21 de decembro de 2017

Conto de nadal: un clásico para o Festival de Primaria

A adaptación do clásico de Dickens foi a actividade que realizamos estas semanas no club de Primaria para o Festival de Nadal.

O día 20 de decembro baixamos ata o auditorio da Azucreira para realizar a representación da obra que seleccionamos para este fin de trimestre.

Os papeis que tivemos foron os seguintes (adaptados algúns a protagonsitas femininas):

Narradora: Carla
Scrooge: Lucía
Eli (empregada de Scrooge): Katy
Sobriña Scrooge: Carla O.
Pedidor de esmola: Sabela
Moza de Scrooge (no pasado): Nuria
Irmá de Scrooge (de pequena): Aroa
Scrooge pequeno: Sabela
Fantasma Marley: Laura
Fantasma Pasado: Natalia
Fantasma Presente: Sabela
Fantasma Futuro: Bianca
Muller de Eli: Noa
Filla 1 de Eli: Nerea
Filla 2 de Eli: Sara
Limpadora no futuro: Nuria
Home no futuro: Laura

Algunhas recomendacións para o nadal: libros para agasallar

O club de lectura "As portadas", en colaboración co EDLG, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca, elaborou un tríptico con algunhas recomendacións de libros para o nadal.

Obras para Primeiros lectores, lectores intermedios e lectores avanzados de Primaria foron as indicacións do interior. Logo viñeron algunhas obras de literatura xuvenil e literatura para adultas e adultos.

Queremos lembrar que un libro é sempre un interesante agasallo. Debemos ter en conta os gustos de cadaquén, as nosas recomendacións fixémolas tendo en conta a experiencia de gustos que adoitamos atopar segundo as diferentes idades. Pero hai moitas máis obras que se poden agasallar e, mellor aínda, ler.

Bo NadaLectoR

25 de novembro de 2017

O club de lectura de ESO contra a violencia machista





Este venres 24 de novembro realizamos no noso centro o acto principal do club de lectura contra a violencia de xénero. O alumnado de 2º de ESO que o integra, escollemos unha obra de Fina Casalderrey e Francisco Castro, O neno can, de onde sacamos a historia " A voda de Leila", ambientada nun deserto afroasiático indeterminado, onde culturalmente obrigan a casar a rapazas novas con homes maiores e móstrase o conflito que se ocasiona se unha nena di non o día da voda.

A historia representámola para toda a ESO. Realizamos unha dramatización do conto, con narración e interpretación adicionada cos diálogos da historia, que eran moitos. Na primeira quenda actuamos para 1º de ESO e na segunda actuamos para terceiro e cuarto.





Este acto completou moitas outras actividades que se veñen realizando no centro, en concreto desde o Equipo da Biblioteca que encheu de carteis o centro contra a violencia machista. Porque a violencia non é unha soa. Son moitas e as máis chamativas son as que acaban en vítimas mortais, pero ao lado hai outras moitas que non se deben invisibilizar, como a aniquilación da personalidade de moitas persoas, especialmente mulleres, obrigadas a facer o que outros queren ou deciden por elas.


31 de outubro de 2017

O Samaín do club de ESO

O club de lectura de ESO fixo, como todos os anos, unhas versións para o Samaín.





O club temático de inglés integrado por alumnado de 3º de ESO actuou para 5º e 6º de Primaria e logo para 1º-2º e 3º-4º de ESO, nun par de actuacións diferentes.
















O club de lectura de 1º de ESO realizou dúas obras baseadas en contos de medo para representar nesta celebración do centro para o Samaín

Unha historia popular: a lenda da discoteca Androides

O club de 6º de Primaria buscamos unha lenda urbana sobre aparicións e sucesos misteriosos. Partindo desa historia fixemos a nosa versión



Arredor dunha discoteca dos anos 80 existe unha lenda sobre a aparición dunha rapaza que namorou un rapaz nunha noite chuviosa. Pero cando a foi buscar ao día seguinte...



Esta historia que contamos para 3º-4º e 5º-6º crea un arrepío psicolóxico. No medio da nosa vida normal, non todo o que vemos ten por que selo, aínda que o pareza.

Interpretación de A min non me comas

A obra A min non me comas interpretámola unha parte do club de 5º de Primaria para 2º, 3º-4º e 5º-6º en tres actuacións consecutivas





A primeira  sesión compartimos protagonismo despois de Taneke, que dramatizaron o resto de integrantes do club de 5º de Primaria e as demais sesións fixemos a apertura antes da obra A lenda da discoteca Androides do club de 6º de Primaria
















Ao final das actuacións quedamos moi satisfeitas porque mantivemos o interese do público e arrincámoslle un sonoro aplauso ao final. A nós era o que máis medo nos daba, que non lle gustase a obra e a quen a viu esperamos que lle désemos un pouquiño de medo coa nosa historia


Dramatización de Tanneke

A obra Tanneke, representámola para Educación Infantil, 1º, e 2º en tres actuacións consecutivas.











A obra contou con narración ao tempo que as personaxes interpretaban os seus diálogos


Encántanos este xeito de narrar. Tras moitos ensaios de lectura e interpretación conseguimos manter a atención dos máis pequenos do centro durante os dez minutos que durou a interpretación.


Samaín 2017 de Educación Infantil e Primaria

Este 31 de outubro volvemos facer algo arrepiante: contámoslle unhas historias de medo ao alumnado do noso centro. Estas foron as obras que se representaron e grupos que actuaron co seu papel dramatizado

Tannekke, a princesa das bruxas 
Sabela, de Tanneke
Sara, de Bruxa e fada-profesora
Carla, de Bruxa e fada-profesora
Nuria, de Bruxa e fada-profesora
Julio, de Príncipe
Iago, de narrador










A min non me comas
Bianca, de narradora
Lucía, de María (protagonista transformada en feminino respecto á versión orixinal do libro)
Laura, de Monstro
Katy, de Tía Rosalía
Carla, de Nai













A lenda da discoteca Androides
Naiara, de narradora
Lara, de Pablo (motorista protagonista)
Irene, de moza fantasma
Soraya, de moza asustada
Vanesa, de moza asustada
Eva, de moza asustada e motorista 
Andrea, de nai



17 de outubro de 2017

As Portadas 2017-2018

Ola!

Benvidos ao curso 2017-2018

Un ano máis o club de lectura do CPI Domingo Fontán ponse en movemento.

Este curso contamos de inicio cos seguintes clubs:

5º de Primaria

6º de Primaria (Vanesa Ambroa, Naiara, Soraya, Lara, Irene, Andrea, Eva)

1º ESO

2º ESO

3º-4º ESO

Adultos

16 de marzo de 2017

Libro do club de profes para o segundo trimestre

Aproveitando estes bos días do marzo reunímonos o club de adultas e adultos para falar en conxunto da obra A ira dos mansos e facer distintas suxestións para rematar esta segunda avaliación coa lectura dunha nova obra.






Despois de facer algunhas propostas decantámonos por outra obra de misterio que ten escenarios galegos e na que nada resulta o que parece en principio:

Así acabamos nós, como o título do libro:




14 de marzo de 2017

Día da muller co club de 5º de Primaria

O club de 5º de Primaria traballou este trimestre coa obra "A ratiña presumida" para facer unha versión libre de cara ao Día da Muller. Así saíu a nosa versión libre "A mociña presumida"

Deixámosvos coa obra que representamos:

A nova mociña presumida (versión libre de A ratiña presumida)
Mociña: Lara
Amiga: Eva
Mociño: Xoel
Malote: Sebas (no papel de Iván)
Rapeiro: Nayara
Mozo Relambido: Vanessa
………………………………………………………………………………                                                                                        
MOCIÑA (no parque): Que bo día está hoxe, vai moita calor.
MOCIÑO: Ola, Lara, bo día
LARA: Que queres?
XOEL: Queres vir comigo ao cine.
LARA: Non, estou esperando por unha amiga.
XOEL: Vale, se non queres non pasa nada.
LARA: Oh, algo brilla aí.
XOEL: Cólleo a ver que é
LARA: Oh! Unha moeda de ouro. Que sorte.
……………………………………..
Chega Eva.
EVA: Ola! Que tes aí Lara?
LARA: Mira, atopei unha moeda de ouro
EVA: Que sorte. Poderás comprar un libro
LARA: Non, que son moi aburridos.
EVA: Pois un lapis e papel
LARA: Non, que me aburrirei

