Carta de Santa Claus de Mark Twain
A bruxa Befana, adaptación dunha lenda italiana sobre unha axudante-repartidora-substituta dos Reis Magos en Italia.
Este mes a nosa lectura foi unha obra galardoada co premio Blanco Amor no 2007: Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva. Esta obra, proposta por integrantes do noso club, resultou dunha grande produtividade. Valeu para reflexionar sobre o noso pasado, sobre as estruturas familiares e os seus cambios no último século, sobre as mulleres, as violencias,...
Para este mes de decembro trouxemos ao club a obra Aplicación instantánea de Carlos Negro; o premio Jules Verne de 2018 é unha historia poética; é unha poesía que narra unha historia; son varias voces que contan; son varios puntos de vista sobre unha mesma situación; é unha multiperspectiva sobre a mocidade, sobre as mulleres novas, sobre as diferentes visións dunha mesma realidade. Se queredes gozar uns poucos minutos coa lectura... esta obra é a adecuada...