30 de xaneiro de 2023

Actuación do Club de ESO no Día da Paz

 Os clubs de ESO participamos un ano máis no Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

As nosas perigrinacións polo centro leváronnos a facer unha pequena actuación sobre a orixe do día da Paz e o seu significado e tamén un pequeno sinalamento á existencia de conflitos en diferentes partes do mundo.

A nosa intención foi facer algo breve pero impactante para dotar de maior conciencia ao alumnado do centro sobre o porqué dun día así, que non ten que ver necesariamente coas grandes guerras coas que nos bombardean desde os medios de comunicación senón que tamén existen outros conflitos e problemáticas no mundo que levan moitas veces a consecuencias dramáticas e que non saen decote nos medios de comunicación.

Así, pois, con brevidade e intensidade, en 5-10 minutos por curso, actuamos aula por aula para os grupos do noso centro. 


Actuación do club de Primaria no Día da Paz

 Este 30 de xaneiro celebramos un ano máis o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A proposta desde os clubs de 5º e 6º de Primaria foi realizar unha versión ou adaptación libre da obra JUUL, un libro que fala do acoso a través dos insultos e as accións e reaccións que iso pode levar consigo.

A nosa proposta foi cambiar os insultos ao boneco do libro por un Potato para así crear un proceso de descomposición do personaxe para logo reconstruílo de novo a través da axuda doutras persoas que non xulgan negativamente o aspecto do/a protagonista.

Toda unha historia de superación coa que empatizou o alumnado do centro, ocasionando toda unha onda de reflexión sobre o asunto tratado.

Deixamos o texto-guión que nos serviu para a nosa posta en escena...

JUUL-POTATO, VERSIÓN 2023

 

 

6º BRANCO

6º X

Relatora 1

 

 

 

Relatora 2

 

 

 

Relatora 3

 

 

 

Nen@ 1

 

 

 

Nen@ 2

 

 

 

Nen@ 3

 

 

 

Nora

 

 

 

 

COLOCAMOS O POTATO ENTRE AS RELATORAS 1 e 2. A RELATORA 3 PONSE DETRÁS DE JUUL-POTATO (se no público din que é Mister Potato dicímoslle que non, que é outra “persoa”, que se chama Juul e que imos contar a súa historia)

 

R1: Había unha vez alguén que se chamaba Juul

(R3 sinala o boneco)

R2: Como non vía ben, Juul levaba lentes

R1: E algunha xente fixouse niso

 

N1: Mirade, Juul ten lentes

N2: Ai, si!

N1: Si, e son ben grandes

N3: Parece que ten catro ollos

N1: CATRO OLLOS, CATRO OLLOS!!!!

(N2 E N3 rin; logo, a rapazada marcha)

 

R2: E Juul pensou que se sacaba os lentes ninguén se fixaría en que levaba posto

R3: Así que os tirou

(sacarlle os lentes)

R1: Pero Juul tiña o pelo loiro, case amarelo

(tocar o pelo)

R2: O seu cabelo era bonito, pero diferente ao de algunha xente

(aloumiñarlle o pelo)

R1: Un día, alguén, comezou a dicirlle algo do seu cabelo

 

N1: Mirade, Juul parece o poliño Pío

N2: Ti cres?

N1: Claro, ten o pelo amarelo

N3: Si e o poliño Pío é amarelo

N1: POLIÑO PÍO, POLIÑO PÍO!!!!

(risos e a rapazada marcha)

 

R2: Entón Juul pensou que o problema era o seu pelo

R3: E así, un día, Juul colleu unhas tesoiras e cortou todo o cabelo

(QUITARLLE O PELO AMARELO)


R1: E Juul pensou que solucionara o problema

R2: Juul tiña a cabeza agora a cabeza pelada

R1: Pero entón, alguén lle volveu dicir algo…

 

N1: Mirade, Juul agora non ten pelo

N2: Como lle brilla a calva!

N3: Si, parece unha bóla de billar!

N1: BÓLA DE BILLAR, BÓLA DE BILLAR!!!!

 

R2: Así que pensou que o seu problema agora era a calva

R1: Por iso puxo un gorro.

(R3 ponlle un gorro ao boneco,)

R2: Ao non ter pelo, o gorro caíalle enriba das orellas

R1: e estas sobresaían un pouco.

 

N1: Mirade como se lle notan agora as orellas

N2: Parece que ten Orellas de Pepe o soprón! 

N1: Ou mellor, parece Dumbo, O elefante voador!

N3: Podería botar a voar

N1: DUMBO, DUMBO!!!.

(risos e marchan)

 

R2: Iso teríalle gustado a Juul, voar moi lonxe de alí.

R1: Pero como non podía voar Juul desexou que o seu corpo fose desmontable

R2: E de súpeto, sentiu que podía sacar partes do seu corpo

R3: E De dous rabiosos tiróns Juul arrancou as orellas.

(quitarllas)

 

R1: Como non tiña orellas o gorro caíalle enriba dos ollos impedíndolle ver,

R2: E empezou a chocar contra as paredes,

R1: Petaba contra as cadeiras, 

R2: Juul vía as estrelas

R1: e empezou a mover os ollos.

R2: Entón fixáronse niso:

 

N1: Mirade, Juul choca con todo

N2: Non ve ben, parece que é birollo

N3: Non ve nada, parece cegato de todo

N1: BIROLO, BIROLLO, CEGATO, CEGATO! 

(Rin e marchan)

 

R1: Juul quitou o gorro

R2: E pechou fortemente os ollos porque pensou que o seu problema eran os ollos

R3: E como desexou non ter os seus ollos, estes caeron ao chan.

(quitarlle os ollos)

R1: Pero como agora non vía nada igual seguía tropezando

R2: E mancouse nunha perna

R1: Como tiña dor apenas podía camiñar

R2: E as pernas torcíanselle un pouco

R1: E a rapazada volveu aparecer: 

 

N1: Juul está coxo, non anda ben

N2: Juul é medio trenco, 

N3: Si, ten as pernas torcidas! 

N1: COXO, COXO, TRENCO, TRENCO!!!!

(rapazada marcha)

 

R2: E ao marchar a rapazada malvada, Juul quedou triste

R1: Volveu pensar que sería mellor non ter iso do que se burlaban os demais

R2: Por iso desexou que lle caísen as pernas

R3: E as pernas desapareceron

(quitarlle as pernas)

R1: Agora Juul só tiña corpo e brazos

R2: Quizais así o aceptarían

R1: E a rapazada cruel volveu

 

N1: Mirade cacho nariz ten Juul

N2: Siii, vaia napia.

N3: Parece Pinocho…

N1: PINOCHO, PINOCHO!!!

(marchan)

 

R2: E entón só quixo non ter nariz

R1: Quizais sería mellor así

R3: E o nariz caeu

(quitarlle o nariz)

R2: A ver agora se a cousa funcionaba

R1: Ata que chegou de novo a gandallada…

 

N1: Mirade a Juul sobresáenlle os brazos do corpo

N2: Parece un sinal de tráfico

N3: Ou como unha veleta

N1: VELETA, VELETA!!!

(marchan)

 

R2: E Juul desexou que lle desaparecesen os brazos tamén

R1: Quizais así conseguiría algo

R3: E os brazos caeron tamén

(quitarlle os brazos)

R2: Agora só quedaba un corpo Arredondado

R1: E volveu aparecer a rapazada perversa

 

N1: Mirade, Juul só é un corpo arredondado agora

N2: Parece unha pelota

N3: Pois xoguemos ao fútbol con esa pelota

(Cólleno e tírano ao chan)

N1: Boh! Pero nin sequera bota ben….

(Deixan a Juul e vanse)

 

 

R2: Entón chegou Nora.

(cun carro de bonecas)

R1: E atopou uns brazos tirados no chan

(recólleos)

Nora: De quen serán estes brazos?

R2: Nora seguiu andando

R1: E atopou a Juul tirado no chan

 

NORA: Pero que corpo máis bonito!

 

R2: Recolleuno para o seu carro de bonecas

R1: e limpouno

R2: aloumiñouno,

R1: agarimouno

R2: e díxolle cousas bonitas.

R1: Despois preguntoulle:

 

NORA: pero que che pasou?

(cólleo no colo e logo achégao á orella)

R2: Ao que Juul lle contestou,

R1: Nora achegouno á orella e escoitou o que lle dicía

R2: Sorprendeulle que foran tan crueis con Juul

R1: Cando acabou de contar a historia, Nora tivo unha idea

R2: E díxolle…

 

NORA: Mira, atopei estes brazos, que me encantaron, seguro que son teus…Queres  volver telos

R3: e Juul volveu querer ter os brazos

(poñerlle os brazos)

 

R1: E entón apareceu unha boa persoa que atopara as pernas

R2: E preguntoulles como se chamaban

 

NORA: Eu son Nora

R3: e Juul, tímidamente, presentouse tamén

R1: e Juul contou a súa historia

R3: E así recuperou as súas pernas

 

R2: E entón chegou outra persoa cos ollos

(chega R1 cos ollos)

R1: E cando soubo da súa historia díxolle que ela atopara uns ollos preciosos

R3: E Juul desexou volver ter os ollos… e os ollos volveron

 

R2: E todas xuntas saímos recuperar os cachos que Juul fora deixando polo camiño…

 

NORA: E dicíndolle que tiña que querererse e querer cada parte do seu corpo,

R3: E recuperou cousas ao tempo que iamos recordando que eramos amigos

(ir colocando)

R1: as orellas, porque xogamos xuntas…

R2: o nariz, porque rimos xuntas…

R3: o cabelo, porque andamos xuntas

NORA: Os lentes, porque cadaquén é como é…

R1: E o gorro, porque cadaquén precisa o que precisa…

R2: E agora Juul volve estar completa ou completo

R3: Porque non importa se é home ou muller

NORA: Nin se é persoa alta ou baixa

R1: Ou negra ou branca

R2: Ou gorda ou fraca

R3: Agora séntese ben

NORA: E xa non lle afecta o que lle din

 

R1: Pero queredes saber un segredo antes de rematar?

R2: Si. Pois pasou algo máxico… Como Juul agora non desexa facerse dano a maldición pasou a outras persoas…

R3: Así rapazada malvada agora sofre un castigo…

NORA: E cada vez que din algo malo reciben unha descarga eléctrica ou un calafrío ou calquera outra maldición…

 

 

(ENTRA A RAPAZADA MALVADA)

 

N1: POLIÑO PÍO, POLIÑO PÍO!!!! AAAAiii! (descarga eléctrica)

N2: DUMBO, DUMBO, DUMM,, aaaaaUUUU (susto)

N3: CEGATO, CEGATO…. Bbrrruuuuuu (calafrío)

 

(Marchan todas tres tremendo, berrando, recibindo descargas…)

R1: E ata aquí a historia de Juul

R2: Contada no Día Escolar da Paz e da Non Violencia

R3: Porque non só se fai dano á xente con bombas

NORA: Senón tamén se somos malvados cos demais

TODOS XUNT@S: Así que desexamos que teñades bos amigos e amigas…

E STOP AOS HATERS…