XOEL: E unha mascota?
LARA: Non, que dan moito a nota
EVA: E entón que queres mercar coa moeda de ouro?
LARA: Maquillaxe para a cara, un lazo para o pelo e roupa para o corpo
EVA: E para que queres iso todo?
LARA: Para atopar un bo mozo.
EVA: E cando o vas mercar?
LARA: Agora á tenda vou xa. Quéresme acopañar?
EVA: Si, non teño nada que facer esta mañá.
Marchan Eva e Lara.
……..
IVÁN: Ola Xoel. Que fas aquí
XOEL: Estaba con Eva e Lara, pero deixáronme só
IVÁN: A onde foron?
XOEL: marcharon de compras.
IVÁN: E iso?
XOEL: Lara atopou unha moeda e marchou gastala.
IVÁN: E que vai mercar
XOEL: Maquillaxe, roupa, lazos, cousas que lle gustán á maioría das mulleres
IVÁN: Ás veces anque a mona se vista de seda…
XOEL: Pero que malote es.. Olla aí veñen
Chega Lara
IVÁN: Buá, pero quen é esa?
XOEL: É Lara, ou iso creo
IVÁN (a Lara): Ola, tronca, que ben estás! Queres vir dar un voltio comigo
LARA: En coche?
IVÁN: Non, que non teño
LARA: Pero que te cres, que vou andar por aí no cochiño de San Fernando
IVÁN: Si, un pouquiño a pé e outro pouquiño andando.
LARA: Pois vai indo ti e eu quédote aquí agardando
IVÁN: Ven, non te aburrirás, son moi gracioso, xa o verás
LARA: Iso é o que quererás, mais o meu caso non terás.
IVÁN: Vente, non te arrepentirás xa que moito te divertirás.
LARA: Non teño tempo para parvadas; vaite, non te quero ver máis.
IVÁN: Como queiras. (a Eva); Eva, queres vir comigo, vaste divertir
EVA: Non quero deixar soa a miña amiga.
IVÁN: Como vexas, pero se o queres pasar ben, ven cando queiras.
EVA: Vale.
(Marcha Iván)
LARA: Que pesado é?
EVA: Pois a min paréceme simpático
LARA: E tampouco é moi guapo
EVA: Pero feo tampouco
LARA: Tampouco é rico
EVA: Pero moi divertido
LARA: Dá igual, hai homes moito mellores
(Chega o Rapeiro)
RAPEIRO: Que pasa tías, molades mogollón
                Se me facedes caso, rapearedes un montón
LARA: Non me gusta o rap
RAPEIRO: Escoita o meu verso
                Que o saiba o universo
                Es a moza máis bonita
                Que hai nesta vila
LARA: Tes unha casa luxosa?
RAPEIRO: De cama a herba
De manta as estrelas
É a mellor cela
Para estar cunha moceta
LARA: Se non tes casa, para que vou estar contigo
RAPEIRO: Rapeareiche cancións de amor
                Cantareiche para sanar a túa dor
                E Verás sempre o mundo de cor
LARA: Non me gustas, alónxate de min
RAPEIRO: Se non me queres xunto a ti
                Agora me vou de aquí;
                Eva bonita, queres vir?
                Ímonos divertir
EVA: Non, que non quero deixar a miña amiga soa.
RAPEIRO: Vale, non te preocupes, tía
                Vou para aquela esquina,
                Alí estarei cando ti queiras
(Marcha o Rapeiro)
LARA: Que pesados son, tía
EVA: Pero non canta mal
LARA: A min iso dáme igual
EVA: Pero era máis divertido cando tiñamos amigos, pasabámolo mellor
LARA: Agora que son tan guapa e algo rica, só quero ter un mozo e casar
EVA: Aínda somos novas, iso non é tan importante
LARA: Como que non, se atopo un mozo guapo, rico, con coche e casa grande non haberá nada mellor no mundo.
EVA: Hai cousas máis importantes en que pensar que en casar á nosa idade
LARA: Si, en que?
EVA: En ter amigos, ser bo cos demais, apoialos cando lles fai falta, axudar se  podes, non pensar só en roupa e casar.
(Chega o neno relambido)
RELAMBIDO: Que oen os meus ouvidos. Que non  é importante pensar en roupa e casar? Pero se iso é o máis fashion que existe.  Como me gusta esta moza tan fantastic que está aquí (mirando a LARA)
LARA: Si, ti cres que son fantastic?
RELAMBIDO: Pois claro. Por certo, a ti non che gustaría pasear nun marabilloso coche deportivo
LARA: Pois claro
RELAMBIDO:  E non che gustaría vivir nunha casa mega impresionante
LARA: Non quero outra cousa na vida
RELAMBIDO: E non che gustaría un mozo super molón ao que queren todas pero que el só pensa en ti
LARA: Pois claro que me fliparía
RELAMBIDO: Pois se vés comigo terás todo iso e máis.
LARA: Ai! Es o home dos meus soños. Márchome contigo
EVA: Pero Lara, que fas, se o acabas de coñecer
LARA: Quita Eva, chegou o amor da miña vida
EVA: Espera non te vaias e non me deixes soa, que eu sempre estiven contigo.
LARA: Síntoo, pero é máis importante ter mozo que amigas. Ciao Eva.
RELAMBIDO: Oh si, ademais non pega nada contigo. Ciao farrapenta
(Marchan rindo e deixan a Eva soa)
EVA: Espero que non se arrepinta do que fai. En fin. Vou ir buscar o resto da panda
(Marcha Eva)
………….



