11 de febreiro de 2014

Lectura do mes na ESO: The host

A obra que escollemos no club de ESO para este mes é The Host, libro da escritora de best-sellers Stephenie Meyer (autora da saga Twilight, traducida ao castelán como Crepúsculo).

Esta novela romántica conta como uns alieníxenas, que reciben o nome de "almas", invaden corpos e mentes de humanos e humanas. Na historia, unha humana, Melanie Stryder, non perde a súa conciencia e négase a desaparecer, polo que conviven no corpo dúas "especies" unha terrestre e outra extraterrestre. Isto provoca por veces conflitos e ocasiona que teñan que aprender a convivir as dúas conciencias.

A obra presenta aspectos interesantes como a necesidade de compartir un espazo con ideas distintas pero tamén reusulta curioso como se presenta un triángulo amoroso xa que Melanie mostra os seus sentimentos por Jared, un humano que vive oculto e eses sentimentos chegan á mente invasora, Wanderer, que acaba amando tamén a Jared.

As obras de Meyer presentan algúns aspectos polémicos desde o punto de vista da muller. Grupos feministas acusan á escritora mormona estadounidense de presentar as protagonistas femininas como sumisas ao home (en Crepúsculo Bella é sumisa a Edward, busca sempre a súa protección, depende completamente del). En The host (A hóspede) poderíase dicir que ao final "dúas mulleres" acaban amando ao mesmo home, curiosamente as dúas dentro do mesmo corpo.

Máis alá das polémicas que ocasionan algunhas personaxes femininas de Meyer, a escritora americana consegue un grande número de seguidores e seguidoras grazas a argumentos fantásticos que conteñen unha forte dose de misterio aínda que a historia é sempre contada de forma áxil e sinxela, feito que ocasiona unha lectura amena.

No 20013 fíxose unha versión cinematográfica da novela (2008)

3 comentarios:

  1. Hola! Son un lector do clube do C.P.I Viaño Pequeno, animádevos a visitarnos:
    http://bibliotrazo.blogspot.com.es/
    Por certo, a min esa novela volvoume tolo! Un aplauso por Estrphenie Meyer!

    ResponderEliminar
  2. Hola! Grazas por visitar a nosa páxina. Xa miramos a vosa páxina e está moi ben elaborada e ten cousas moi curiosas, parabéns.

    ResponderEliminar
  3. Boas, este libro encantoume. Non había lido antes novelas escritas por Sthephenie Meyer, para a miña opinión esta escritora escribe moi ben e fai que as dúas historias te atrapen.
    E por certo, Wanderer ao comezo da novela séntese atraída por Jared pero enamórase de Ian.
    Adeus! Un saúdo!

    ResponderEliminar