16 de decembro de 2022

Lectura de Juul


 Este mes de decembro volvemos ás reunións ordinarias do club de lectura, en concreto dos de 5º e 6º.

A obra que escollemos foi Juul, pensando xa na volta das vacacións e na posibilidade de ler unha obra que fale da violencia dos insultos e como lle afectan a un boneco.

A partir desta obra decidimos que xirará o noso traballo para preparar unha versión libre, adaptada por nós, para a representación no Día Escolar da Non Violencia (30 de xaneiro).

A nosa lectura foi en galego cunhas fichas de só texto, pero ante a curiosidade levantada no club pola dureza (e sorpresa) de que iso estivera nun libro infantil deixamos mostra dun enlace para achegarse á obra.

https://micolederiogordo.files.wordpress.com/2010/01/4016436-juul.pdf

O libro de Gregie de Maeyer e Koen Vanmechelen, aparentemente duro, é unha comprometida chamada de atención para que as persoas que o lean reflexionen sobre a crueldade e a violencia que pode chegar a darse entre a rapazada.

Con todo, Juul é un proxecto que intenta concienciar que tamén hai nenos e nenas (e persoas) que non insultan e invita a reflexionar como iso axuda aos demais. Nunha segunda parte, polo tanto, continuación do libro, podemos dialogar coa rapazada sobre que os insultos deconstrúen ao boneco e como as palabras de ánimo ou a atención adecuada nos axudan a reconstruírnos.

Polo tanto, sobre esta obra xirará a nosa actividade o vindeiro mes pero, como sempre, farémolo á nosa maneira.

E Bo Nadal!...

15 de decembro de 2022

Lectura de Primaria para o Nadal

 Despois dun parón pola ausencia do coordinador do club, volvemos con forza.

O club reuniuse de novo e decidiu ter unha obra recomendada para o nadal:

-O valo de Carlos Labraña

Esta obra está indicada tanto para 5º como para 6º, así que esperemos que nos guste

BOAS FESTAS!

13 de decembro de 2022

Club Atrevido

 O club atrevido reuniuse por primeira vez este curso. Os martes, preferentemente o primeiro de cada mes, de 12.15 a 12.40 teremos a xuntanza.

O club é de acceso libre pero as preferencias lectoras estableceranse a partir de pedimentos masculinos, coa finalidade de aumentar a presenza de lectores neste club.

A decisión xeral é que se lean preferentemente cómics, novelas gráficas e/ou banda deseñada. Tamén se admiten obras divertidas, comedias ou libros con sucesos cómicos...

Como primeira obra escollemos banda deseñada: 

El hobbit

25 de novembro de 2022

Lectura no 25N

 No Día da Violencia contra a Muller, o 25 N, o club de lectura seguiu activo (a pesar de que o coordinador este mes non pode estar no centro)

No club seguimos traballando e participamos nos actos que se realizaron para conmemorar esta data e seguir avanzando na loita pola igualdade.

O noso club, integrado por moitas mulleres, participou activamente nas actividades e moitas ofrecemos a lectura para o alumnado do centro.

Así, unha representación de alumnado do club de 5º e 6º de Primaria e parte de alumnado que integra o de ESO participaron na lectura de Haikus 

Con esta sinxela actividade contribuímos a seguir creando un mundo máis concienciado na non violencia contra a muller e na non discriminación por razón de sexo ás mulleres

28 de outubro de 2022

Actuación do club de lectura de ESO


Ola!

Despois  duns cursos nos que a pandemia do COVID nos tivo fóra de xogo para realizar actos conxuntos por fin volvemos a un curso onde podemos actuar xuntos e xuntas.

No Club de ESO estamos fundamentalmente xente de 1º e 2º de ESO e pasámolo moi ben preparando esta primeira lectura pública para o SAMAÍN.



Este curso recuperamos un clásico que nos encanta: Os sesos do morto. 





É un pequeno conto que imos relatando en inglés e que traducimos, case simultaneamente, ao galego...


Trátase dunha obra na que ademais se vai interactuando co público e na que lles ofrecemos unha experiencia case real...


Cos ollos tapados ímoslle pasando os restos mortais dun cádaver e comezan tocando os sesos pero logo van pasando outras partes do corpo...




Na EXECUCIÓN da obra estiveron 

Produtora: Noa

Lectora en inglés: Leila

Lector en galego: Marcos

Repartindo os restos mortais...

Alba, Daniela, Mariña Campañó, Yago, Sabela, Mariña Barreiro, Andrea e Sofía.


Este curso estendemos a nosa actuación polo centro. Por primeira vez actuamos para 5º e 6º de Primaria (era a primeira vez que se probaba con esta etapa educativa, e parace que lles gustou, son TERRIBLES...)

Primeiramente actuaramos para 1º e 2º de ESO, a seguir foron 3º e 4º para finalmente, despois do recreo, actuar por primeira vez para PRIMARIA e parece que o pasaron xenial, é dicir mal, tan mal como na ESO.

En fin, non queremos DESTRIPAR máis o que foi a experiencia pero como podedes ver foi ARREPIANTAMENTE ANIMADA...

dESPOIS disto, se podedes, que teñades...

BO SAMAÍN...


Vídeo da actuación de 6º de Primaria

 

Para lembrar o que fixemos aquí tendes a nosa actuación na segunda representación (na sesión que tivemos cos cursos de 2º, 3º e 4º de Primaria, pero fixemos outras dúas máis, eh!)

(Premede no seguinte enlace para ver a obra)

Mortiña, por 6º de Primaria


Lectura dramatizada de 6º de Primaria no Samaín

 E chegou a data de desvelar a nosa obra para o Samaín... Moitos e moitas de vós víannos ir á biblioteca, ensaiar nos recreos, subir á Aula A (a grande na zona de Secundaria). 

Pero para que era?

Para isto. Para preparar a nosa obra

Trátase de...

Mortiña

Esta obra ofrecémola este venres 28 de outubro para Infantil e 1º de Primaria, logo para 2º, 3º e 4º e finalmente para 5º e 6º.

Fixemos a nosa propia versión, adaptando algunhas partes para facela máis fluída e intentando que vos gustase o máximo posible...

Esta obra non fala só dunha nena zombi, fala tamén dunha nena apartada, dunha nena illada e que ao final consegue o que máis desexaba, integrarse cos demais nenos e nenas...

Tiñamos moita gana de presentar a obra xa que estivemos, como xa dixemos, ensaiando intensamente todo o mes.

 Os últimos 15 días estivemos especialmente activos e activas, onde faciamos algúns días ata dous ensaios...

Estes foron os papeis que desenvolvemos cadaquén do club na obra...

LECTORA 1: Carla

LECTORA 2: Irene

MORTIÑA: Icía e Uxía Ríos

TÍA DEFUNTIÑA: Noa

NAI DE RAPAZ-PANTASMA: Alicia

BRUXA: Uxía Gómez

VAMPIRO/-A: Roi M

PANTASMA: Roi Piñ

PIRATA ESPECTRAL: Sara

MOMIA: Hugo


Vídeo da actuación de 5º de Primaria no Samaín



 Aquí vos deixamos a actuación de 5º de Primaria no Samaín: O soño de medo

(premede no enlace para ver o vídeo)

Actuación de 5º de Primaria no Samaín

 E chegou o día!


Este 28 de outubro por fin presentamos a obra que estivemos preparando; para as tres actuacións que fixemos a escollida foi...

O soño de Esther 

Esta obra adaptámola libremente e designámola como O soño de medo. 

Tamén temos vídeo pero deixámosvos primeiro algunhas fotos...


De esquerda a dereita temos as seguintes integrantes do club de 5º

Esther: Icía Constenla

Nai: Sandra García

Lectora/narradora: Diana Da Silva Da Eira

Avoa: Candela Fontán

Irmá: Estela Carreira



Despois dunha longa mañá de actuacións finalmente posamos para lembrar esta data.

O mellor de todo veu despois, porque déronnos algunhas lambetadas...

Así aínda é máis pracenteiro actuar...





17 de outubro de 2022

Mes de medo na ESO e lecturas do trimestre

 O club de lectura de ESO tamén comezou a movilizarse este curso. En concreto queremos poñernos en acción de cara a preparar algo de cara ao Samaín.

Temos falado da lectura de Cando petan na porta pola noite e escoller algún conto desa obra, pero o tempo bótase enriba, polo que non sabemos se vos regalaremos unha actuación baseada nesa obra...

Igual volvemos a outra actuación máis clásica, pero iso saberédelo o vindeiro 28 de outubro...

Ademais, falamos das lecturas para o trimestre...

Serán:

-Illa soidade de Ann Alfaya

-Quen dá a quenda de Héctor Cajaraville

14 de outubro de 2022

Primeiras lecturas e reunións do club de 6º de Primaria

 En 5º xa comezaron as reunións pero en 6º non nos queremos quedar atrás e tamén xa seleccionamos obras para escoller unha lectura que adecuar de cara ao Samaín.

As obras que resultaron finalistas para a lectura que escolleremos para a dramatización na festa próxima a Defuntos foron:

O esqueleto

Tanneke, princesa das bruxas

Barbazul

Mortiña

Algunha destas será a elixida... Pero, cal?

13 de outubro de 2022

Primeiras lecturas e ensaios de 5º de Primaria



 O alumnado de 5º de Primaria xa comezou as reunións para preparar unha lectura dramatizada de cara ao samaín.

Tras a preselección de varias obras por parte do alumnado, escollemos unha lectura  para preparar unha actuación para todo o centro en Samaín.

Aquí están algunhas:

Un pesadelo no meu armario

Papá ogro

O soño de Esther

O esqueleto

Que susto!

CAL CREDES QUE ESCOLLEMOS????


O vindeiro venres 28 de outubro veredes o noso traballo xa que faremos unha adaptación libre da obra escollida.


Club de lectura 2022-2023. Horarios

 Ola!

Benvidas e benvidos neste novo curso ao noso blog.

O Club de Lectura "As Portadas" xa está en marcha para este ano académico e imos aproveitar para indicarvos os calendarios de reunión...

CLUB DE 5º de PRMIMARIA: xoves de 11.25 a 11.55

CLUB DE 6º DE PRIMARIA: venres de 11.25 a 11.55

CLUB DE ESO: luns de 12.15 a 12.40

CLUB DE LECTORES ATREVIDOS: venres de 12.15 a 12.45

Lembrade que xa estamos a preparar o Samaín polo que algúns días teremos reunións extra este mes. Indicarémolas na presentación do traballo que está a facer cada grupo. 

Un saúdo e boas lecturas...

15 de xuño de 2022

Booktubers de 6ºB

 En 6º B tamén estivemos traballando como booktubers.

A profe Jéssica foi a que nos guiou no proceso.

Deixamos aquí o enlace para poder ver os vídeos do club de lectura de 6º B onde cada persoa da clase dá a súa opinión sobre un dos seus libros favoritos:


https://drive.google.com/drive/folders/1PvJc-bFvCI1wQZ_UpDsoCn8ZsrKXXGeT?usp=sharing

26 de maio de 2022

2º Booktuber de 6ºA

 Agora deixamos as impresións de Juan sobre o seu libro




Booktubers de 6ºA

Este trimestre estivemos traballando cos nosos gustos literarios e preparando unha exposición breve sobre un dos nosos libros preferidos. Aquelas persoas que quixeran podían acabar facendo un booktuber.

Ao final,  Andrea e Juan animámonos a gravar a nosa reflexión sobre o porqué nos gusta determinado libro, en concreto son Matilda e  Os once (o dianteiro que voaba á tardiña), respectivamente.

Aquí vos deixamos as nosas impresións. 

Primeiro, Andrea; sobre o seu libro