
Este curso realizamos unha primeira saída do club "As Portadas" do CPI Domingo Fontán para encontrarnos cos clubs de lectura do CPI Aurelio Rei de Cuntis e do IES Antón Losada Diéguez d' A Estrada. A xuntanza realizouse o martes 13 de novembro pola tarde.

O encontro realizouse en Cuntis, onde nos recibiron no CPI Aurelio Rei e nos xuntamos os tres clubs no salón de actos.
Posteriormente os clubs subimos a pé ata Castrolandín, onde vimos o castro e gozamos das vistas sobre a vila d'O Baño, é dicir, Cuntis

Unha guía mostrounos o sitio e falounos da cultura castrexa e como se está a recuperar a zona de Castrolandín

Despois fomos ata a biblioteca de Cuntis onde nos ofreceron unha charla sobre a escritura e o debuxo. Héitor Picallo mostrounos como poder debuxar sobre materiais moi simples e como poder ser creativos ao tempo que reciclamos.
Logo fixemos unhas exposicións de lecturas e traballos dos clubs.
O club d´A Estrada fixo un resumo sobre a Odisea.
Logo fixeron uns experimentos lúdico-científicos

O club de Cuntis fixo un recitado de poemas

O club As Portadas fixemos un contacontos colectivo que prepararamos en inglés e galego para o Samaín

Logo fixemos outro contacontos interactuando co público dos outros clubs: os restos do morto
As contadoras do segundo conto

De volta ao CPI de Cuntis tomamos uns pinchos e fixemos unhas fotos do noso club

E tamén quedaron algunhas imaxes dos clubs mesturados que foron facendo amizades, especialmente Juan e Fran...
E, despois, de volta para a casa que xa era ben de noite...