27 de febreiro de 2012

Os "autores" de O lapis do carpinteiro


Novela
---Manuel Rivas Barros, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG[1].   Manolo Rivas comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine.
A vixésimo cuarta edición de O lapis do carpinteiro, a novela máis vendida de Manuel Rivas,  sitúa o seu número de exemplares vendidos en 80.000, unha cifra verdadeiramente relevante para a edición en lingua galega.


Film
---Antón Rodríguez Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.
En 1998, estréase na TVG, baixo a dirección de Reixa, Mareas vivas, unha serie ambientada na Galicia mariñeira actual que bateu récords de audiencia na canle autonómica.
Un ano máis tarde, e con parte do equipo de Mareas vivas, Antón funda Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora é a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. Esta vez, Reixa atrévese coa dirección de longametraxes.
Anton Reixa dirixiu esta longametraxe  que se  publicou en 1998 con Luis Tosar, Tristán Ulloa e Maria Adánez como actores principais. Esta longametraxe tivo certo éxitoe gañou varios premios Mestre Mateo.

A novela

Título: O lapis do carpinteiro

Autor: Manuel Rivas

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 1998


O lapis do carpinteiro é unha historia de amor en tempos da Guerra Civil española (1936-1939).
O libro aborda a historia dun grande amor entre Marisa Mallo e o médico  Daniel Da Barca. Fronte a eles a conxelante mirada dun home chamado Herbal, o garda da cadea na que está o doutor.
O “lapis do carpinteiro” é o testemuño dunha traxedia curativa e unha loita contra o esquecemento que demostra o poder do amor.
Herbal é o personaxe máis interesante da obra: ten envexa, celos e admiración ao mesmo tempo por un home ao que despreza e respecta ao mesmo tempo.
O Doutor da Barca é un home íntegro, forte nunha situación difícil, valente, que intenta protexer a súa amada mesmo dicíndolle que o olvide debido á situación na que está, xa que ve que ten un pé no outro mundo; ao final non gañan a guerra os seus ideais pero a nivel persoal consegue quedar co seu amor.
Marisa Mallo é un personaxe interesante que non se resigna a quedar coa vida máis fácil senón que loita polo que quere, o seu amor, aínda que estea no cárcere.
A obra está baseada en feitos reais e aínda que moitos dos feitos que se contan son ficticios parte do argumento é real o que lle engade un maior valor, se cabe, á obra.
No apartado negativo poderiamos poñer a caracterización do doutor da Barca que é un pouco plano, xa que é sempre perfecto, íntegro, bo, seguro, alegre, etc, pero en xeral a obra resulta entretida e lévanos á sempre difícil época da guerra.

O film

Título: O lapis do carpinteiro
Director: Antón Reixa
Intérpretes: Tristán Ulloa, María Adánez, Luis Tosar
Ano de estrea: 2003
Argumento: Herbal, un vello que está tomando algo, cóntalle unha historia de cando era novo a unha moza que acaba de deixar que marche un seu cliente de traxe branco; sempre leva un lapis de carpinteiro que o acompaña dende o ano en que España se partiu en dous.
 Lembra Herbal cando era Garda Civil e como vixiou ao doutor Daniel da Barca e a súa moza antes do alzamento militar de 1936.  Herbal, invisible aos ollos da parella, convértese na súa sombra, fascinado polos coñecementos de Daniel, a beleza de Marisa e o amor de ambos os dous. Pronto empeza a mesturar o odio coa paixón, a admiración cos celos e a obriga coa obsesión.
Ao comezar a guerra, Daniel é encarcerado polas súas ideas, pero non é un recluso calquera; a súa cultura, a súa imaxinación e o seu compromiso fano popular entre os seus compañeiros e convérteno en centro de atención para os gardiáns. Xa no cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil (1936-1939), un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio, incluído o doutor da Barca. O gardián Herbal obsérvao todo e cando levan ao debuxante para matalo, queda co lapis.
A partir desta escena,  destaca unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación. Dende fóra, Marisa loita contra a intolerancia do seu pai, un reaccionario oportunista que lle quere impoñer un marido militar, pero Marisa resiste e intenta desesperadamente que o seu noivo recupere a liberdade.
Herbal, que na casa sofre sen rebelarse ante os maltratos que a súa irmá recibe dun marido violento e egoísta, odia a integridade do doutor e envexa o amor que lle ten Marisa mais ás veces, como sen querer, protéxeo.
Ao final da historia gaña o amor dos namorados aínda que perdan os ideais do doutor a guerra. Cando volve ao presente, Herbal sae do club e chega o final... a visita do home de traxe branco da historia que contara o pintor que debuxaba cun lapis de carpinteiro
Premios: A película baseada no libro, dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán  Ulloa, María Adánez, e Luis Tosar foi estreada en 2003 e seleccionada para presentarse nos Premios Goya, da Academia Española do Cine. A Película foi gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor longometraxe, e algúns dos seus protagonistas como Luis Tosar e María Pujalte  recibiron os Premios Mestre Mateo 2003 á mellor interpretación masculina e á mellor actriz de reparto. Destaca a interpretación de Luis Tosar, que interpreta ao garda civil Herbal.

O lapis do carpinteiro

A obra artística que vimos baixo unha dobre perspectiva (a literaria e a cinematográfica) neste segundo trimestre foi O lapis do carpinteiro:
1) A novela pertence a Manolo Rivas, autor galego e que escribe basicamente a súa obra no noso idioma e que logo é traducida a outras linguas, entre elas o castelán.
2) O film baseado na novela é de Antón Reixa, director galego que destacou noutros campos artísticos como o musical e o literario.

Na película participaron actores e actrices galegos, como Luis Tosar, e outros foráneos; con todo, en liñas xerais as interpretacións son bastante boas, destacando as do mencionado Tosar e as dos protagonistas