28 de novembro de 2011

O rESPLANDOr. COMPARACIÓN DA PELI CO LIBRO

1. PERSONAXES:
         -Jack: É o principal protagonista, sofre un grao moi alto de esquizofrenia e ten visións de pantasmas. No libro céntrase máis nas visións que ten das pantasmas, mentres que na película centrase máis no seu estado psicolóxico.
       -Danny: É o fillo de Jack, ten coma un poder sobrenatural que lle permite comunicarse con outras persoas que tamén o teñen e ver pantasmas. Hai dúas grandes diferencias entre o libro e a película respecto a Danny, a primeira é que no libro ve a unha muller pantasma que lla fai dano e na película hai alguén que lle fai dano pero non se sabe quen é, déixase aberto á imaxinación do espectador, a segunda grande diferenza é que na película el ve a dúas rapazas pantasmas que lle da moito ambiente á pelicula e no libro cítanse pero non aparecen.
           
-Wendy: É a nai de Danny e a esposa de Jack. Non hai moita diferenza entre a película e o libro respecto a este personaxe, é unha muller de pouco carácter, sumisa ao seu home, pero que tamén se sabe enfrontar a el para defender ao seu fillo e que ao final ten unha forza extraordinaria.

         -Halloran: É un empregado do hotel que se fai moi bo amigo de Danny xa que ten o mesmo poder ca el o “esplendor” ou “resplandor”. Hai unha diferenza moi grande da película ao libro, e é que na película morre dun machadazo na cabeza e no libro leva un golpe moi grande pero non morre.

2. ESPAZO:
         -Hotel: O hotel ten máis ou menos a mesma importancia na película ca no libro, pero hai unha diferenza, xa que no libro conta o tempo que pasou dende que chegaron ao hotel ata que comeza a nevar e quedan atrapados no hotel, en cambio, na película vai directamente á parte que realmente importa da historia, cando a familia queda illada pola neve e vixiando soa o hotel
         -Garaxe: O garaxe ten menos importancia na película ca no libro. No libro o garaxe ten moita importancia xa que é alí donde Jack atopa as “armas” para atacar á súa familia, en cambio na película alí simplemente atopan o coche-oruga para escapar.
         -Labirinto: No libro hai un grande xardín con sebes en formas de animais que cobran vida e atacan aos personaxes, na película isto é substituído por un gran labirinto no cal Danny despista a Jack cando ía detrás del para matalo. 

3. TEMPO:
Evidentemente unha película non pode durar tanto coma un libro pero a verdade é que aínda que se lle suprimiron moitas partes ao libro (a explicación de por que Jack perdera o seu traballo de profesor, por exemplo) non se notan en absoluto e dá a sensación de que a película é máis directa.

 Opinión persoal:Todo isto de que a película está mellor ca o libro estao a dicir un rapaz ao que non lle gustan as películas baseadas en novelas. Así que sacade as vosas propias conclusións.
Damián





Resumo e comentario do film O Resplandor

RESUMO

A película comeza cando jack un aspirante a escritor decide facerse cargo dun hotel que permanecerá pechado  todo o inverno. El terá que facerse cargo do mantemento (acender e vixiar a calefacción e reparar algún desperefecto). O director explícalle que  no hotel pasaran cousas raras e que a soidade volvera tolo a outro conserxe que estivera antes ca el (e matara a súa familia alí dentro, a muller e dúas fillas). Jack explícalle que el quere acabar de escribir un libro, que á súa muller lle gusta a lectura e o seu fillo non terá problema.
Ao chegar ao hotel o fillo, Danny , coñece a un cociñeiro  chamado  Dick que ten o mesmo don ca el: o esplendor ou resplandor, unha capacidade psíquica para percibir pensamentos dos demais e transmitir cousas aos que posúen ese don. Dick coméntalle que pasaron cousas hai anos no hotel pero que non debe ter medo xa que son como imaxes dunha película ou reflexos nun espello.
Ao marchar o persoal do hotel, a familia queda soa. Jack vaise volvendo máis maniático mentres o fillo explora o hotel e percibe cousas como unhas rapazas xemelgas ao fondo dun corredor que chaman por el e que logo ve asasinadas. O pai comeza a volverse tolo ata que intenta matar a súa muller e ao seu fillo.
Wendy intenta avisar pola radio pero dáse de conta de que Jack a estragou. Tamén intenta usar o coche ,pero Jack tamén o avariou. Dick  recibe un sinal de Danny alertando do perigo que corren. Cando o cociñeiro chega ao hotel Jack dálle un machadazo. 
Despois, Danny, vai ao labirinto  pero o dáse de conta de que  o pai o segue e agáchase para que non o pille. Logo ve o coche de  Dick  e escapa con súa nai mentres Jack se conxela no medio do  labirinto. 
COMENTARIO
A película é un bo film, contan cunha actuación extraordinaria de Jack Nickolson que ofrece toda un repertorio de caretos que mostran como vai perdendo o siso pouco a pouco ata deixar evidencia do proceso de esquizofrenia que sofre o personaxe.




Esta peli conta cunha das secuencias de medo máis impactantes da historia do cinema. Tan só cun neno andando en triciclo polos longos corredores dun hotel crea un enorme suspense e logo, cando se atopa coas nenas xemelgas que chaman por el ao final do corredor provoca un arrepío en quen estea vendo o film. 


En definitiva, que só por estas dúas cousas xa merece a pena ver a peli pero en xeral dámoslle un 9 a este film dun dos mellores directores da historia do cinema, Stanley Kubrick.


