22 de xaneiro de 2013

Poirot

Poirot é o detective belga protagonista de Asasinato no Orient Express e tamén de outras obras da escritora Agatha Christie. Apareceu por primeira vez en 1920, n'O misterioso caso Styles e apareceu por última vez en 1975 en "Pano", un ano antes do pasamento da propia escritora que o creou.

Poirot foi descrito como un homiño baixo, calvo e cun longo bigote. Ten modais refinados e é moi ordenado e metódico. Esa orde e método sérvenlle para indagar mellor. Intercala frases en francés "prototípicas" e comete algúns erros gramaticais en inglés aínda que o fala bastante ben.

Poirot era un membro da Policía belga pero chega como refuxiado a Inglaterra despois da Primeira Guerra Mundial. Convértese en detective privado e acada un grande éxito pola resolución de numerosos casos polémicos e escuros. A súa sona persoal medra ao tempo que medra a literaria e chega a converterse no personaxe máis coñecido de Ágatha Cristie.

Existen diversas series e películas sobre Poirot, pero a serie de TV protagonizada por David Suchet é probablemente a mellor e tamén a máis longa no tempo. Apareceu por primeira vez en 1989 en episodios de aproximadamente 30 minutos e segue na actualidade con longametraxes de 90 minutos. Leva, en conclusión,  máis de 20 anos gravándose a serie-telefilm para a televisión.

Pódense ver episodios en Youtube, mon amie

Creadores de Asasinato no Orient Express

Sobre Asasinato no Orient Express podemos destacar 3 obras artísticas: a novela de Ágatha Christie; o film de 1974 de Sidney Lumet e a serie de TV de 1989 sobre o detective Poirot (interpretado excelentemente por David Suchet). Esta última obra foi a que visionamos en decembro, xa que xunto coa película viña tamén a obra da autora inglesa.


Agatha Christie (Torquai, 15 de setembro de 1890-Wallingford, 12 de xaneiro de 1976): A escritora Agatha Mary Clarissa Miller (máis conñecida como Ágatha Christie) foi unha autora inglesa especializada na narrativa dos xéneros policiais e románticos, por cuxo traballo recibiu recoñecemento a nivel internacional. Se ben redactou tamén contos e obras de teatro, as súas 79 novelas e decenas de historias breves foron traducidas aproximadamente a 109 idiomas e varias adaptadas para o cinema e o teatro. Personaxes clásicas como Miss Marple ou Hércules Poirot foron moi populares. Os seus catro mil millóns de novelas vendidas confirman unha cifra equiparable coa de William Shakespeare.  Ata a súa morte recibiu numerosos recoñecementos como un premio Edgar, o Gran Master Award da Asociación de Escritores de Misterio, diversos doutoramentos Honoris Causa e a designación como Comendadora da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II.


Sidney Lumet (Filadelfia, 1924-2011): director de cinema estadounidense, debutou como director cunha obra mestra (12 homes sen piedade, 1957). Dirixiu unha das mellores versións de Asasinato no Orient Express en 1974. Presenta algunhas variacións respecto á novela, pero é unha boa adaptación, manexando perfectamente os códigos cinematográficos para este tipo de films, mantendo a tensión e provocando diferentes sospeitas ata que se desenvolve ao final o misterio do asasinato acontecido no tren.






Philip Martin: Director de películas para TV, destaca por dirixir con solvencia obras de drama, misterio e crime. Para ser un director de TV dirixe con precisión pero tamén xoga con detalles narrativos da cámara que mostran ou suxiren, pero sen contalo todo. Destaca o seu traballo no proxecto de Poirot, serie de TV protagonizada por David Suchet, pero que xa salta a obras máis longas como a versión de Asasinato no Orient Express de 2010, de 90 minutos.


Asasinato no Orient Express

No pasado mes de decembro achegámonos á obra Asasinato no Orient Express de dúas maneiras: a través do libro de Ágata Christie e co visionado do film sobre o famoso detective Poirot.

O film visionámolo o pasado luns 17 de decembro en versión orixinal con subtítulos. Na opinión do alumnado do club de secundaria, é unha película que recomendamos para as persoas que lles gusten as historias de misterio e policíacas, aínda que tamén vén acompañado por unha subtrama romántica.

