6 de febreiro de 2024

Vídeo da actuación de 6º no Día da Paz

 Deixamos enlace ao vídeo dunha das actuacións de 6º


Obra de 6º de Primaria para o Día Escolar da Paz

 Desde o club de 6º optamos por facer unha obra propia pero baseada nunha das ideas do decálogo de actuacións para a Paz...

A vacina contra o COVIOLENTO virus.

Así, puidemos deseñar unha obra baseada nas nosas integrantes e poder, ao mesmo tempo, desenvolver unha idea fantasiosa para o Día da Paz

Deixamos copia da obra

A vacina contra o COVIOLENTO VIRUS

 

6º (2024)

 

 

 

Relatora 1-xornalista 1

 

Soldado 1

 

Relatora 2-xornalista 2

 

Soldado 2

 

Científica 1

 

 

 

Científica 2

 

 

 

Nen@ 1

 

 

 

Nen@ 2

 

 

 

Nen@ 3

 

 

 

Nen@ 4

 

 

 

Nen@ 5

 

 

 

 

 

R1: Ola, nenas e nenos!

R2: Como moit@s de vós sabedes a etapa máis dura do coranovirus xa pasou

R1: Pero aínda así, non desapareceu de todo e seguen quedando moitos máis virus por aí.

R2: A gripe A, o novo COVID, os arrefriamentos…

R1: Pero diredes vós… Que teñen que ver os virus co Día Escolar da Paz e da Non Violencia?

R2: Pois… máis do que parece, porque vos imos contar unha historia sobre un virus un pouco diferente

R1: Trátase dun virus violento que se vai reproducindo en nós a medida que se reciben malas contestacións ou situacións desagradables

R2: E as médicas e científicas estanos estudando, porque aínda non saben o remedio

R1: Imos ver o que pasaría se este virus existise                                                               

R2: Comezamos contando a historia dun grupo de rapazas e rapaces que estaban xogando ao fútbol no patio

 

SITUACIÓN 1 (n1-n2 vs n3-n4)

 

N1: Veña, imos meter gol

N2: Coidado que che van facer falta

N3: Ti non pasas, pailán

N1: Ai!, fixéchesme falta

N4: Non me sexades queixicas. Estades feitos de palla.

N3: Si. Sodes de palla,

N3-N4: sodes palla, SODES PALLA, … (rin)

N1: Non somos de palla, o que sodes é uns brutalláns

N2: Si, non se pode xogar con vós, sempre andadaes a dar patadóns

N1: Eu paso, vou xogar a outra cousa

 

(n1 e n2 marchan)

 

 

SITUACIÓN 2 (N1 E N2 chegan enfadadxs e atopan a N5)

N5: Que vos pasou

N1: A ti que che importa?

N5: Eh!! Que eu non che fixen nada

N1: Pois déixame en PAZ

N5: Tranquilo, eh! Só ía dicirvos se queriades xogar ao xadrez

N2: Déixanos en paz, non queremos xogar a nada

N5: Que vos pasou, volvestes perder co outro equipo

N2: Non, non rematou o partido, pero sempre que imos meter gol dannos patadas e por riba insúltannos.

N5: Pois non xoguedes contra ese grupo

N2: Entón disnos que non xoguemos ao fútbol?

N5: Ei, POR MIN XOGADE AO QUE QUEIRADES, PERO DESPOIS NON VOS QUEIXEDES. Deixádeme en paz tamén, eu non vos fixen nada

 

 

R1: @ nen@ 5 decatouse de que algo estaba a pasar

R2: Os brutalláns enfadaran aos seus amigos e ao falar con eles ela acabou tamén enfadada

R1: Paul@ on entendía ben que pasaba, pero agora ela volvérase tamén máis agresiva

R2: Como coñecía a unhas médicas e científicas foi falar con elas.

 

SITUACIÓN 3 (científicas e n5)

 

C1: Ola, Paul@! Que tal! Como estás?

C2: Canto tempo sen verte! Que che pasou? Tés cara de preocupación….

