9 de outubro de 2023

Club de lectura "As Portadas" 2023-2024". Horarios regulares.

 Ola! Boas!

Comezamos un novo curso no club de lectura "As Portadas" do CPI Domingo Fontán de Portas.

Achegamos a planificación prevista para o funcionamento regular dos diferentes grupos que engloban o noso macroclub de lectura. Algúns dos clubs específicos poderán facer máis reunións para preparar diferentes obras ou materiais pero as reunións fixas quedan deseñadas como se menciona a continuación.

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS

Club de 5º de PRIMARIA: xoves, de 11,25 a 11,55 horas (semanalmente). Encargado do grupo: Xoán Constenla.

Club de 6º de PRIMARIA: venres, de 11,25 a 11,55 horas (semanalmente). Encargado do grupo: Xoán Constenla.

Club de 1º ESO: Luns, de 12,15 a 12,40 horas (semanalmente). Encargada do grupo: María Roma

Club atrevido: Luns de 12,15 a 12,40 (mensualmente, unha vez); responsable Xoán Constenla;

ADULTOS:  Martes de 17.30 a 18.30 horas (presencial, 1 vez mensualmente); On line e por grupo de WhatsApp.


Ningún comentario:

Publicar un comentario