16 de maio de 2023

Actuación e baile de 1º ESO-B nas nosas letras

 As actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas.

En 1º de ESO-B optaron por un tema moi actual e colorido, "pano corado" das Tanxugueiras, onde se fai toda unha oda á diversidade.

Deixamos o vídeo que temos da actuación

Actuación con baile de 1º ESO-A nas Letras Galegas

 As actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas.

En 1º ESO-A baséanse para o seu baile no tema "OG (orixinal galego)" de Dios Ke Te Krew que fan un “feat” ou colaboración co grupo Boyanka Kostova

Deixámosvos o vídeo por se queredes velo...

Actuación e baile de 6º nas Letras Galegas

 As actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas.

En 6º fixemos unha actuación/baile baseado no tema "Lisístrata (varre vasoira)" de Fillas de Cassandra que resulta ser un alegato antibelicista.

Deixamos o vídeo da actuación.

Actuación de 5º nas letras: performance en galego

 As actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas.

Así, en 5º, fixemos un baile-actuación con base no tema "Terra" das Tanxugueiras.

Deixamos aquí un vídeo da actuación.

Dramatización do club de Primaria nas letras galegas

 Un ano máis, a colaboración do club de lectura co EDLG foi absoluta e encargámonos de dinamizar a vida e obra de Francisco Fernández del Riego cunha actuación de 5 º e 6º. O alumnado de Primaria dramatizou un día na vida escolar para preparar o traballo na Semana das Letras Galegas.

En 5º representaron papeis de funcionarios e funcionarias do centro que van preparar as letras e en 6º foron finalmente o alumnado que levou a práctica o planificado.

En definitiva, expuxemos para todo o centro do xeito máis entretido que puidemos unha actuación para lembrar a figura de Fernández del Riego.

Con todo, as actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas. Así, ademais de pasalo ben, traballamos coa poesía moderna en galego e asociamos o idioma a temas actuais.

Esperemos que a F. Fdez del Riego lle tivese gustado esta combinación de actos no seu ano como homenaxeado das Letras, el, que foi o impulsor inicial destes actos...

9 de maio de 2023

Máis comedia no club atrevido


 A obra que vimos de ler resultou moi entretida e só resta lembrar que Menú de enganos resulta moi interesante porque é breve, as historias lense e procésanse rápido e resultan, por riba, bastante divertidas ao tempo que moitas fan reflexionar.

Como esta obra nos gustou tanto, decidimos que queriamos repetir con algo similar, así que volveremos á narrativa e a unha obra que teña ingredientes parecidos.

Así, este mes decidimos ler unha obra de Sechu Sende, neste caso: Made in Galiza

8 de maio de 2023

Excursión do club de lectura As Portadas

 Este 8 de maio realizamos, como tiñamos previsto, unha excursión a Celanova para difundir o coñecemento de figuras das nosas letras e como a nosa sociedade está no camiño de recuperar o seu legado a través da máxima difusión posible das súas obras e restos de interese que queden en relación coa súa figura.

Así, nun primeiro lugar, visitamos a Casa Museo de Manuel Curros Enríquez mentres outro grupo se achegaba ao Mosteiro de San Salvador (non puidemos acceder á cúpula onde se di que estivo preso Celso Emilio Ferreiro e que si visitaramos noutra ocasión). Despois invertimos a orde dos grupos para que todo o mundo vise o mesmo.

Tras a pausa para o bocadillo dirixímonos a Vilanova dos Infantes para visitar a Torre e aprezar, entre outros cousas, unha réplica da Virxe de Cristal e contar a súa historia e o paradoiro descoñecido da orixinal por un triste suceso...

Pero o mellor de todo foron as horas de cultura e lecer que pasamos xuntas e xuntos grazas ao traballo durante todo o curso.

PARABÉNS AO CLUB. Tíñao merecido....