16 de maio de 2023

Dramatización do club de Primaria nas letras galegas

 Un ano máis, a colaboración do club de lectura co EDLG foi absoluta e encargámonos de dinamizar a vida e obra de Francisco Fernández del Riego cunha actuación de 5 º e 6º. O alumnado de Primaria dramatizou un día na vida escolar para preparar o traballo na Semana das Letras Galegas.

En 5º representaron papeis de funcionarios e funcionarias do centro que van preparar as letras e en 6º foron finalmente o alumnado que levou a práctica o planificado.

En definitiva, expuxemos para todo o centro do xeito máis entretido que puidemos unha actuación para lembrar a figura de Fernández del Riego.

Con todo, as actuacións do club non rematan aquí. Este ano fixemos unhas performances/bailes de cancións en galego para facer máis actuais os actos das letras galegas. Así, ademais de pasalo ben, traballamos coa poesía moderna en galego e asociamos o idioma a temas actuais.

Esperemos que a F. Fdez del Riego lle tivese gustado esta combinación de actos no seu ano como homenaxeado das Letras, el, que foi o impulsor inicial destes actos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario