Este 30 de xaneiro de 2013 celebramos o Día da Paz no CPI Domingo Fontán. En realidade, o día da paz debe ser todos os días do ano, pero a celebración para recordar a importancia de vivir neste estado realízase habitualemente o penúltimo día do primeiro mes do ano.
No club de lectura colaboramos na celebración deste día realizando diversas actividades:
En primeiro lugar, fixemos nas semanas previas unha recolleita de poemas relacionados coa paz e escribimos algúns sobre cartolinas recortadas coa silueta en forma de man;

Logo situámolos polas paredes do noso centro, tanto de corredores principais como nas paredes dalgunhas aulas.
E miramos que quedasen ben


Finalmente colocamos tamén nos corredores do primeiro andar

O día 30 fixemos un recital con poemas sobre a paz e contra os conflitos e as guerras.
Comezamos por Educación Infantil
E fomos a todos os grupos
Logo fomos a Educación Primaria
Tamén pasamos por todas as aulas
Na segunda e parte da terceira hora fixemos o recitado na ESO
E pasamos por todas as aulas.
Logo fomos ao pavillón onde fixemos a palabra PAZ con todo o alumnado do centro
As integrantes do club de Primaria e algún do de ESO lemos o manifesto conxunto que se realizou no centro
Ningún comentario:
Publicar un comentario