Chegou a hora de pausar un pouquiño e falar das obras do trimestre pasado; resultaron moi interesantes e entretidas ao parecer da maioría.
-Instrucións para tomar café
-Menú de enganos
En xuño, se se pode, falaremos delas.
-Instrucións para tomar café
-Menú de enganos
En xuño, se se pode, falaremos delas.
A seguir decidimos pasar a un novo chanzo e probar con outro xénero para este mes, dado que xa tocamos banda deseñada e poesía e que quizais sexa o momento de tocar "narrativa".
Así, este mes imos ler unha obra cómica, sarcástica chea de dobre intencións. Trátase de Menú de enganos de Manuel Núñez Singala.
A idea é que este ano fagamos unha visita co club a Celanova, onde visitaremos a Casa Museo de Curros, lugar onde viviu coa súa familia ata a mocidade.
Tamén nos achegaremos a Vilanova dos Infantes para ver a Torre e unha réplica da Virxe de Cristal, santa arredor da que había unha lenda á que o autor ourensán lle creou unha fermosa composición que o levou a obter un premio que lle supuxo moito recoñecemento na época...
Para preparar todo iso, pois, imos ler unha escolma de poemas de Aires da miña terra e tamén un fragmento da obra A Virxe de Cristal.
Pasado o mes de febreiro lemos a nosa terceira "novela gráfica", Os que levan o lume, da que comentamos os seus aspectos máis salientables na xuntanza.
Aínda que as preferencias do club atrevido son a banda deseñada e a comedia, decidimos que, como estamos no mes do Día da Poesía, que nos iamos atrever cun poemario.A elección foi unha obra que resulta moi dinámica e entretida e que xa é un clásico moderna da poesía en galego: Makinaria de Carlos Negro.
En secundaria realizamos unha escolma de poemas de amor de Rosalía de Castro para xuntar dúas efemérides: O Día do Amor ou a Candeloria (cando os paxariños empreñan...) co 23 de febreiro, día de Rosalía.
Así, puxemos nuns folios poemas de Rosalía que falan de amor e desamor. Para iso accedemos durante todo o mes aos seus poemarios Cantares gallegos e Follas novas e por grupos escollemos as mellores composicións de amor e desamor de Rosalía.
CANTARES GALLEGOS
-Nasín cando as prantas nasen-Cantan os galos pro día
-Un repoludo gaiteiro
-Quíxente tanto meniña
-San Antonio bendito
-Pasa río, pasa río
-Pasan naquesta vida...
-Mais ao que ben quixo un día...
FOLLAS NOVAS
-Unha vez tiven un cravo-Cando era tempo de inverno
-BOS AMORES
-AMORES CATIVOS
-un verdadeiro amor é grande e santo
-EU POR VÓS E VÓS POR OUTRO
-Ti, a feiticeira e branca como as neves
-Para a vida e para a morte
-Teño un mal que non ten cura
-Tanto e tanto nos odiamos
-Tecín soia a miña tea-Marchéchete un día
-O meu olido máis puro
TAN SOYO
Hoxe é o Día de Rosalía e o club realizou durante todo o mes unha escolma de poemas de Rosalía que colgamos nuns carteis polos corredores do centro.
Esta foi a nosa contribución á mellor escritora da nosa literatura e unha das mellores da historia da literatura universal
Despois da 1ª obra que lemos este ano en galego (o pacto do letargo: o tríscele roubado) chegamos a unha nova reunión para falar da obra e do seu autor: Miguelanxo Prado
A xuntanza serviu tamén para establecer unha nova elección.
Decidimos que a seguinte obra volverá ser banda deseñada:
De Álvaro López: Os que levan o lume