6 de xuño de 2023

Xuntanza final do club atrevido

 Este mes remata o curso e, polo tanto, tamén as reunións do club de lectura. Con todo, decidimos facer unha última xuntanza do club atrevido para falar de Made in Galiza.

Tamén decidimos facer unha pequena reflexión sobre as obras que lemos e sobre a súa conveniencia de estendelas ao resto do centro, en especial para secundaria.

Así, decidimos que son obras moi acaídas para ter como "biblioteca de aula" para a "Hora de ler" e que, cando alguén non teña lectura propia poida botar man delas.

Así, recomendámolas para que haxa un exemplar de cada unha para o vindeiro curso nas aulas de cada grupo e comentouse que tamén se poderían incluír algunhas obras de ciencia.

Con esta suxestión do club atrevido, pois, rematamos o curso.

E atrevédevos a ler...

Ningún comentario:

Publicar un comentario