
Esta obra destaca pola súa técnica narrativa, polos personaxes que eran socios e amigos e que a distancia entre California e Alemaña vai separando non xa fisicamente senón politica, ideoloxica e humanamente. A obra resulta de lectura áxil e marca unha advertencia do perigo que supoñía un rexime que denunciarán outras obras mestras do cinema como O gran dictador de Charles Chaplin dous anos despois.
Sen desvelar detalles da obra, cabe destacar que Enderezo descoñecido presenta un final sorprendente, á vez que intelixente. Cualificamos a mestría desta obra como un sobrasaliente pola denuncia, pedimento de xustiza e resaltación de valores humanos que presenta. Consideramos que é unha obra moi reconmedable para revisar temáticas como xustiza, igualdade, contra o racismo e xenofobia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario