31 de outubro de 2019

Club de 5º A no Samaín 2019

O club de lectura de 5º A realizou unha lectura dramatizada para este Samaín 2019. Este grupo interpretou a obra Un pesadelo no meu armario para toda a comunidade escolar de infantil e primaria en 4 actuacións durante toda a mañá

As integrantes realizaron os seguintes papeis:

Carolina: nena
Marcos: Pesadelo 1º
Mariña: Pesadelo 
Alba: Pesadelo 
Sabela: Pesadelo 
Gabriela: Pesadelo 
Daniela: Pesadelo 
Yago: Pesadelo 
Manuel: Pesadelo 
Ainhoa: Pesadelo 

Noa: lectora
Leyre: lectora

14 de outubro de 2019

Club de lectura 2019-2020

Ola!

Xa temos en marcha o club de lectura As Portadas 2019-2020.

Contaremos coa seguinte organización:

Club de Primaria: alumnado de 5º e 6º. Arredor de 20 persoas, profe responsable Xan, día fixo para quedar: martes no recreo

Club de ESO: alumado de 1º a 4º de ESO. Arredor de 50 persoas (dividiranse en 3 grupos)
Profesorado responsable:
-María Roma (días para quedar: luns, martes e venres no recreo)
-Xan (día fixo para quedar: venres; xoves co club atrevido, sempre no recreo)
-Santi (día fixo para quedar: venres no recreo)

Club de adultos. Arredor de 10 persoas: para quedar: 1 vez ao mes, os xoves ás 15.10

Algúns luns e martes quedaremos cos diferentes clubs no recreo de comedor (a partir das 14.20 e ata as 15.45 segundo dispoñibilidade)

Un saúdo e benvida a tod@s @s participantes