20 de decembro de 2013

Literatura, cinema e música para o festival de nadal.

O xoves 19 de decembro de 2013 celebrouse o festival de nadal do CPI Domingo Fontán de Portas no auditorio da antiga azucreira. O club de lectura participou cunha obra na que se dramatizaban 6 escenas de obras levadas ao cinema. As películas tiñan que ter unha base literaria, case todas estaban baseadas en novelas ou contos e unha refírese a un xénero de literatura rústica popular moi de moda ata 1950. Ademais, as escenas estiveron acompañadas pola música correspondente do film e por unha presentación na pantalla con fotogramas das películas. A orde de representación foi a seguinte:
1. Almorzo en Tiffani's (Club de lectura de ESO)

2. Mary Poppins (Club de lectura de Primaria)

3. Pulp Fiction (Club de lectura de ESO)


4. Branca de neve e os sete ananos (Club de lectura de Primaria)




5. O derradeiro dos mohicanos (Club de lectura de ESO)


6. Charlie e a fábrica de chocolate (Club de lectura de Primaria)


O pintor do sombreiro de malvas

A obra de lectura para o club de Secundaria para este último mes foi unha homenaxe aos galardoados do co premio "Eres de libro". A finais do curso pasado, catro integrantes do alumnado de 3º ESO (actualmente en 4º ESO) participaron nun proxecto integrado na biblioteca en colaboración co Departamento de Plástica. O estudantado foi obsequiado co galardón do concurso "Si eres original, eres de libro". Este traballo, coordinado pola profesora do Departamente de Educación Plástica, versaba sobre a obra de Van Gogh e as Cartas a Theo.
Este trimestre decidimos no Club de Lectura "As Portadas" traballar sobre o extraordinario pintor holandés cunha obra do marabilloso escritor galego Marcos Calveiro que trata sobre un momento crucial na vida do autor dos Países Baixos: O pintor do sombreiro de malvas.