21 de decembro de 2021

Os deberes do nadal, vídeo do club de 6ºB de Primaria

 En 6º B tamén estivemos traballando desde o Samaín para o Nadal. Como non nos deu tempo a preparar nada presencial decidimos comezar a preparar algo para esta data.

Despois de ler diferentes contos en valores, escollemos un que nos serviu de base para elaborar un guión de factura propia no que queriamos resaltar o valor dun nadal non consumista e si fornecedor de experiencias humanas reais que nos cheguen adentro...

Así xurdiu a obra "Os deberes do nadal", onde unha tarefa distinta leva a aprendizaxes diversas...

Se queredes saber máis.... aquí tendes o enlace...


https://www.canva.com/design/DAEzIHNCrds/jq5vbCb5QPfk2lYN0cW8JA/watch?utm_content=DAEzIHNCrds&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink


20 de decembro de 2021

Os agasallos de nadal, vídeo do club de 6ºA

 O club de 6º A de Primaria estívose reunindo despois do Samaín para escoller unha historia para o nadal. Despois de ler algúns contos, escollemos unha historia dun neno caprichoso que aprende unha boa lección cando lle dan todo o que quere, pero con condicións.

Despois desa elección transformamos a historia nun guión para representar e acabamos facendo un vídeo para o nadal pero para reflexionar, para pensar que é tempo de matinar no que queremos de verdade, que é o importante e que non é fundamental nas nosas vidas...

Unha historia de maduración e de cambio... Esperemos que vos guste....

https://www.canva.com/design/DAEzHRoddJk/9TyQ9cg3FhjkC71w3zD60A/watch?utm_content=DAEzHRoddJk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink


Adaptación de "O can morto" de Tolstoi polo club de 1º de ESO

 Durante os meses de novembro e decembro no Club de lectura de 1º de ESO-A estivemos a preparar unha adaptación do conto de Tolstoi "O can morto".

Primeiro lemos o conto e logo de constatar que podía ser unha boa obra para transmitir valores decidimos realizar un vídeo con ela para poder ser visualizada no centro.

O texto parécenos que pode transmitir aspectos como a solidariedade e que, de cara ao nadal, deben axudarnos a reflexionar para conseguir unha sociedade máis concienciada e non só ter bos desexos en ocasións determinadas...

Estamos moi contentas de ter realizado esta obra na que fixemos unha actualización da lectura e na que o can morto pasa a ser "O ser morto", que tanto pode ser un animal como un ser humano que aparece nunha praia... Ás veces non moi lonxe...

Podedes velo no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAEzCaPqCWw/epiAbZwTOtweZXjYZucwKQ/watch?utm_content=DAEzCaPqCWw&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink