30 de xaneiro de 2015

Frases célebres de diferentes personalidades mundiais para o Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Publicamos a nosa selección de frases de persoas célebres ou famosas de diferentes profesións e de diferentes continentes para o Día da Paz:

-A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo
-Aprendín que a coraxe non é a ausencia de medo, senón o triunfo sobre el. O valente non é quen non sente medo, senón quen conquista ese medo.
-A xente aprende a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lle pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario.
-A maldade é algo que as circunstancias, o ámbito ou a educación inculcan ou ensinan aos homes; non é innata.
-O perdón libera a alma, elimina o medo. Por iso é unha ferramenta tan poderosa.
-Se queres facer as paces co teu inimigo, tes que traballar con el, daquela vólvese o teu compañeiro.
                       Nelson Mandela

-Ollo por ollo e o mundo acabará cego
-A violencia é o medo aos ideais dos demais
-A persoa que non está en paz consigo mesma estará en guerra co mundo enteiro
-Mantén as túas palabras positivas porque as túas palabras volveranse as túas actitudes
-Non hai que apagar a luz do outro para lograr que brille a nosa
-Recordade que ao longo da historia sempre houbo tiranos e asasinos, pero sempre remataron caendo, sempre
Mahatma Gandhi

-Se todo che dá igual, estás facendo mal as contas.
-Non sei con que armas se loitará na 3ª Guerra Mundial, pero si sei con cales se loitará na 4ª: con paus e pedras
-Non pretendamos que as cousas cambien se seguimos facendo o mesmo
-A vida é moi perigosa, non polas persoas que se dedican a facer mal, senón polas que se sentan a ver que pasa.
-É máis fácil destruír un átomo, que un prexuízo
Albert Einstein, físico

Gastamos diñeiro que non temos, en cousas que non necesitamos, para impresionar a xente á que non lle importamos.
                                Will Smith, actor

As guerras seguirán mentres a cor da pel siga sendo máis importante que a dos ollos
                                Bob Marley, músico e cantante

Cando o poder do amor supere ao amor ao poder, o mundo coñecerá a paz
                                Jimmy Hendrix, músico e cantante

Todas as guerras son guerras entre ladróns demasiado covardes para loitar, que inducen aos mozos de todo o mundo a facer a loita por eles.
                                Emma Goldman, escritora lituana

A nós, os maias, ensínannos desde pequenos que non hai que tomar máis do que precisas para vivir.
                                Rigoberta Menchu, embaixadora da UNESCO

Non poñas en perigo a túa vida, é todo o que tes
                                Janis Joplin, música e cantante

Temos aprendido a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero aínda non aprendemos a sinxela arte de vivir coma irmáns
                                Marthin Luther King

-Así que acordádevos de mirar cara ás estrelas e non cara aos pés. Intentade encontrarlle un sentido ao que vedes  e preguntádevos polo que fai que exista o universo. Sede curiosos. E por moi difícil que poida parecervos a vida sempre hai algo que podedes facer e no que se pode ter éxito. O importante é que non vos rindades.
                                Stephen Hawking, astrofísico

-A paz non é algo que desexas, é algo que creas, que fas, algo que es e algo que regalas.
                                John Lennon, músico e cantante

Ditos e proverbios de diferentes culturas do mundo para o Día da Paz

Esta é a selección de ditos e proverbios de 4 culturas diferentes do mundo relacionadas coa Paz e a Non Violencia nun sentido amplo, é dicir, que falan de encontrarse ben con un mesmo, coñecer e comprender aos demais, ser precavidos ante o perigo, ou non aprobar condutas violentas.

Foron ditos de 4 culturas diferentes, unha acolle a todo un continente e os outros tres pertencen a diferentes estados asiáticos de culturas milenarias.

 Proverbios africanos
-A reunión no rabaño obriga ao león a deitarse con fame
-Ata que os leóns teñan historiadores, as historias de caza sempre glorificarán ao cazador.
-As palabras malvadas feren máis que as frechas envelenadas
-Cando dous elefantes berran, a que se lamenta é a herba
-Máis vale que os dentes non berren coa lingua
-Non podes esconder o fume se prendiches lume
-Os tambores de guerra son tambores de fame
-Vale millóns de veces máis a vida dunha persoa que todas as posesións do home máis rico

Proverbios chineses
-Ámame cando menos o mereza, xa que é cando máis o necesito
-Afortunada é a persoa que vive en tempos tranquilos
-Antes de iniciar o labor de cambiar o mundo, dá tres voltas pola túa casa.
-O que fai o ben dos demais fai o seu propio ben
-O amor non se mendiga, merécese
-Procura unha luz na vez de estar maldicindo decote (continuamente) a escuridade
-Se tes paciencia nun momento de enfado, non terás cen días de tristeza despois
-Unha pequena chispa pode prender un lume que queime todo o monte
-Vence ao inimigo sen manchar a espada


Proverbios árabes
-A crueldade é a forza dos covardes
-A envexa sinala as virtudes do envexado e os defectos do envexoso
-A xenerosidade consiste en dar antes de que se nos pida
-É mellor acender unha luz que maldicir a escuridade
-Non despreces un rival por pequeno que sexa; o mosquito pode danar os ollos do león
-Para fortalecer o corazón non hai mellor exercicio que agacharse para levantar aos que están caídos.
-Se tés un amigo visítao con frecuencia, porque as malas herbas e as espiñas invaden o camiño por onde ninguén pasa
-Ten paciencia coa maquinación dos envexosos porque o lume cómese a si mesmo se non atopa a quen comer (واصبر على كيد الحسودي فانا صبرك قاتله فالنار تأكل بعضها ان لم تجد ماتاكله»)


Proverbios hindús
-A frecha do desprezo atravesa ata a cuncha de unha tartaruga
-Cando o último animal morra, cando o último vexetal se seque, quizais o home entenda que o diñeiro non se come.
-Isto é o cume de toda xustiza:  fai como queres que che fagan a ti e non lle fagas ao teu veciño o que non queres que che fagan a ti.
-O corazón en paz ve unha festa en todas as aldeas

-Se desexas ser feliz tes que desexar ver aos outros felices tamén

Lectura do club de Secundaria no Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Para celebrar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o club de ESO leu unha selección de frases célebres de persoas de diferentes partes do mundo e ditos mundiais de 4 culturas diferentes (3 estatais e 1 continental). A lectura produciuse durante a Xornada gastronómica de exhibición e degustación de produtos de diferentes partes do mundo como método para unha mellor intercomprensión dos pobos e das culturas.


O Club de ESO durante a lectura: Sara, Celeste, Natalia, Gorís e Miguel (saúdos para Juan que estivo enfermo)

Lectura do club de Primaria no Día da Paz

Este venres 30 de xaneiro de 2015 celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia no CPI Domingo Fontán. Dentro dos actos realizados cobrou unha importancia central a Xornada de Gastronomía Mundial que se organizou desde o Equipo da biblioteca dentro do proxecto deste ano, "Culturas do Mundo". Durante a visita do alumnado (a partir das 11.30) o club de lectura de Primaria fixemos unha lectura de "ditos e proverbios mundiais", unha selección de frases de 4 culturas diferentes, 3 estatais e 1 continental (chinesa, hindú, árabe e africana).















Este é o club de Primaria durante a lectura: Mariña, Uxía, Lucía Piñeiro, Ángeles, Lucía Méndez, María e Lorena

15 de xaneiro de 2015

Reunións do club de Primaria

Este mércores 14 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de Primaria para preparar as actividades do Día da Paz.

Acordouse tamén cambiar as datas de reunións. Volverán aos recreos do luns de 12,15 a 12,35.