A historia é envolvente: está narrada dun xeito que mantén a tensión ata o final e é moi difícil descubrir quen é o asasino ou a asasina, xa que case todo o mundo é sospeitoso ou sospeitosa. A intriga está ademais apoiada por fantásticos xiros, comúns neste tipo de narracións pero que aquí se espreme case ao máximo. Así que non imos dicir máis, só que o asasino ou asasina...


20 de novembro de 2012

Encontro dos clubs de Cuntis, A Estrada e Portas

Este curso realizamos unha primeira saída do club "As Portadas" do CPI Domingo Fontán para encontrarnos cos clubs de lectura do CPI Aurelio Rei de Cuntis e do IES Antón Losada Diéguez d' A Estrada. A xuntanza realizouse o martes 13 de novembro pola tarde.








O encontro realizouse en Cuntis, onde nos recibiron no CPI Aurelio Rei e nos xuntamos os tres clubs no salón de actos.




Posteriormente os clubs subimos a pé  ata Castrolandín, onde vimos o castro e gozamos das vistas sobre a vila d'O Baño, é dicir, Cuntis










Unha guía mostrounos o sitio e falounos da cultura castrexa e como se está a recuperar a zona de Castrolandín










Despois fomos ata a biblioteca de Cuntis onde nos ofreceron unha charla sobre a escritura e o debuxo. Héitor Picallo mostrounos como poder debuxar sobre materiais moi simples e como poder ser creativos ao tempo que reciclamos.









Logo fixemos unhas exposicións de lecturas e traballos dos clubs.






O club d´A Estrada fixo un resumo sobre a Odisea.












Logo fixeron uns experimentos lúdico-científicos














O club de Cuntis fixo un recitado de poemas












O club As Portadas fixemos un contacontos colectivo que prepararamos en inglés e galego para o Samaín










Logo fixemos outro contacontos interactuando co público dos outros clubs: os restos do morto











As contadoras do segundo conto












De volta ao CPI de Cuntis tomamos uns pinchos e fixemos unhas fotos do noso club











E tamén quedaron algunhas imaxes dos clubs mesturados que foron facendo amizades, especialmente Juan e Fran...












E, despois, de volta para a casa que xa era ben de noite...












Club de lectura de Primaria

Este curso  continúa o club de lectura "as portadiñas" de primaria. Este formado por:

Paula Estévez (3º)
Sheila Cores (4º)
Uxía Mouriño (4º)
Sara Abraldes (5º)
Laura Acevedo (5º)
Aylin Amor (5º)
Sara Conde (5º)
Lucía Crespo (5º)
Paula Loureiro (5º)





Contamos con algunha colaboración masculina para actividades que fixemos no samaín, pero en principio este é o grupo que conforma o club deste ano. Algunhas persoas mostraran interese en asistir a determinadas actividades do club e esperamos que participen nalgunhas das xuntanzas durante o curso.

Club de lectura de ESO


O club de lectura de secundaria promete este curso estar moi activo. Un grupo de mozas e mozos entrou con folgos para reactivar o traballo dos cursos anteriores. Son todas novas incorporacións xa que a maioría do ano pasado remataron a secundaria obrigatoria.

Este ano o club está conformado de inicio por:

Fran Fontán (3º A)
Inés Martínez (3º A)
Carmen Saavedra (3º A)
Jessi Torres (3º A)
Adrián Arís (3º B)
Jenni Dopazo (3º B)
Rebeca Martínez (3º B)
Lucía Meis (3º B)
Sabela Mosteiro (3º B)
Martín Gómez (4º A)
Alex Meis (4º A)
Juan Ocampo (4º A)

Club As Portadas 2012-2013

Ola, boas!

Este curso 2012-2013 imos ter no CPI Domingo Fontán tres clubs de lectura:

1) Club de lectura de primaria
2) Club de lectura de secundaria
3) Club de lectura de adultos

Os cursos pasados funcionaba o club de lectura de ESO, que este ano continúa con novas incorporacións. A finais do curso pasado comezou a funcionar o club de  Primaria, que este ano continúa con forza. Ademais para este curso teremos a novidade do club de Adultos, formado fundamentalmente por profesorado.