Resumo e comentario do libro O Resplandor

LIBRO. Resumo e comentario
Jack, un exprofesor e escritor en paro consegue un traballo no inverno. Será o encargado de mantemento dun hotel. Ao acabar a temporada de verán múdase coa súa familia para ocuparse do hotel na estación invernal; só están el, o seu fillo Dani e a súa muller, Wendy. Jack ten que coidar do hotel, reparar algún desperfecto, acender a calefacción nunha parte distinta cada día e vixiar que a presión non suba porque pode rebentar a caldeira.
Dani, o fillo, ten o resplandor, unha dobre identidade, un amigo imaxinario co que fala comenta as cousas, e na maioria da película déixase levar polo que éste lle di. Ao chegar ao hotel encóntrase co cociñeiro Dick Hallorann, que tamén ten o “esplendor” ou “resplandor” e que lle comenta que máis xente o ten. Dille, que non teña medo se ve algo extraño no hotel, que non se achegue á habitación 213 e que se precisa del que o chame coa mente porque o percibirá

Antes de quedar illados pola neve, Danny percibe un perigo no hotel, xa que ten a capacidade de presentir cousas e baixan á vila para visitar un doutor e preguntar como ve o neno. O doutor di que ese “presentimento” ou capacidade para adiviñar cousas explícase porque se debía a que coñecía a información aínda que non fose consciente diso.
Ao volver ao hotel os pais están máis calmados pero non seguros xa que comezan a suceder cousas raras. O pai percibe un día como as sebes do hotel, que están cortadas en formas de animal (leóns, cans, etc) parece que cobran vida e se moven. Un día, mentres xoga, o neno é atacado polas buxos e escapa por pouco. As feridas do neno aumentan a desconfianza entre os pais xa que a nai ten medo de que o pai lle faga dano ao rapaz xa que nunha ocasión lastimárao e rompéralle un brazo.
Neste inverno ocoorren moitas cousas. Dani empeza a ver pantasmas e Jack padece unha especie de doenza, un mal xenio incontrolado que lle supuxera a perda do traballo como profesor por baterlle a un alumno que pillara rabuñándolle o coche. Todo isto está agudizado porque cae de novo bebida e visita o bar onde fala cun camareiro, aínda que en principio o hotel estaba vacío. A presenza de seres no hotel, no que sucederan varias mortes antes, segue a facerse patente, xa que Danny atópase cunha muller na habitación prohibida que o ataca. Jack visita a habitación e percibe algo, pero dille a Wendy que non viu nada.
Todo o que pasa aumenta o proceso de esquizofrenia de Jack. Comeza a falar con seres e o “hotel” apodérase del. A muller, Wendy, é a única que se mantén ben e firme durante o libro e aguanta os ataques de Jack. Pelexan e bátelle, pero Jack, malferido segue atacándoa e dille que vai polo neno.
Danny, ou Doc familiarmente, envía una mensaxe a Dick Hallorann para que volva e o cociñeiro regresa para axudarlles. Cando chega ao hotel os cans e animais das sebes trábano pero Dick desfaise das criaturas vexetais animadas e entra no hotel. Axúdalle a Wendy e buscan a Doc. Este enfréntase ao hotel, que quería a Danny e os seus poderes; o neno baixa do terceiro andar rápido e sae con súa nai e Dick do hotel, que rebenta porque a presión da caldeira faino estoupar. Mentres o hotel se incendia, con Jack medio morto dentro, foxen pero ao entrar no garaxe Dick nota como algo aínda chama por eles. Marchan para escapar daquel sitio maldito.
No libro descríbense moitas situación de terror con pantasmas, aínda que certos capítulos son algo repetitivos. O libro podería ser igual de complexo e interesante sen certas paxinas e incluso episodios. Con todo, en xeral é un libro expectacular e para aquel que lle guste o xénero de terror é recomendable xa que Stephen King é un verdadeiro xenio nisto.
Este libro de Stephen King trata temas como o medo, a soidade, a esquizofrenia, os poderes ocultos, a violencia, o amor dos pais polos fillos, o amor e perda de amor entre os cónxuxes, a desconfianza, a bebida, as mentiras e moitos outros que fan que resulte moi interesante de interpretar. Pero, o mellor, é lelo.

O RESPLANDOR

A primeira lectura deste curso é O Resplandor. Esta obra, do estadounidense Stephen King, pertence ao xénero do terror.

Lemos esta obra durante o mes de outubro e vimos o film de Stanley Kubrick baseado nesta novela. Neste mes de novembro comentamos o libro e preparamos os artigos do blog. Temos os seguintes:

Resumo e comentario do libro
Resumo e comentario do film
Comparación do libro co film

LECTURAS DESTE CURSO

Este curso imos realizar cada trimestre dúas lecturas; a distribución será así:

1ª lectura: libro con versión cinematográfica; leremos o libro e veremos un día xuntos o film. Logo comentaremos o libro e o film ademais de comparalos.
2ª lectura: proposta polos integrantes do club e acordada entre todos.

Xéneros:
1ª avaliación: terror
2ª avaliación: drama
3ª avaliación: comedia

21 de novembro de 2011

AS PORTADAS 2011-2012

Ola, amantes das portadas!

Este curso 2011-2012 imos conformar o club de lectura do CPI Domingo Fontán de Portas:
Alba Goldar (1º ESO)
Sara Goldar (3º ESO)
Guillermo Buceta (4º ESO)
Nacho Gómez (4º ESO)
Damián Ferreira (4º ESO)
Adrián Novás (4º ESO)
Xoán Constenla (profesor)

Reunirémonos os luns de 17.30 a 19.00 horas aproximandamente.  Dous rapaces de 1º ESO non puideron incorporarse este ano por culpa do horario; esperemos que se poidan integrar para o ano.