31 de xaneiro de 2013

Día da Paz

Este 30 de xaneiro de 2013 celebramos o Día da Paz no CPI Domingo Fontán. En realidade, o día da paz debe ser todos os días do ano, pero a celebración para recordar a importancia de vivir neste estado realízase habitualemente o penúltimo día do primeiro mes do ano.

No club de lectura colaboramos na celebración deste día realizando diversas actividades:



En primeiro lugar, fixemos nas semanas previas unha recolleita de poemas relacionados coa paz e escribimos algúns sobre cartolinas recortadas coa silueta en forma de man;










Logo situámolos polas paredes do noso centro, tanto de corredores principais como nas paredes dalgunhas aulas.




E miramos que quedasen ben



Finalmente colocamos tamén nos corredores do primeiro andar



O día 30 fixemos un recital con poemas sobre a paz e contra os conflitos e as guerras. 


 Comezamos por Educación Infantil

E fomos a todos os grupos



Logo fomos a Educación Primaria

Tamén pasamos por todas as aulas



 Na segunda e parte da terceira hora fixemos o recitado na ESO

E pasamos por todas as aulas.



Logo fomos ao pavillón onde fixemos a palabra PAZ con todo o alumnado do centro




As integrantes do club de Primaria e algún do de ESO lemos o manifesto conxunto que se realizou no centro









29 de xaneiro de 2013

Imaxes dos contacontos de medo no Samaín

 Si, xa sabemos que en xaneiro non é o Samaín, pero a finais do mes de outubro o club de lectura colaborou co Equipo da Biblioteca na preparación dos actos para o Samaín. En concreto, o alumnado do club de Primaria elaborou unha representación de dúas obras e integrantes do club de Secundaria fixeron o propio con dúas historias tamén de medo. Pero por problemas técnicos non puidemos subir antes a maioría das fotos. Así que vai agora o resume do que fixemos.



O club de Primaria preparamos unha adaptación da obra Corre, Corre, cabaciña que representamos por quendas para Educación  Infantil e para os diversos ciclos de Educación Primaria.  


Fixemos unha lectura do conto cunha representación simultánea da obra


O público viviu a representación a tope


A biblioteca estaba ateigada


Logo, tamén representamos a obra A min non me comas.
En ambos os casos, combinamos a lectura coa escenificación das obras, representando cada integrante do club algunha das personaxes das historias.

Finalmente, unha pequena selección de alumnado de cuarto, quinto e sexto contou unha historia de mortos vivintes nun centro escolar


A aceptación foi moi boa e o traballo resultounos moi satisfactorio.


O club de Secundaria participou tamén nun contacontos simultáneo inglés-galego: contábase unha historia ao mesmo tempo en inglés e galego (frase en inglés e tradución inmediata).


As historias que se representaron foron: O xinete sen cabeza e Os restos do morto, este último interactuando co público e deixándolle tocar cos ollos tapados diversos "restos" dun teórico cadáver.A verdade era que arrepiaba.


O club de lectura contou coa colaboración de algún alumnado de 3º de ESO que axudou nos contacontos,  pero que por diversas razóns non poden asistir ás reunións do club, pero que todos xuntos móntana boa


O alumnado tamén contou coa axuda de parte do profesorado do club de adultos que colaborou na preparación das actividades








22 de xaneiro de 2013

Poirot

Poirot é o detective belga protagonista de Asasinato no Orient Express e tamén de outras obras da escritora Agatha Christie. Apareceu por primeira vez en 1920, n'O misterioso caso Styles e apareceu por última vez en 1975 en "Pano", un ano antes do pasamento da propia escritora que o creou.

Poirot foi descrito como un homiño baixo, calvo e cun longo bigote. Ten modais refinados e é moi ordenado e metódico. Esa orde e método sérvenlle para indagar mellor. Intercala frases en francés "prototípicas" e comete algúns erros gramaticais en inglés aínda que o fala bastante ben.

Poirot era un membro da Policía belga pero chega como refuxiado a Inglaterra despois da Primeira Guerra Mundial. Convértese en detective privado e acada un grande éxito pola resolución de numerosos casos polémicos e escuros. A súa sona persoal medra ao tempo que medra a literaria e chega a converterse no personaxe máis coñecido de Ágatha Cristie.

Existen diversas series e películas sobre Poirot, pero a serie de TV protagonizada por David Suchet é probablemente a mellor e tamén a máis longa no tempo. Apareceu por primeira vez en 1989 en episodios de aproximadamente 30 minutos e segue na actualidade con longametraxes de 90 minutos. Leva, en conclusión,  máis de 20 anos gravándose a serie-telefilm para a televisión.

Pódense ver episodios en Youtube, mon amie

Creadores de Asasinato no Orient Express

Sobre Asasinato no Orient Express podemos destacar 3 obras artísticas: a novela de Ágatha Christie; o film de 1974 de Sidney Lumet e a serie de TV de 1989 sobre o detective Poirot (interpretado excelentemente por David Suchet). Esta última obra foi a que visionamos en decembro, xa que xunto coa película viña tamén a obra da autora inglesa.


Agatha Christie (Torquai, 15 de setembro de 1890-Wallingford, 12 de xaneiro de 1976): A escritora Agatha Mary Clarissa Miller (máis conñecida como Ágatha Christie) foi unha autora inglesa especializada na narrativa dos xéneros policiais e románticos, por cuxo traballo recibiu recoñecemento a nivel internacional. Se ben redactou tamén contos e obras de teatro, as súas 79 novelas e decenas de historias breves foron traducidas aproximadamente a 109 idiomas e varias adaptadas para o cinema e o teatro. Personaxes clásicas como Miss Marple ou Hércules Poirot foron moi populares. Os seus catro mil millóns de novelas vendidas confirman unha cifra equiparable coa de William Shakespeare.  Ata a súa morte recibiu numerosos recoñecementos como un premio Edgar, o Gran Master Award da Asociación de Escritores de Misterio, diversos doutoramentos Honoris Causa e a designación como Comendadora da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II.


Sidney Lumet (Filadelfia, 1924-2011): director de cinema estadounidense, debutou como director cunha obra mestra (12 homes sen piedade, 1957). Dirixiu unha das mellores versións de Asasinato no Orient Express en 1974. Presenta algunhas variacións respecto á novela, pero é unha boa adaptación, manexando perfectamente os códigos cinematográficos para este tipo de films, mantendo a tensión e provocando diferentes sospeitas ata que se desenvolve ao final o misterio do asasinato acontecido no tren.






Philip Martin: Director de películas para TV, destaca por dirixir con solvencia obras de drama, misterio e crime. Para ser un director de TV dirixe con precisión pero tamén xoga con detalles narrativos da cámara que mostran ou suxiren, pero sen contalo todo. Destaca o seu traballo no proxecto de Poirot, serie de TV protagonizada por David Suchet, pero que xa salta a obras máis longas como a versión de Asasinato no Orient Express de 2010, de 90 minutos.


Asasinato no Orient Express

No pasado mes de decembro achegámonos á obra Asasinato no Orient Express de dúas maneiras: a través do libro de Ágata Christie e co visionado do film sobre o famoso detective Poirot.

O film visionámolo o pasado luns 17 de decembro en versión orixinal con subtítulos. Na opinión do alumnado do club de secundaria, é unha película que recomendamos para as persoas que lles gusten as historias de misterio e policíacas, aínda que tamén vén acompañado por unha subtrama romántica.

A historia é envolvente: está narrada dun xeito que mantén a tensión ata o final e é moi difícil descubrir quen é o asasino ou a asasina, xa que case todo o mundo é sospeitoso ou sospeitosa. A intriga está ademais apoiada por fantásticos xiros, comúns neste tipo de narracións pero que aquí se espreme case ao máximo. Así que non imos dicir máis, só que o asasino ou asasina...