12 de xaneiro de 2024

Reunión dos clubs de Primaria en xaneiro

 Este mes de xaneiro reunímonos en 5º e 6º, como viña sendo habitual, no primeiro xoves e no primeiro venres respectivamente. 

A primeira toma de contacto valeu para planificar o mes e, tendo en conta que no horizonte está o Día da Paz, decidimos preparar algo para esa data.

Nesta reunión optamos por varias propostas para realizar ese día para ao final decantármonos por unha. Os dous grupos queremos realizar algunha actuación pública, aínda que o enfoque vai ser distinto en cada unha.

Para rematar deixamos as propostas que manexamos para ese día:

 

ACTIVIDADES PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (30 XANEIRO)

 1.      Símbolos da paz. Coñecer, expoñer, explicar (ata 12…)

2.       2. Semáforo da paz (Vermello: accións cotiás negativas; laranxa/amarelo: accións que chaman a atención; Verde: Accións positivas

3.      3. Contar historias (historia de Punto-UNICEF; Todos somos diferentes…Twinkel…)

4.      4. Recitado de poemas..(

5.      5. Cancións da paz

6.      6.Ditos e proverbios mundiais

7.      7. Historias cotiás breves: realizar representacións sobre relacións tóxicas e relacións sans; amizade, responsabilidade, respecto e empatía… Establecer límites entre o que é aceptable e o que non..

8.      8. A VACINA DO BO TRATO contra o COVIOLENTO VIRUS. Un virus infecta a moitas persoas, o virus vólvese perigoso; un grupo investiga unha vacina; trátase a vacina e ponse coidado para frear o virus… INGREDIENTES: respecto, escoitar, saber ceder, aceptar as propostas dos demais…

9.      9. Glosario sobre a violencia-paz… (poderíase combinar co semáforo: agresividade en vermello, asertividade en verde)

1010.   Xogos de rol; resolución de conflitos...

E

Ningún comentario:

Publicar un comentario