13 de abril de 2023

Lecturas de Primaria para o 3º Trimestre

 Este trimestre imos propoñer como lecturas obras de misterio:

A colección de Conan Doyle publicada por Bululú é un primeiro achegamento á obra do escritor británico: 

-A banda de lunares

-El carbunclo azul

-Estudo en escarlata

-O signo dos catro

-O vampiro de Sussex

11 de abril de 2023

Lecturas trimestrais de ESO


Chegou a hora de pausar un pouquiño e falar das obras do trimestre pasado; resultaron moi interesantes e entretidas ao parecer da maioría.
 
Este trimestre propoñemos dúas lecturas para a ESO; ambas as dúas obras son de Núñez Singala e son moi divertidas:

-Instrucións para tomar café

-Menú de enganos

En xuño, se se pode, falaremos delas.

Club Atrevido de comedia

 Unha vez lido un poemario e concluído que a poesía tamén pode gustar a todo e que pode ser entretida en obras como Makinaria, pasamos a facer unha pequena pescuda sobre o seu autor e as intencións deste libro.

A seguir decidimos pasar a un novo chanzo  e probar con outro xénero para este mes, dado que xa tocamos banda deseñada e poesía e que quizais sexa o momento de tocar "narrativa".

Así, este mes imos ler unha obra cómica, sarcástica chea de dobre intencións. Trátase de Menú de enganos de Manuel Núñez Singala.