27 de febreiro de 2015

Palabras de auga

A obra seleccionada para este mes foi Palabras de auga, obra do vilagarcián Marcos Calveiro, asentado en Vigo. Esta novela fala das dificultades vitais que se atopa unha familia dunha tribo africana, asediada pola necesidade de conseguir auga e alimento para a subsistencia. A historia, contada baixo os ollos dun preadolescente, Amadou, que vive esta necesidade agravada pola desparición do seu irmán maior.

O mellor do libro é a ollada ao continente africano desde a persepectiva dun protagonista africano con problemas africanos. Isto, que parece evidente, non é así en moitas ocasións, xa que con frecuencia África é o escenario fermoso de historias de protagonistas occidentais brancos ou senón os africanos son protagonistas de historias en Europa, a onde chegan como inmigrantes, Esta obra fala dos problemas actuais da tribo kimba e máis en concreto dunha familia e dos seus problemas por subsistir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario