23 de xaneiro de 2012

O Diario secreto de Adrián Mole

O libro que lemos en nadal e comentamos en xaneiro no club de lectura As Portadas foi  O Diario secreto de Adrián Mole, publicado en galego en 1997 por Xerais.

O libro está escrito en forma de diario e comeza o 1 de xaneiro de 1980, cando Adrian Mole ten trece anos e tres cuartos e remata cando ten quince anos.

Adrián escribe cada día no seu diario e pouco a pouco vas coñecendo o seu mundo e a sua realidade: o seu crecente amor por Pandora, as ameazas e abusos de Barry –o matón do instituto-, os problemas de seus pais, o seu soño de ser escritor e os seus medos e frustracions con respecto a seus pais.

O mellor do libro é que se trata dunha historia sobre o crecemento con grandes doses de humor, sorpresa e sentimentos ao tempo que se van contando cousas duras: problemas no instituto, separación dos pais, medo pola moza que lle gusta,…

En xeral o libro trata temas tan reais como a crise económica de Inglaterra en 1980 pero coa que estamos a vivir ao noso arredor hoxe en día (paro, inseguridade no traballo, etc) parece que todos coñecemos, entendemos e incluso vivimos, nesa época, se ben é certo que a obra fala da época na que, máis ou menos, casou Lady Di con Carlos de Inglaterra,

En conclusión pódese dicir que aínda que o mundo cambiou algo séguese parecendo bastante ao de hai 30 anos e iso fai que o libro siga a resultar interesante; ademais mostra como nas situacións duras non hai que perder de todo o bo humor e pensar nos demais aínda que sexamos un pouco egoístas ao mesmo tempo: é unha boa maneira de reflexionar sobre nós e o que nos rodea.

Sue Towsend, autora de Adrián Mole

Sue Towsend naceu e vive en Leicester, Inglaterra, en 1946. Destaca principalmente como escritora polos seus traballos como novelista e dramaturga (autora de teatro).
 A súa serie de diarios de Adrian Mole foi traducida a vintecinco linguas. Esta serie inclúe catro títulos: The Secret Diary of Adrian Mole (O diario secreto de Adrian Mole) Aged (1982), traducido para o galego na colección Fóra de Xogo (Xerais 1997); The Growing Pains of Adrian Mole (As dores de crecemento de Adrian Mole) (1985); True Confessions of Adrian Mole(As verdadeiras confesións de Adrian Mole) (1989); e Adrian Mole and the Small Amphibians(Adrian mole e os pequenos anfibios) (1990). Destacou por presentar de maneira maxistral o período Tatcheriano e a crise económica da décade de 1980 en Inglaterra (paro e desemprego, desatención e desestruturación familiar, incerteza de cara ao futuro, etc).
Tamén escribiu máis de dez obras de teatro e chegou a facer unha adaptación teatral baseada nas súas obras de Adrián Mole.
Recibiu algúns premios destacados como o Thames Television en 1981, o Frink award en 2003, ou o James Joyce en 2007.