9 de outubro de 2023

Club de persoas adultas

 Ola!

Benvidas e benvidos ao curso 2023-2024!

O club de lectura para persoas adultas pretende este curso estender a lectura entre a comunidade lectora de Portas, polo que ademais de publicar no blog e nos taboleiros do centro as nosas propostas, tamén procurará mandar un Abalar para que algunhas familias se acheguen ao centro.

As reunións do club serán mensuais e decidimos convocar a primeira para finais de mes:

Reunión do club adulto:

Data: Martes, 31 de outubro 

Hora: 17.30 horas (ata 18,30 horas, aproximadamente)

Lugar: Biblioteca

Obra: As alumnas

Autora: Paula Carballeira
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario