Sobre
Asasinato no Orient Express podemos destacar 3 obras artísticas: a novela de Ágatha Christie; o film de 1974 de Sidney Lumet e a serie de TV de 1989 sobre o detective Poirot (interpretado excelentemente por David Suchet). Esta última obra foi a que visionamos en decembro, xa que xunto coa película viña tamén a obra da autora inglesa.
Agatha Christie (Torquai, 15 de setembro de 1890-Wallingford, 12 de xaneiro de 1976): A escritora Agatha Mary Clarissa Miller (máis conñecida como Ágatha Christie) foi unha autora inglesa especializada na narrativa dos xéneros policiais e románticos, por cuxo traballo recibiu recoñecemento a nivel internacional. Se ben redactou tamén contos e obras de teatro, as súas 79 novelas e decenas de historias breves foron traducidas aproximadamente a 109 idiomas e varias adaptadas para o cinema e o teatro. Personaxes clásicas como Miss Marple ou Hércules Poirot foron moi populares. Os seus catro mil millóns de novelas vendidas confirman unha cifra equiparable coa de William Shakespeare. Ata a súa morte recibiu numerosos recoñecementos como un premio Edgar, o Gran Master Award da Asociación de Escritores de Misterio, diversos doutoramentos Honoris Causa e a designación como Comendadora da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II.
Sidney Lumet (Filadelfia, 1924-2011): director de cinema estadounidense, debutou como director cunha obra mestra (
12 homes sen piedade, 1957). Dirixiu unha das mellores versións de
Asasinato no Orient Express en 1974. Presenta algunhas variacións respecto á novela, pero é unha boa adaptación, manexando perfectamente os códigos cinematográficos para este tipo de films, mantendo a tensión e provocando diferentes sospeitas ata que se desenvolve ao final o misterio do asasinato acontecido no tren.
Philip Martin: Director de películas para TV, destaca por dirixir con solvencia obras de drama, misterio e crime. Para ser un director de TV dirixe con precisión pero tamén xoga con detalles narrativos da cámara que mostran ou suxiren, pero sen contalo todo. Destaca o seu traballo no proxecto de Poirot, serie de TV protagonizada por David Suchet, pero que xa salta a obras máis longas como a versión de Asasinato no Orient Express de 2010, de 90 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario