríos Pérez

Uxía Ríos Pérez

Alicia Vázquez García


Deixamos tamén uns vídeos dos seus momentos de actuación...

A da Compaña polo club de 1º ESO no Samaín 2023

Conxuro ReQuemeimado do Club de 1º ESO no Samaín



Obra e actuación do club de 6º de Primaria no Samaín

 


Este 31 de decembro o club de 6º de Primaria tamén achegamos o noso gran de area para difundir medo e literatura no centro. No noso caso continuamos cunha saga que comezara o club de 6º do ano pasado; lembrades...? Si, Mortiña. 

Nesta ocasión collemos a obra Mortiña. O amigo pantasma. O libro de Barbara Cantini serviunos de inspiración despois de lelo para facer a nosa versión que modificamos lixereimante e que no club deste ano adaptamos como Mortiña e a amiga pantasma.






Na actuación de 6º acabaron participando estas 6 persoas, se ben algunha desdobrou os seus papeis:


LECTORA: Alba Grande Castro

MORTIÑA: Diana Sofia Da Silva Da Eira

PANTASMA: Icía Constenla Estévez

AMIGA 1: Estela Carreira Lea

AMIGA 2: Candela Fontán Rey

AMIGA 3: Anette Alfonso González

….TÍO AVÓ FUNESTO (VOZ): Estela Carreira Lea

AVÓ FÉRETRO: Candela Fontán Rey

TÍA DEFUNTIÑA: Anette Alfonso González

SANCRISTÁN: Estela Carreira Lea


Deixamos tamén o vídeo da actuación

Mortiña e pantasma de 6º de Primaria no Samaín 2023




Actuación e obra do club de lectura de 5º de Primaria

 Este martes 31 de outubro chegou por fin a data que moitos e moitas estaban agardando: a celebración do Samaín. O club de lectura estivo a ler neste inicio de curso obras para representar nesta data e aquí está a primeira delas. O club de lectura de 5º de Primaria actuou este Samaín 2023 cunha adaptación baseada na obra Un pesadelo no meu armario de Mercer Mayer

A obra foi adaptada despois da súa lectura para achegala á nosa realidade, tanto de intérpretes como de situacións que nos interesaba representar. Ao longo da mañá realizamos ata tres actuacións para que nos puidesen visitar todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. 


Os principais papeis estiveron interpretados por:

Lectora: Laura Silva Valle

PERSONAXES:

Nena: Icía Parra Vázquez 

Nai: Aldhara Chaves Cores

Pai: Roi Fariña Montero

Avoa: Alma Maquieira Romero

Monstro 1: Alexia Romay López

Monstro 2: Lara Callón Saborido



Achegamos tamén un vídeo da actuación


Pesadelo de 5º Primaria no Samaín 2023



30 de outubro de 2023

Planificación das actuacións para o Samaín

 Achegamos a planificación deste martes 31 de outubro para o Samaín 2023.


HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

ALUMNADO QUE ASISTE

9.45-

10.50

Clase normal

Aulas habituais

Toda o centro

10.50-

11.25

CLUB DE LECTURA DE PRIMARIA

(5º e 6º , dúas obriñas)

 

Biblioteca

Infantil e 1º PRIM.

 

.

 

 

 

11.55-12.20

CLUB DE LECTURA DE PRIMARIA

(5º e 6º , dúas obriñas)

 

Biblioteca

2º, 3º e 4ºB PRIM

12.40-13.10

CLUB DE LECTURA DE PRIMARIA

(5º e 6º , dúas obriñas)

Biblioteca

4º A, 5º e 6º PRIM

13.30-14.10

CLUB DE LECTURA DE SECUNDARIA

 

Biblioteca

2º e 3º ESO

15.45-16.20

CLUB DE LECTURA DE SECUNDARIA

 

Biblioteca

1º E 4º ESO


9 de outubro de 2023

Club de persoas adultas

 Ola!

Benvidas e benvidos ao curso 2023-2024!

O club de lectura para persoas adultas pretende este curso estender a lectura entre a comunidade lectora de Portas, polo que ademais de publicar no blog e nos taboleiros do centro as nosas propostas, tamén procurará mandar un Abalar para que algunhas familias se acheguen ao centro.

As reunións do club serán mensuais e decidimos convocar a primeira para finais de mes:

Reunión do club adulto:

Data: Martes, 31 de outubro 

Hora: 17.30 horas (ata 18,30 horas, aproximadamente)

Lugar: Biblioteca

Obra: As alumnas

Autora: Paula Carballeira
 

Club de lectura de 6º de Primaria

 Ola!

Aquí estamos o club de lectura de 6º de Primaria no comezo dun novo curso; seguimos as integrantes orixinais e apuntouse algunha nova compañeira no centor.

Comezamos a nosa actividade coa vista posta no Samaín e para iso escollemos un libro de medo que continúa cunha saga que xa se dramatizara o curso pasado....

Con todo, decidimos adaptalo libremente e faremos un guión con base nesa obra pero conforme ás nosas inquedanzas e integrantes do club.

Se todo vai ben, o 31 de outubro veredes a nosa primeira proposta en público.

Un saúdo

Club de lectura de 5º de Primaria

 O club de lectura de 5º de Primaria xa comezou a súa actividade e a primeira actividade do curso foi ler un libro de medo para preparar e ler dramatizadamente no Samaín.

Despois da lectura decidimos adaptalo libremente e faremos un guión con base nesa obra pero con adaptación ás nosas circunstancias e integrantes do club.

O 31 de outubro veredes a nosa primeira proposta en público.

Club de lectura "As Portadas" 2023-2024". Horarios regulares.

 Ola! Boas!

Comezamos un novo curso no club de lectura "As Portadas" do CPI Domingo Fontán de Portas.

Achegamos a planificación prevista para o funcionamento regular dos diferentes grupos que engloban o noso macroclub de lectura. Algúns dos clubs específicos poderán facer máis reunións para preparar diferentes obras ou materiais pero as reunións fixas quedan deseñadas como se menciona a continuación.

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS

Club de 5º de PRIMARIA: xoves, de 11,25 a 11,55 horas (semanalmente). Encargado do grupo: Xoán Constenla.

Club de 6º de PRIMARIA: venres, de 11,25 a 11,55 horas (semanalmente). Encargado do grupo: Xoán Constenla.

Club de 1º ESO: Luns, de 12,15 a 12,40 horas (semanalmente). Encargada do grupo: María Roma

Club atrevido: Luns de 12,15 a 12,40 (mensualmente, unha vez); responsable Xoán Constenla;

ADULTOS:  Martes de 17.30 a 18.30 horas (presencial, 1 vez mensualmente); On line e por grupo de WhatsApp.