N5: Pois si, é que está pasando algo que non entendo

C1: Que foi logo?

N5: Pois antes levabámonos ben todas e todos pero ultimamente empezou algunha xente a comportarse de forma máis agresiva e iso levou a que as demais persoas tamén se volvesen máis desegradables.

C2: E ti como te sentes?

N5: Pois eu tamén noto que estou empezando a responder mal, a levantar a voz…

C1: Ummm! Parece que pode haber un contaxio, logo…

N5: COMO QUE ESTOU CONTAXIADA… DE QUE?

C2: Tranquila, non sabemos que pasa, temos que estudialo. Onde vos poderiamos ver?

N5: Pois, no parque mesmo.

C1: Mañá ao saír do colexio iremos vervos

N5: Si, é mellor que o vexades vós mesmas

C2: Xa o estamos empezando a ver…

(marchan)

 

R1: As científicas achegáronse ao parque ao día seguinte

R2: A rapazada decidira xogar ao pilla-pilla

SITUACIÓN 4 (tod@s, a rapazada xogando ao pilla, as científicas observan desde lonxe)

 

N1: Pilleite (a N2)

N2: Pero de que vas? Por que vés a por min?

N3: O xogo é así…

N2: Pero tíñate máis preto a ti e colleume a min

N4: Pareceríalle máis fácil pillarte a ti, como es máis lent@

N2: (empurra a N4) Estou fart@ de ti, sempre a picar

N5: Parade. Nin xogando ao pilla podemos estar tranquil@s

 

(as científicas achéganse)

C1: Rapazas, rapaces. Somos médicas e científicas. Xa nos coñecedes; podemos facervos unha proba?

C2: Non vai doer. Só é mirarvos a temperatura e tomar unhas mostras

N5: Vale

N1: A min non me importa

N2: Por min tamén vale

N3: Eu xa teño ido á vosa consulta. Claro que vos deixo mirar

N4: Si. Eu tamén vos deixo.

 (Miran a temperatura e toman mostras de cuspe)

 

C1: Ben, grazas pola vosa colaboración

C2: E agora temos que ir ao laboratorio a analizalas

tod@s: De nada…

(marchan)

 

R1: As médicas e científicas marcharon preocupadas polo que viran

R2: E polas probas que fixeran… Foron estudalas ao seu laboratorio…

 

SITUACIÓN 5 (laboratorio)

 

C1: A cousa está moi mal; tiñan a temperatura bastante alta

C2: E a tensión disparada…

C1: A ver que se observa no microscopio

(miran)

C2: Vaia… Incrible…É un virus descoñecido

C1: Si, parécese ao do COVID e ao da gripe pero é máis vermello

C2: E aínda que é microscópico ten un tamaño maior ca os outros virus, é como máis forte… e ten cara de enfado

C1: Pois teremos que poñerlle un nome…

C2: Que che parece… COVIOLENTO VIRUS

C1: Moi ben… Porque volve á xente máis agresiva…

C2: Si. Agora teremos que buscar un remedio

C1: O mellor é que comecemos a preparar unha vacina nova

C2: Si, senón a xente vaise volver toda unha contra a outra…

 

SITUACIÓN 6 (as narradoras/relatoras fan de xornalistas e entrevistan as científicas que descubriron a vacina…)

 

 

R1: Bo día! Abrimos este noticieiro cunha excelente nova…

R2: Despois de varias semanas de incerteza polo COVIOLENTO VIRUS que estaba infectando a nosa sociedade pode que xa teñamos remedio…

R1: Dúas científicas galegas que descubriran a orixe do virus pode que atoparan tamén a solución… Unha vacina

R2: E témolas aquí connosco… Dígannos, xa temos vacina para o COVIOLENTO VIRUS.

C1: Pois si. Despois de varias semanas de ensaios conseguimos unha vacina que cremos que funcionará

R1: E que hai que facer? Hai que vacinar a todo o mundo?

C2: Pois imos comezar polos grupos escolares porque alí é onde descubrimos os primeiros brotes

R2: E é moi dolorosa?

C1: Que va… Unha picadiña… e xa estás protexida

R1: Cando comezan coa campaña de vacinación

C2: Mañá mesmo…

R2: Pois moita sorte con este traballo.

 

(marchan)

 

 

SITUACIÓN 7 (as narradoras/relatoras fan de xornalistas e comentan a campaña de vacinación…)

 

R1: Bo día! Hoxe comeza a campaña de vacinación contra o COVIOLENTO VIRUS

R2: Estamos co grupo de escolares aos que se lles descubriu que tiñan o COVIOLENTO VIRUS

R1: Eles e elas serán con quen se comece esta campaña

R2: E as científicas-médicas que descubriron o virus van poñer elas mesmas as vacinas. Comezan agora

C1: A ver, a primeira persoa…

C2: Agora a segunda…

C1: Seguinte….

C2: Unha máis

C1: E a última por hoxe…

R1: (falando con n1) Como te sentes?

N1: Ben. Non me doeu e parece que xa non estou tan enfadad@…

R2 (a n2): E ti que tal?

N2: Case nin sentín a picada da vacina e xa non noto calor na cara, que me poñía todo rubio…

R1 (a n3): E a túa sensación?

N3: Eu nin me decatei. E estou máis relaxad@... Xa vou notando os efectos

R2 (a n4): E como foi a experiencia para ti?

N4: Sen sobresaltos; non me doeu a inxección e agora nótome en paz

R1: E por último a persoa que lles pediu ás doutoras que investigaran o que estaba a pasar. Como foi todo?

N5: Pois creo que foi ben… A min non me doeu a picada da inxección, o que me doía eran os comentarios duros e os enfados que estábamos a ter e que nos facían pelexar…

R2: E unha pregunta para as doutoras… Agora que virá…?

C1: Pois haberá que seguir vacinando a todo o mundo que presentaba síntomas de COVIOLENTO VIRUS.

R1: E de que se compón a vacina…

C2: Pois leva unha enzima que neutraliza o virus vermello do COVIOLENTO VIRUS e transfórmao noutra enzima beneficiosa para o organismo

R2: E non pensan en exportalo para os grandes conflitos internacionais

C1: Estamos traballando niso. Esperamos que poida valer para políticos e soldados que andan masacrando poboacións polo mundo

R1: Pois cando estean preparadas daremos esa información.

C2: Esperamos en  breve poder probala e así ver se conseguimos acabar coas guerras no mundo.

R2: Pois agardando que este remedio funcione tamén cos exércitos, despedimos a conexión por hoxe

(marchan tod@s e a rapazada rindo e con boa actitude)

 

SITUACIÓN 8 (xornalistas, científicas; soldados…)

 

R1: Bo día! Saudamos a nosa audiencia nun día especial. Hoxe vaise probar a vacina contra o COVIOLENTO VIRUS cos soldados e políticos que anda metidos en leas polo mundo

R2: Hoxe ímolo probar co exército de Israel que está masacrando a poboación Palestina de Gaza..

C1: Achégate… (pon vacina)

Soldado 1: Aiiii

C2: Ven aquí (pon vacina)

Soldado 2: Uiiii

R1: Parece que lles doe

C1: É que tivemos que facer unha dose máis forte para que funcione cos soldados e políticos que os mandan

R2: E será suficiente…?

C2: Non sabemos. Ímoslles poñer outras doses para que paren de matar…. Vinde aquí….

(perseguen os soldados e estes escapan das picadas das inxeccións, dicindo “déixame, para…”)

R1: E sen máis, despedímonos, agardando ir polo mundo adiante que quedan moitos conflitos.

R2: Pero oxalá este remedio funcione… En Gaza, en Ucraína e en moitas máis partes do mundo. Así que…

TOD@S XUNT@S:

NON Á GUERRA, NON ÁS GUERRAS E NON AOS MASACRES DA POBOACIÓN INOCENTE DO MUNDO