8 de maio de 2023

Excursión do club de lectura As Portadas

 Este 8 de maio realizamos, como tiñamos previsto, unha excursión a Celanova para difundir o coñecemento de figuras das nosas letras e como a nosa sociedade está no camiño de recuperar o seu legado a través da máxima difusión posible das súas obras e restos de interese que queden en relación coa súa figura.

Así, nun primeiro lugar, visitamos a Casa Museo de Manuel Curros Enríquez mentres outro grupo se achegaba ao Mosteiro de San Salvador (non puidemos acceder á cúpula onde se di que estivo preso Celso Emilio Ferreiro e que si visitaramos noutra ocasión). Despois invertimos a orde dos grupos para que todo o mundo vise o mesmo.

Tras a pausa para o bocadillo dirixímonos a Vilanova dos Infantes para visitar a Torre e aprezar, entre outros cousas, unha réplica da Virxe de Cristal e contar a súa historia e o paradoiro descoñecido da orixinal por un triste suceso...

Pero o mellor de todo foron as horas de cultura e lecer que pasamos xuntas e xuntos grazas ao traballo durante todo o curso.

PARABÉNS AO CLUB. Tíñao merecido....

Ningún comentario:

Publicar un comentario