30 de xaneiro de 2015

Ditos e proverbios de diferentes culturas do mundo para o Día da Paz

Esta é a selección de ditos e proverbios de 4 culturas diferentes do mundo relacionadas coa Paz e a Non Violencia nun sentido amplo, é dicir, que falan de encontrarse ben con un mesmo, coñecer e comprender aos demais, ser precavidos ante o perigo, ou non aprobar condutas violentas.

Foron ditos de 4 culturas diferentes, unha acolle a todo un continente e os outros tres pertencen a diferentes estados asiáticos de culturas milenarias.

 Proverbios africanos
-A reunión no rabaño obriga ao león a deitarse con fame
-Ata que os leóns teñan historiadores, as historias de caza sempre glorificarán ao cazador.
-As palabras malvadas feren máis que as frechas envelenadas
-Cando dous elefantes berran, a que se lamenta é a herba
-Máis vale que os dentes non berren coa lingua
-Non podes esconder o fume se prendiches lume
-Os tambores de guerra son tambores de fame
-Vale millóns de veces máis a vida dunha persoa que todas as posesións do home máis rico

Proverbios chineses
-Ámame cando menos o mereza, xa que é cando máis o necesito
-Afortunada é a persoa que vive en tempos tranquilos
-Antes de iniciar o labor de cambiar o mundo, dá tres voltas pola túa casa.
-O que fai o ben dos demais fai o seu propio ben
-O amor non se mendiga, merécese
-Procura unha luz na vez de estar maldicindo decote (continuamente) a escuridade
-Se tes paciencia nun momento de enfado, non terás cen días de tristeza despois
-Unha pequena chispa pode prender un lume que queime todo o monte
-Vence ao inimigo sen manchar a espada


Proverbios árabes
-A crueldade é a forza dos covardes
-A envexa sinala as virtudes do envexado e os defectos do envexoso
-A xenerosidade consiste en dar antes de que se nos pida
-É mellor acender unha luz que maldicir a escuridade
-Non despreces un rival por pequeno que sexa; o mosquito pode danar os ollos do león
-Para fortalecer o corazón non hai mellor exercicio que agacharse para levantar aos que están caídos.
-Se tés un amigo visítao con frecuencia, porque as malas herbas e as espiñas invaden o camiño por onde ninguén pasa
-Ten paciencia coa maquinación dos envexosos porque o lume cómese a si mesmo se non atopa a quen comer (واصبر على كيد الحسودي فانا صبرك قاتله فالنار تأكل بعضها ان لم تجد ماتاكله»)


Proverbios hindús
-A frecha do desprezo atravesa ata a cuncha de unha tartaruga
-Cando o último animal morra, cando o último vexetal se seque, quizais o home entenda que o diñeiro non se come.
-Isto é o cume de toda xustiza:  fai como queres que che fagan a ti e non lle fagas ao teu veciño o que non queres que che fagan a ti.
-O corazón en paz ve unha festa en todas as aldeas

-Se desexas ser feliz tes que desexar ver aos outros felices tamén

Ningún comentario:

Publicar un comentario