
A obra de lectura para o club de Secundaria para este último mes foi unha homenaxe aos galardoados do co premio "Eres de libro". A finais do curso pasado, catro integrantes do alumnado de 3º ESO (actualmente en 4º ESO) participaron nun proxecto integrado na biblioteca en colaboración co Departamento de Plástica. O estudantado foi obsequiado co galardón do concurso "Si eres original, eres de libro". Este traballo, coordinado pola profesora do Departamente de Educación Plástica, versaba sobre a obra de Van Gogh e as
Cartas a Theo.
Este trimestre decidimos no Club de Lectura "As Portadas" traballar sobre o extraordinario pintor holandés cunha obra do marabilloso escritor galego Marcos Calveiro que trata sobre un momento crucial na vida do autor dos Países Baixos:
O pintor do sombreiro de malvas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario