26 de novembro de 2019

Lectura novembro do club de adultos


A lectura proposta para o club de adultos neste mes de novembro é A persepectiva desde a porta de Patricia A. Janeiro.

Esperamos gozar maioritariamente desta lectura e que obteñamos conclusións

25 de novembro de 2019

Club de 5º A no 25N: contra a violencia machista

Este 25 de novembro realizamos unha representación da obra O monstro de cores como un alegato para educar na diversidade. As protagonistas fomos:

lector: Marcos

Nena: Carolina
Monstro de cores: Gabriela
Monstro azul: Mariña
Monstro amarelo: Manuel
Monstro vermello: David
Monstro negro: Leyre
Monstro verde: Yago
Monstro rosa:Daniela


31 de outubro de 2019

Club de 5º A no Samaín 2019

O club de lectura de 5º A realizou unha lectura dramatizada para este Samaín 2019. Este grupo interpretou a obra Un pesadelo no meu armario para toda a comunidade escolar de infantil e primaria en 4 actuacións durante toda a mañá

As integrantes realizaron os seguintes papeis:

Carolina: nena
Marcos: Pesadelo 1º
Mariña: Pesadelo 
Alba: Pesadelo 
Sabela: Pesadelo 
Gabriela: Pesadelo 
Daniela: Pesadelo 
Yago: Pesadelo 
Manuel: Pesadelo 
Ainhoa: Pesadelo 

Noa: lectora
Leyre: lectora

14 de outubro de 2019

Club de lectura 2019-2020

Ola!

Xa temos en marcha o club de lectura As Portadas 2019-2020.

Contaremos coa seguinte organización:

Club de Primaria: alumnado de 5º e 6º. Arredor de 20 persoas, profe responsable Xan, día fixo para quedar: martes no recreo

Club de ESO: alumado de 1º a 4º de ESO. Arredor de 50 persoas (dividiranse en 3 grupos)
Profesorado responsable:
-María Roma (días para quedar: luns, martes e venres no recreo)
-Xan (día fixo para quedar: venres; xoves co club atrevido, sempre no recreo)
-Santi (día fixo para quedar: venres no recreo)

Club de adultos. Arredor de 10 persoas: para quedar: 1 vez ao mes, os xoves ás 15.10

Algúns luns e martes quedaremos cos diferentes clubs no recreo de comedor (a partir das 14.20 e ata as 15.45 segundo dispoñibilidade)

Un saúdo e benvida a tod@s @s participantes


15 de marzo de 2019

club atrevido: A espada do destino

Inauguramos esta sección de obras do club de lectores atrevidos cunha recomendación de Gabriel: A espada do destino.

A obra, publicada só en español no noso mercado, é unha colección de contos que narran as historias dun bruxo que gaña a vida en distintos traballos a modo de cazarecompensas.

Neste libro aparecen diferentes referencias mitolóxicas con influencia da cultura polaca á que pertence o autor, Andrezj Sapkowski

15 de febreiro de 2019

Cancións de AMOR e DESAMOR

Co gallo da candeloria e do famoso San Valentín, este mes de febreiro preparamos no club de ESO unha actividade que está a gustar moito no grupo: selección de cancións que falan de amor ou desamor.

Continuando co tema da biblioteca, cancións do século XX, a escolma volveu estar baseada en poemas sacados de cantares musicados da centuria pasada. Coa selección realizamos unha exposición polos corredores do centro para fomentar a lectura destes temas fundamentalmente entre o alumnado.

As cancións tocan estilos diversos, pero aproxímanse maioritariamente ao pop ou á música lixeira, pero buscando sempre unha certa calidade na escolma. A selección está baseada en temas galegos pero tamén en castelán. O resultado foi bastante produtivo.








As composicións escollidas foron:

"Meu amor é mariñeiro"

"Lela"

"Camiño de San Antón"

"No niño novo do vento"

"Unha noite na eira do trigo"

"Teño saudade"

"20 de abril"

"Chica de ayer"

"En el muelle de San Blas"

"Como hablar"

"La carretera"

"Soy un corazón tendido al sol"

"Esos ojos negros"

"19 días y 500 noches"

"Corazón espinado"

"Mala vida"

"Cadillac solitario"

"Y como es él"

"¿Por qué te vas?"

"Cruz de navajas"

"Penélope"

"Piensa en mi"

"No me importa nada"

"Solo pienso en ti"

"Sin ti no soy nada"

"Mil calles llevan hacia ti"

"Cuando brille el sol"

"Un beso y una flor"

"Rayando el sol"

"Te lloré un río"


31 de xaneiro de 2019

CANCIÓNS POLA PAZ

O club de lectura de ESO pasamos este mes preparando o Día da Paz. Para iso partimos do tema da biblioteca "Música do século XX" e contribuímos aos actos para o xornada escolar da Non Violencia realizando unha escolma de cancións sobre a paz.



Tras a escolla de varios temas pacifistas ou antibelicistas realizamos un díptico para achegalos á comunidade escolar (colocámolas na mesa de exposicións de entrada á biblioteca).


No exterior dos dípticos colocamos o tema da biblioteca e identificamos o club como realizador do traballo. No interior colacamos os poemas e portadas dos discos que incluíron estas cancións.



 Deste xeito queremos fomentar a lectura pública do numeroso estudantado que se achega a esa mesa, especialmente no tempo de lecer de días chuviosos.










Os temas escollidos polo club de 3º de ESO foron:

"Irmaus"

"La muralla"

"No dudaría"

"Que voy hacer yo"

"Solo le pido a Dios"

"Cruzar los brazos"

"Brothers in arms"

"Imagine"
















24 de xaneiro de 2019

Club de adultos: Besta do seu sangue

Este trimestre comezamos cunha nova proposta para o club de adultos: Besta do seu sangue.

O libro de Emma Pedreira foi o premio Xerais 2018. Queremos traelo ao debate no noso club para revisar unha das figuras que foi obxecto mesmo de versións cinematográficas: Romasanta; o Lobishome? O sacaúntos, o home do saco, volve aparecer nesta obra que abrolla cunha linguaxe poética, unha multivocidade, unha pluridade de visións que nos achegan de novo ao límite entre a realidade e a lenda que se (re)transmitiu logo ao pobo.

15 de xaneiro de 2019

club de ESO en xaneiro

Ola!

Este trimestre imos traballar nunha actividade de compilación de cancións do século XX. Comezamos para o día da Paz buscando temas que falan da non violencia, do NON Á GUERRA, da irmandade de pobos en harmonía,... e nese espírito esperamos seguir no club.












No mes de febreiro temos planificado seguir cunha actividade semellante respecto ás cancións de amor e desamor. A nosa intención é divulgar as letras polos corredores do centro. Ao final de curso pretendemos facer unha especie de libriño con todos os temas seleccionados.