10 de xaneiro de 2023

Nova lectura do club atrevido

 Este mes retomamos as reunións regulares do club atrevido.

Despois da reunión de decembro onde decidimos que obras abordar e tras poñer como primeiro libro o hobbit de Tolkien consideramos que foi unha decisión acertada.

Esta obra permitiunos achegarnos ao mundo da Terra Media e ao universo do escritor británico e achéganos a un clásico versionado tamén no cinema.

En definitiva, consideramos seguir coa narración en imaxes, con esa mestura de cómic, narración e "teatro". Pero a seguinte obra será en galego...

A primeira obra que propoñemos ler no novo ano é  tamén unha banda deseñada: O pacto do letargo: o tríscele roubado



Ningún comentario:

Publicar un comentario