28 de novembro de 2011

Resumo e comentario do film O Resplandor

RESUMO

A película comeza cando jack un aspirante a escritor decide facerse cargo dun hotel que permanecerá pechado  todo o inverno. El terá que facerse cargo do mantemento (acender e vixiar a calefacción e reparar algún desperefecto). O director explícalle que  no hotel pasaran cousas raras e que a soidade volvera tolo a outro conserxe que estivera antes ca el (e matara a súa familia alí dentro, a muller e dúas fillas). Jack explícalle que el quere acabar de escribir un libro, que á súa muller lle gusta a lectura e o seu fillo non terá problema.
Ao chegar ao hotel o fillo, Danny , coñece a un cociñeiro  chamado  Dick que ten o mesmo don ca el: o esplendor ou resplandor, unha capacidade psíquica para percibir pensamentos dos demais e transmitir cousas aos que posúen ese don. Dick coméntalle que pasaron cousas hai anos no hotel pero que non debe ter medo xa que son como imaxes dunha película ou reflexos nun espello.
Ao marchar o persoal do hotel, a familia queda soa. Jack vaise volvendo máis maniático mentres o fillo explora o hotel e percibe cousas como unhas rapazas xemelgas ao fondo dun corredor que chaman por el e que logo ve asasinadas. O pai comeza a volverse tolo ata que intenta matar a súa muller e ao seu fillo.
Wendy intenta avisar pola radio pero dáse de conta de que Jack a estragou. Tamén intenta usar o coche ,pero Jack tamén o avariou. Dick  recibe un sinal de Danny alertando do perigo que corren. Cando o cociñeiro chega ao hotel Jack dálle un machadazo. 
Despois, Danny, vai ao labirinto  pero o dáse de conta de que  o pai o segue e agáchase para que non o pille. Logo ve o coche de  Dick  e escapa con súa nai mentres Jack se conxela no medio do  labirinto. 
COMENTARIO
A película é un bo film, contan cunha actuación extraordinaria de Jack Nickolson que ofrece toda un repertorio de caretos que mostran como vai perdendo o siso pouco a pouco ata deixar evidencia do proceso de esquizofrenia que sofre o personaxe.




Esta peli conta cunha das secuencias de medo máis impactantes da historia do cinema. Tan só cun neno andando en triciclo polos longos corredores dun hotel crea un enorme suspense e logo, cando se atopa coas nenas xemelgas que chaman por el ao final do corredor provoca un arrepío en quen estea vendo o film. 


En definitiva, que só por estas dúas cousas xa merece a pena ver a peli pero en xeral dámoslle un 9 a este film dun dos mellores directores da historia do cinema, Stanley Kubrick.


Ningún comentario:

Publicar un comentario