16 de decembro de 2022

Lectura de Juul


 Este mes de decembro volvemos ás reunións ordinarias do club de lectura, en concreto dos de 5º e 6º.

A obra que escollemos foi Juul, pensando xa na volta das vacacións e na posibilidade de ler unha obra que fale da violencia dos insultos e como lle afectan a un boneco.

A partir desta obra decidimos que xirará o noso traballo para preparar unha versión libre, adaptada por nós, para a representación no Día Escolar da Non Violencia (30 de xaneiro).

A nosa lectura foi en galego cunhas fichas de só texto, pero ante a curiosidade levantada no club pola dureza (e sorpresa) de que iso estivera nun libro infantil deixamos mostra dun enlace para achegarse á obra.

https://micolederiogordo.files.wordpress.com/2010/01/4016436-juul.pdf

O libro de Gregie de Maeyer e Koen Vanmechelen, aparentemente duro, é unha comprometida chamada de atención para que as persoas que o lean reflexionen sobre a crueldade e a violencia que pode chegar a darse entre a rapazada.

Con todo, Juul é un proxecto que intenta concienciar que tamén hai nenos e nenas (e persoas) que non insultan e invita a reflexionar como iso axuda aos demais. Nunha segunda parte, polo tanto, continuación do libro, podemos dialogar coa rapazada sobre que os insultos deconstrúen ao boneco e como as palabras de ánimo ou a atención adecuada nos axudan a reconstruírnos.

Polo tanto, sobre esta obra xirará a nosa actividade o vindeiro mes pero, como sempre, farémolo á nosa maneira.

E Bo Nadal!...

15 de decembro de 2022

Lectura de Primaria para o Nadal

 Despois dun parón pola ausencia do coordinador do club, volvemos con forza.

O club reuniuse de novo e decidiu ter unha obra recomendada para o nadal:

-O valo de Carlos Labraña

Esta obra está indicada tanto para 5º como para 6º, así que esperemos que nos guste

BOAS FESTAS!

13 de decembro de 2022

Club Atrevido

 O club atrevido reuniuse por primeira vez este curso. Os martes, preferentemente o primeiro de cada mes, de 12.15 a 12.40 teremos a xuntanza.

O club é de acceso libre pero as preferencias lectoras estableceranse a partir de pedimentos masculinos, coa finalidade de aumentar a presenza de lectores neste club.

A decisión xeral é que se lean preferentemente cómics, novelas gráficas e/ou banda deseñada. Tamén se admiten obras divertidas, comedias ou libros con sucesos cómicos...

Como primeira obra escollemos banda deseñada: 

El hobbit