28 de marzo de 2011

Opinións sobre Estudo en escarlata

Para min este libro é o mellor que lemos ata agora xa que Arthur Conan Doyle é un dos mellores escritores de novelas policíacas da historia, encántame a maneira coa que describe aos personaxes. O protagonista, Sherlok Holmes, ten una maneira de pensar diferente á da xente “normal”, o que o fai un personaxe moi interesante dende o punto de vista do lector, o seu intrépido axudante, Watson, é totalmente oposto a Holmes: Fíase de todo o que ve a primeira vista, non se para a pensar e reacciona inconscientemente sen saber o que fai… En resumo son como a auga e o lume.
  
Damián Ferreira


O libro sorprendeume gratamente; foi o primeiro que lin da saga Sherlock Holmes,  pero pareceume impresionante polas astutas deduccions que realizan o doutor Watson e Scherlock Holmes, aínda que algunha parece un pouco incrible.
O libro non ten dificultade ningunha para ler, aínda que ás veces Holmes dicía unhas típicas frases en francés ou alemán.
A min persoalmente o libro encantoume, foi un dos mellores que lin ata agora, é o mellor que lin no club de lectura (xunto con Ollos de auga).  Eu recomendo ler este estupendo libro e sobre todo as demais edicións de Sir Conan Doyle . Estudo en Escarlata ten dúas partes nas que o autor querete confundir,  pero en realidade esas partes son as que lle dan un toque magnífico o libro.

    Adrián Novás 

Estudo en escarlata?

O libro deste mes é Estudo en escarlata. Trátase do primeiro libro traducido que lemos este curso no club de lectura. É unha famosa obra do inglés Arthur Conan Doyle onde desenvolve por primeira vez nunha novela as aventuras dun fantástico personaxe detectivesco, quizais o mellor de tódolos tempos: Sherlock Holmes, acompañado polo seu amigo e narrador da historia o Doutor Watson.

A obra transcorre fundamentalmente en Londres pero tén unha parte en Estados Unidos. Isto parece romper a unidade da obra, pero todo o contrario, pouco a pouco todo volve ao seu sitio e todo tén unha explicación, encaixando ao final o argumento á perfección.

Recomendamos esta obra desde o club de lectura e invitámosvos a seguila botándolle un ollo ás opinións persoais das e dos integrantes do noso grupo lector.

Opinión de Pomponio Flato

Opinión persoal de Novás e Adrián sobre “Pomponio Flato”

 A nós o libro chistounos moito porque cada personaxe tiña unha caracteristica cómica e un bo humor . O relato é un pouco esaxerado pola forma de describir os personaxes, como cando Pomponio sae do cabalo por mor dunha flatulencia. 

Aínda que o libro me gustou moito, nalgúns capítulos –sobre todo ao principio- custa seguir o argumento debido a que hai palabras de dificil comprensión ou a que resulta extraño o lugar no que se desenvolve a acción.

Con todo, ao final, o interese do argumento e a trama de investigación fai que resulte moi entretido; ademais tamén ten as súas partes sentimentais e pouco a pouco ímonos encariñando cos personaxes que ao principio poden parecer fríos.

En conclusión, este  libro pode aparentar ser aburrido por mor de ser da época romana e todo iso pero a verdade e que é moi divertido. O libro en si está moi ben, sobre todo a maneira de esaxerar os acontecementos que ten o autor e debido á personalidade do protagonista, covarde e aparentemente interesada pero que acaba sendo atractiva aos ollos do lector.

Adrián Novás e Damián Ferreira