(Entran facendo bromas e rindo todos)
XOEL: Ei! Parade un momento. Sabedes onde estamos?
EVA: Si, este é o parque onde viñamos con Lara.
IVÁN: Que sería de ela
EVA: Xa hai dous meses que marchou e non volvemos ter novas súas
RAPEIRO: A verdade é que era guapa, pero moi estirada
EVA: Era boa amiga, pero desde que só pensou en ter mozo rico obsesionouse e olvidouse dos amigos de toda a vida.
(Entra LARA, farrapenta)
XOEL: Ei! Quen ven aí
IVÁN: Non sei, parece…
EVA: É Lara.
RAPEIRO: Ei, tía que che pasou?
                Foi alguén que te roubou?
LARA: Ola amigos, non, non foi iso
XOEL: Que aconteceu entón.
LARA: Nada
IVÁN: (con ironía) Ah si! Por iso se te ve mellor ca nunca
(Rin sen malicia todos e abrázana)
EVA: Cóntanos que che pasou de verdade. Eu era a túa mellor amiga e eles foron bos pretendentes aos que rexeitaches como mozos e como amigos. Podes confiar en nós.
LARA: Pois o neno relambido ese co que me fun… ao principio moi ben, pero logo non era tan bo como parecía
EVA: E logo?
LARA: Pois o coche deportivo era de cuarta ou quinta man. Aos dous días rebentou. E enfadouse todo, berroume como se eu fose culpable
IVÁN: Que miserable
LARA: e despois a casa era grande, pero estaba toda porca e púxome a limpala. El dixo que para iso valía unha muller. Para varrer
RAPEIRO: O que hai que ver
LARA: E tamén que tiña que lavarlle a roupa, facer o xantar, ir á compra mentres el ía cos amigos ao bar.
EVA: Será caimán
LARA: En fin, que me cansei e cando lle dixen que xa non me quedaba diñeiro porque o que me deran pola moeda de ouro xa o gastara el púxose todo fero e levantoume a man
EVA: Será animal
LARA: Si, e escapei. Creo que me equivoquei ao elixilo a el.
EVA: Non importa, porque aquí tes unha amiga
XOEL: E un amigo
IVÁN: E dous
RAPEIRO: E tres
LARA: Agora si que o sei. Ter amigos é máis importante do que pensei.
EVA: E lémbrao sempre
Non xulgues polas apariencias
Actúa con conciencia

TODOS:
Porque se cadra é peor
O que che parece mellor  

               
FIN



20 de febreiro de 2017

Libro do club de 2º, 3º e 4º de ESO

O libro que imos abordar desde este mes de febreiro no club de 2º, 3º e 4º de ESO é unha divertida obra: Menú de enganos de Manuel Núñez Singala.

Esta obra de relatos sobre as falsas apariencias, a hipocresía social, o egoísmo, os erros sempre co xenial humor de Singala fai que resulte moi entretida

A obra, estruturada como un menú, con pequenos relatos de entrada, historias de 1º prato e contos consistentes de 2º prato déixanos cun saboroso gusto para as excelentes sobremesas literarias.

Deixámolo para picar.



30 de xaneiro de 2017

Club de 6º no Día da Paz

Este luns 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

O club de lectura de 6º encargouse de preparar unha obra baseada en films e libros sobre o acoso.

A actuación titulouse "bulling" en referencia ao vacío que lle comezan a facer un grupo de amigas a unha rapaza.

A historia conta como pouco a pouco unha alumna vai quedando soa e como case todas as compañeiras do seu grupo a van abandonando.

Ao final, farta de todo, decide facerse dano para quitarse do medio. Por sorte non pasa nada irreversible pero as compañeiras reflexionan e deciden volver con ela.

Unha historia con final feliz pero que puido rematar en traxedia. A historia é real como a vida mesma. Por iso todas e todos están caladas e calados mentres se representa. Porque este conto pode non ser un conto.


A paz constrúese todos os días. A paz non só é que non haxa guerra. A paz é a non violencia. A paz é intentar construír unha convivencia entre todos e todas sen destruír aos demais. Nin máis nin menos.


16 de xaneiro de 2017

Lectura do club de 1º de ESO

O club de 1º de ESO leu a obra de María Solar O meu pesadelo favorito. A autora, que traballa de presentadora na TVG, demostra que tamén sabe comunicar coa xuventude nesta extraordinaria obra.

 Esta historia fantástica e realista sobre o mundo dos soños, a realidade, a sinceridade, os aliens e os seres fantásticos está moi ben contada e resulta moi entretida.

A obra foi Premio Lazarillo 2014 e é unha excelente obra infantil e xuvenil pero para lectores xa experimentados, que se enfronten ás máis das súas 100 páxinas que se len na carreiriña dun can.