30 de maio de 2011

La huella. Deixou pegada.


A película “la huella”, aínda que eu pensaba que ía ser unha película aburrida, xa que data do ano 1972, deime conta, nada máis empezar a vela, de que estaba totalmente equivocado.
Esta longametraxe, dirixida por Joseph L. Mankiewicz e con Laurence Oiver e Michael Caine como únicos protagonistas, relata unha historia moi divertida sobre un gran escritor de novelas policíacas, Andrew Wyke. Este decatase de que a súa muller o está enganando con outro home, Milo Tindle; entón proponse chamalo e quedar con el para falar do caso, cando en realidade o único que pretendía era humillalo para que deixara de facerlle as beiras á súa muller, mais saíulle mal a artimaña.
O engano ao que quería someter a Milo consistía en finxir que este lle roubaba unhas xoias, entón Andrew, utilizando este feito como coartada, simula matalo dándolle así un susto de morte.
Para desgusto de Andrew, Milo tomou represalias contra el e quixo pagarlle coa mesma moeda facéndose pasar por un policía que investigaba a súa desaparición e dicíndolle que todos os feitos o apuntaban a el como ao autor da desaparición.
A min pareceume incrible que se puidera facer unha película tan boa con só dous actores. Por certo, esta película está baseada nunha obra de teatro de Anthony Shaffer.

Damián Ferreira



A película “La huella” resultoume  sublime. Esta é a miña primeira experiencia cinematográfica neste tipo de películas.
Pareceume que o escritor de novelas policíacas foi  inxusto co amante da súa muller, Milo, porque a broma que lle gastou foi moi ruín,  aínda que vendo a súa vinganza non foi a máis adecuada  tampouco.
A idea de Milo  de  facerse pasar por  un detective  foi algo sorprendente, pero ao final xa resultaba demasiado raro que este soubese  todo o que pasara con tanta claridade.
Cando os dous personaxes se puxeron a pelexar eu cheguei  a pensar que o novelista ía matar o detective.
A continuación, a Milo non lle chegou con facerlle iso, xa que logo inventou que matara a amante do novelista, da que estaba namorado. Díxolle que se non encontraba cinco pistas a policía culparíao a el.
O final da película foi algo  inesperado para min. Nunca pensei que … a Milo e aínda menos que...
Sara

Ningún comentario:

Publicar un comentario