16 de decembro de 2022

Lectura de Juul


 Este mes de decembro volvemos ás reunións ordinarias do club de lectura, en concreto dos de 5º e 6º.

A obra que escollemos foi Juul, pensando xa na volta das vacacións e na posibilidade de ler unha obra que fale da violencia dos insultos e como lle afectan a un boneco.

A partir desta obra decidimos que xirará o noso traballo para preparar unha versión libre, adaptada por nós, para a representación no Día Escolar da Non Violencia (30 de xaneiro).

A nosa lectura foi en galego cunhas fichas de só texto, pero ante a curiosidade levantada no club pola dureza (e sorpresa) de que iso estivera nun libro infantil deixamos mostra dun enlace para achegarse á obra.

https://micolederiogordo.files.wordpress.com/2010/01/4016436-juul.pdf

O libro de Gregie de Maeyer e Koen Vanmechelen, aparentemente duro, é unha comprometida chamada de atención para que as persoas que o lean reflexionen sobre a crueldade e a violencia que pode chegar a darse entre a rapazada.

Con todo, Juul é un proxecto que intenta concienciar que tamén hai nenos e nenas (e persoas) que non insultan e invita a reflexionar como iso axuda aos demais. Nunha segunda parte, polo tanto, continuación do libro, podemos dialogar coa rapazada sobre que os insultos deconstrúen ao boneco e como as palabras de ánimo ou a atención adecuada nos axudan a reconstruírnos.

Polo tanto, sobre esta obra xirará a nosa actividade o vindeiro mes pero, como sempre, farémolo á nosa maneira.

E Bo Nadal!...

Ningún comentario:

Publicar un comentario