20 de novembro de 2012

Encontro dos clubs de Cuntis, A Estrada e Portas

Este curso realizamos unha primeira saída do club "As Portadas" do CPI Domingo Fontán para encontrarnos cos clubs de lectura do CPI Aurelio Rei de Cuntis e do IES Antón Losada Diéguez d' A Estrada. A xuntanza realizouse o martes 13 de novembro pola tarde.








O encontro realizouse en Cuntis, onde nos recibiron no CPI Aurelio Rei e nos xuntamos os tres clubs no salón de actos.




Posteriormente os clubs subimos a pé  ata Castrolandín, onde vimos o castro e gozamos das vistas sobre a vila d'O Baño, é dicir, Cuntis










Unha guía mostrounos o sitio e falounos da cultura castrexa e como se está a recuperar a zona de Castrolandín










Despois fomos ata a biblioteca de Cuntis onde nos ofreceron unha charla sobre a escritura e o debuxo. Héitor Picallo mostrounos como poder debuxar sobre materiais moi simples e como poder ser creativos ao tempo que reciclamos.









Logo fixemos unhas exposicións de lecturas e traballos dos clubs.






O club d´A Estrada fixo un resumo sobre a Odisea.












Logo fixeron uns experimentos lúdico-científicos














O club de Cuntis fixo un recitado de poemas












O club As Portadas fixemos un contacontos colectivo que prepararamos en inglés e galego para o Samaín










Logo fixemos outro contacontos interactuando co público dos outros clubs: os restos do morto











As contadoras do segundo conto












De volta ao CPI de Cuntis tomamos uns pinchos e fixemos unhas fotos do noso club











E tamén quedaron algunhas imaxes dos clubs mesturados que foron facendo amizades, especialmente Juan e Fran...












E, despois, de volta para a casa que xa era ben de noite...












1 comentario:

  1. N excursión a cuntis, pasámolo moi ben. Pero tivemos que camiñar moito para chegar o castro Landín, pero valeu a pena o final acabámonos divertindo moito todos xuntos e o mellor foi comentando todos os chismes cos profesores jaja

    ResponderEliminar