8 de xuño de 2023

Xuntanza final do club de Primaria

 Este mes de xuño remata outro curso do club de lectura. Na nosa xuntanza final fixemos un pequeno balance do curso, do que máis e do que menos gustou e agredecemos o enorme esforzo que puxo o club. perdendo moitos recreos, para preparar as diversas actuacións que tivemos ao longo do curso.

E nesta reunión final decidimos dedicar o que resta de curso a preparar as probas finais e gozar do tempo de lecer que queda e non esquecerse de ler, sexa o que sexa, no verán.

BOAS VACACIÓNS, que xa falta pouco.


6 de xuño de 2023

Xuntanza final do club atrevido

 Este mes remata o curso e, polo tanto, tamén as reunións do club de lectura. Con todo, decidimos facer unha última xuntanza do club atrevido para falar de Made in Galiza.

Tamén decidimos facer unha pequena reflexión sobre as obras que lemos e sobre a súa conveniencia de estendelas ao resto do centro, en especial para secundaria.

Así, decidimos que son obras moi acaídas para ter como "biblioteca de aula" para a "Hora de ler" e que, cando alguén non teña lectura propia poida botar man delas.

Así, recomendámolas para que haxa un exemplar de cada unha para o vindeiro curso nas aulas de cada grupo e comentouse que tamén se poderían incluír algunhas obras de ciencia.

Con esta suxestión do club atrevido, pois, rematamos o curso.

E atrevédevos a ler...