27 de febreiro de 2015

Palabras de auga

A obra seleccionada para este mes foi Palabras de auga, obra do vilagarcián Marcos Calveiro, asentado en Vigo. Esta novela fala das dificultades vitais que se atopa unha familia dunha tribo africana, asediada pola necesidade de conseguir auga e alimento para a subsistencia. A historia, contada baixo os ollos dun preadolescente, Amadou, que vive esta necesidade agravada pola desparición do seu irmán maior.

O mellor do libro é a ollada ao continente africano desde a persepectiva dun protagonista africano con problemas africanos. Isto, que parece evidente, non é así en moitas ocasións, xa que con frecuencia África é o escenario fermoso de historias de protagonistas occidentais brancos ou senón os africanos son protagonistas de historias en Europa, a onde chegan como inmigrantes, Esta obra fala dos problemas actuais da tribo kimba e máis en concreto dunha familia e dos seus problemas por subsistir.

3 de febreiro de 2015

Diversificación das lecturas: libros electrónicos para o club de ESO

No pasado mes de xaneiro repartimos entre o alumnado do club de lectura de ESO uns libros electrónicos para diversificar os soportes nos que realizar lecturas.

Gorís e Celeste están encantados cos ebooks xa que son comodísimos e podes ter varios libros nunha mesma unidade. Outra vantaxe é a lixeireza, xa que pesan pouco. Con todo, Celeste bota de menos o contacto e cheiro dos libros de papel