23 de abril de 2013

Día do Libro 2013

Este curso 2013 no CPI Domingo Fontán fixemos diversas actividades para celebrar o mes do libro, facendo unhas xornadas culturais con charlas, exposicións e concursos.

O club de lectura colaboramos nestas actividades da biblioteca e especialmente traballamos no concurso de relatos para o Día do libro do que entregamos os premios hoxe, Día do Libro, 23 de abril.

A actividade central deste día foi a lectura dos relatos gañadores do concurso de relatos e a entrega de premios. As lectoras e lectores foron integrantes do Club de Lectura As Portadas. Integrantes de ESO leron os relatos de Primaria e dúas integrantes de Primaria leron os premios de Secundaria.


As lectoras e lectores deste acto central do centro foron:



Fran Fontán
Inés Martínez
Juan Ramón Ocampo
Carmen Saavedra
Sara Conde
Aylin Amor

Outras integrantes do club foron as encargadas de entregar os premios ás gañadoras e gañadores do concurso.

Club de lectura de Adultos

Este curso conformouse o club de lectura de adultos. Está conformado por profesorado do CPI Domingo Fontán. Os seus membros son os seguintes:

Manolo Bugallo
Xoán Constenla
Emilio Lorenzo
Sara Rosales
Susana Sabarís
Susana Simó
Manolo Teixeira

O primeiro libro que lemos foi A desaparición de Esme Lennox,  publicada orixinalmente en inglés no 2006 e Premio Novela Europea Casino Santiago 2010. A obra trata dunha moza que descobre que tiña unha tía avoa vivindo nun psiquiátrico desde facía 60 anos e á que ninguén na familia recordaba ou quería recordar... A obra alterna pasaxes da década de 1930 con pasaxes de principios do século XX para acabar descubrindo quen era Esme realmente, e por que a familia a quixo ou fixo esquecer.


A autora do libro é Maggie O'Farrel, escritora nacida en Irlanda do Norte no ano 1972 e que reside en Edimburgo, Escocia. Esta escritora adoita publicar novelas nas que se descobre un misterio dentro dun ambiente familiar que agacha un segredo durante moito tempo.